domingo, 20 de diciembre de 2009

FRANCISCO DE GOYA

FRANCISCO DE GOYA Y LUCIENTES (1746-1828)

Pintor xenial que non pode ser encadrado nun determinado estilo artístico. A súa formación inicial é de corte académica, neoclásica, para despois pasar a un estilo personal e innovador.

Goya empeza pintando cartóns para facer tapices. Son obras de carácter costumista. Entre elas destaca: El parasol, A pita cega, A vendimia.







































Como pintor de cámara de Carlos IV pintou multitude de retratos da familia real e de personaxes contemporáneos: Jovellanos, La condesa de Chinchón, La familia de Carlos IV. Tamén destacan as famosas Maja vestida e A maja espida.











































Tamén pinta cuadros de temática histórica relacionados coa Guerra de Independencia: A carga dos mamelucos, Os fusilamentos do 3 de maio, e a seríe de gravados: os desastres da guerra.

































A xordeira fixo que se retirará e na quinta do xordo pintou unha seríe de obras coñecidas como As pinturas negras: Saturno devorando ó seu fillo, Dous vellos comendo sopa, O aquelarre… Son características as cores oscuras e os temas case macabros.


































Exiliado en Francia a partir de 1824, alí pintou a súa derradeira obra, A leiteira de Burdeos.



NEOCLASICISMO

NEOCLASICISMO

O estilo neoclásico nace a finais do século XVIII e alcanza o seu apoxeo durante o imperio napoleónico. Unha característica fundamental e a imitación dos modelos gregos e romanos. O descubrimento das ruinas romanas de Pompeya en 1748 é un elemento que fixo que se imitasen esas culturas.

TRAZOS XERAIS

ARQUITECTURA
A arquitectura caracterizase polo emprego de: arcos de medio punto, frontóns, grandes cúpulas sobre tambores, ordes clásicas, decoracións de medallóns e relevos….

ESCULTURA
Gusta a estética, as formas e o canon grego e romano. Escultores: Canova e Thorwaldsen

PINTURA

Predominan os temas históricos centrados na figura humana. Predomina o dibuxo sobre a cor. As composicións son equilibradas, as cores planas.
Pintores destacados son: Luis David, Ingres. En España: Madrazo e Mengs.

CAPITALISMO E SOCIEDADE DE CLASES


CAPITALISMO E SOCIEDADE DE CLASES

As transformacións económicas e sociais que se producen a finais do XVIII orixinan un novo sistema económio, o capitalismo, e un novo modelo de sociedade, a sociedade de clases.

O CAPITALISMO

O capitalismo é o sistema económico que xurde do desenvolvemento da revolución industrial e do establecemento do liberalismo.
Entre os principais teóricos destacan: Adam Smith, Thomas Malthus e David Ricardo.

Entre os trazos básicos destacan:

1- A liberdade económica debe ser total. O Estado debe eliminar os atrancos para a libre competencia.
2.- O mercado debe regularse pola lei da oferta e da demanda: productos, producción e precios estarán regulados pola demanda que fagan os consumidores.
3.- O capital é o factor básico na producción, para invertir, producir e obter beneficios.
4.- Os medios de producción e os bens deben estar en mans privadas. A propiedade privada debe estar garantida pola lei.
5.- O principal factor que estimula a actividade económica é conseguir o máximo beneficio.
6.- O traballo é unha mercadoría máis suxeta á lei da oferta e demanda. O salario varia segundo as circunstancias.
7.- Para aumentar a producción é necesaria a especialización e a división do traballo.
8.- O criterio de organización da sociedade é a riqueza.
9.- Os que non posúen bens e medios de producción quedan sometidos (dependerán e serán explotados) ós capitalistas.
10.- O capitalismo ten crisis cíclicas, momentos de crecemento e de decrecemento.

A SOCIEDADE DE CLASES

A revolución liberal eliminou os criterios de organización social característicos do Antigo Réxime baseados no privilexio. Agora nace unha sociedade organizada en clases sociais diferenciadas pola riqueza.

Características desta sociedade son:

A igualdade xurídica.
A riqueza como criterio de diferenciación social.
A desigualdade económica. Unha minoría acumula grandes riqueza e unha maniría vive nun nivel de subsistencia.
Pódese ascender e descender na escala social: capacidade e mérito son fundamentais.
Dúas clases sociais son as fundamentais: a burguesía e o proletariado.

A BURGUESÍA

A burguesía ten:

- o dominio económico. É propietaria das terras, invirte no comercio e na industria e obtén enormes capitais para volver a invertir. Ademais controla o mercado (as redes de comercio e distribución) e establece os presos.

- o dominio político- ideolóxico. A burguesía está na cúspide da sociedade e controla o proceso político e a lexislación. Así establece leis favorables ós seus intereses. Ademais impón a súa mentalidade e os seus gustos.
A burguesía non é un grupo homoxéneo, hai grandes diferencias.

O PROLETARIADO

Forman parte do proletariado os traballadores industriais e xornaleiros. Nace como consecuencia da industrialización e das reformas agrarias. Esta abundante man de obra queda a expensas dos intereses burgueses, que impuxeron durísimas condicións de traballo para obter os máximos beneficios.

Para entender a vida do proletariado hai que ter en conta que:

- Non existía lexislación laboral do Estado. As relacións laborais eran establecidas entre o patrono e o traballador.
- As xornadas de traballo eran moi longas , de 12 a 14 horas.
- Os salarios eran moi baixos. Era necesario o traballo de todos os membros da familia.
- A man de obra é moi abundante: homes, mulleres e nenos…
- Non había seguridade e hixiene no traballo.
- Os códigos de disciplina eran moi duros, sendo frecuentes as multas.

Estas duras condicións de vida provocarán o nacemento dunha conciencia de clase marxinada polo sistema, e de ahí nacerá un movemento de reivindicación de melloras e de cambios.

martes, 8 de diciembre de 2009

A PRIMEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

A revolución industrial é un conxunto de transformacións técnicas, económicas e sociais que tiveron lugar no sistema de producción a partir de mediados do século XVIII.

Os principais cambios son:
A máquina sustitúe o traballo manual.
A fábrica despraza o taller.
O artesán transfórmase en obreiro asalariado.
A cidade e a industria dominan o mundo rural.

ORIXE E CARACTERÍSTICAS
Os inicios da Revolución Industrial prodúcense en Inglaterra a principios do XVIII. E a primeria fase esténdese hasta 1860/70 e afecta a Inglaterra, Bélxica, Val do Rhin e Cataluña.

As características máis destacables son:

Invención de máquinas, cada vez máis especializadas.

Emprego da enerxía do vapor como forza motriz, grazas a invención da máquina de vapor de James Watt en 1769.

Instalación de fábricas, lugares onde o empresario xunta as máquinas, os traballadores, o enerxía e a materia prima, para desenvolver o traballo seguindo unha ríxida disciplina. É o sistema fabril (factory system) que substitúe á manufactura.













Os sectores principais son: o textil, o siderometalúrxico e o ferrocarril.

A) INDUSTRIA TEXTIL DO ALGODÓN
É o primeiro sector que se mecaniza. No Antigo Réxime emprégase liño e la, pero a finais do XVIII puxeronse de moda as telas estampadas de algodón que viñan de Oriente. Empeza a mecanización en Inglaterra, primeiro ni tecido e despois no fiado.




















En 1733 Kay inventó el telar de Lanzadera Volante, que revolucionó el sector del tejido de algodón.





Más tarde fue el sector del hilado con la Spinning Jenny de Hargreaves (1765) y la Water Frame de Arkwright (1767) el que polarizó los cambios. En 1779 Crompton inventó la Mule Jenny, fusión entre la Jenny y la Water Frame.












B) A INDUSTRIA SIDEROMETALURXICA
É o segundo sector en medrar debido ó aumento da demanda de ferro. A producción é pouca hasta a introducción dos avances técnicos que permitiron o emprego de carbón (substitúe á madeira) e o ferro nas altos fornos, e os avances nos talleres mecánicos para a súa trasformación.

















C) O FERROCARRIL
Aumento das produccións agrícolas e industriais e o consumo de materias primas fixo necesario a aparición dun novo medio de transporte. Este avance foi posible gracias á aplicación da máquina de vapor ó transporte.
O primeiro avance e á máquina de alta presión de Richard Trevithick que aplicou o transporte por raís en Penydarren en 1804.











Despois Sthepenson aplica este avance ó transporte de carbón en 1825 entre as localidades de Stockton y Darlington.
E, en 1830, G. Sthepenson, gañou o concurso para a línea Manchester-Liverpool coa locomotora Rocket.





O ferrocarril converteuse na gran locomotora da revolución industrial xa que:

- supuxo un forte consumo de materias primas como o carbón e o aceiro.
- acortou o tempo do transporte.
- reduxo o precio do transporte.
- puxo en relación centros productores e consumidores.
- aumentou a demanda de traballo.
- aumentou o mercado de capitais.

lunes, 7 de diciembre de 2009

REVOLUCIÓN AGRARIA E INDUSTRIAL
Desde mediados do século XVIII prodúcense uns cambios que transforma a agricultura. Inicianse en Inglaterra e despois estendéronse polo resto do mundo.

A REVOLUCIÓN AGRARIA
Chámase revolución agraria ó conxunto de cambios que transforma a agricultura do Antigo Réxime nunha agricultura moderna.
Entre os cambios máis importantes temos:
- Novos sistemas de cultivo. Introdúcense os sistemas de rotación de cultivos. O máis importante é o do lord inglés Townshend, o sistema Norfolk, que consiste en rotar tubérculos, plantas forraxeiras e cereais sobre a mesma parcela. Dese xeito elimina o barbeito, ten máis producción con máis alimento para as persoas e o gando, ten abono e posibilidade de ter gando.

- Renovación técnica. Consiste na mellora e perfeccionamento doa ferramenta polo emprego do ferro, de novos arados e aparellos mecanícos para arar, segar, sementar…. Coa introducción da máquina de vapor aumenta a forza da maquinaría e mellora o traballo.





La máquina sembradora del inglés Jethro Tull, auténtico pionero de la agricultura científica y que diseñó esta sembradora en los primeros años del siglo XVIII. Esta nueva sembradora posibilita sembrar rápidamente y colocando la simiente fácilmente en filas que hacen más simples otras tareas agrícolas. Además la semilla se ubicaba a una cierta profundidad que la alejaba del peligro que suponían los pájaros y el viento para la siembra.




- Especialización agraria e aumento dos rendementos. A agricultura pasou de ser de autosuficiencia e policultivo a especilizada e comercial. As sementes son seleccionadas e co emprego do abono/fertilizantes e maquinaria aumentan os rendementos.

- Cambios no réxime de propiedade da terra. Mediante novas leis (leis de cercamento) as terras comunais pasaron a ser de propiedade privada e explotadas para obter un beneficio indidual. Como consecuencia os campesiños non propietarios teñen que marchar a traballar nas fábricas das cidades.

- Cambios na mentalidade dos propietarios agrícolas. Invirten na agricultura para obter beneficios e non so rendas.

CONSECUENCIAS:
O aumento de producción permite alimentar unha poboación en crecemento.
O aumento de producción proporciona beneficios para volver a invertir.
As melloras no campo liberan man de obra para outras actividades (industria).


TEXTO
REVOLUCIÓN AGRÍCOLA : CERCAMIENTOS

“El movimiento de los cercados se reemprende con vigor en el siglo XVIII, especialmente apartir de 1760. (...) Los squatters que vivían en sus tierras comunales son expulsados; campesinos pobres que poseían ínfimas parcelas no puede soportar los gastos del cercado y no pueden vivir en las malas tierras recibidas; se van, como muchos otros a quienes la extensión de la ganadería ha hecho inútiles; como otros, también obligados a vender sugranja al propietario vecino. (...).Gracias a estas transformaciones en la propiedad y explotación agrícola, queda disponible una numerosa mano de obra, privada a menudo de lo esencial. Con ella podrá acrecentarse la producción manufacturera y minera.”
M. Beaud. Historia del capitalismo: De 1500 a nuestros días.