domingo, 20 de diciembre de 2009

CAPITALISMO E SOCIEDADE DE CLASES


CAPITALISMO E SOCIEDADE DE CLASES

As transformacións económicas e sociais que se producen a finais do XVIII orixinan un novo sistema económio, o capitalismo, e un novo modelo de sociedade, a sociedade de clases.

O CAPITALISMO

O capitalismo é o sistema económico que xurde do desenvolvemento da revolución industrial e do establecemento do liberalismo.
Entre os principais teóricos destacan: Adam Smith, Thomas Malthus e David Ricardo.

Entre os trazos básicos destacan:

1- A liberdade económica debe ser total. O Estado debe eliminar os atrancos para a libre competencia.
2.- O mercado debe regularse pola lei da oferta e da demanda: productos, producción e precios estarán regulados pola demanda que fagan os consumidores.
3.- O capital é o factor básico na producción, para invertir, producir e obter beneficios.
4.- Os medios de producción e os bens deben estar en mans privadas. A propiedade privada debe estar garantida pola lei.
5.- O principal factor que estimula a actividade económica é conseguir o máximo beneficio.
6.- O traballo é unha mercadoría máis suxeta á lei da oferta e demanda. O salario varia segundo as circunstancias.
7.- Para aumentar a producción é necesaria a especialización e a división do traballo.
8.- O criterio de organización da sociedade é a riqueza.
9.- Os que non posúen bens e medios de producción quedan sometidos (dependerán e serán explotados) ós capitalistas.
10.- O capitalismo ten crisis cíclicas, momentos de crecemento e de decrecemento.

A SOCIEDADE DE CLASES

A revolución liberal eliminou os criterios de organización social característicos do Antigo Réxime baseados no privilexio. Agora nace unha sociedade organizada en clases sociais diferenciadas pola riqueza.

Características desta sociedade son:

A igualdade xurídica.
A riqueza como criterio de diferenciación social.
A desigualdade económica. Unha minoría acumula grandes riqueza e unha maniría vive nun nivel de subsistencia.
Pódese ascender e descender na escala social: capacidade e mérito son fundamentais.
Dúas clases sociais son as fundamentais: a burguesía e o proletariado.

A BURGUESÍA

A burguesía ten:

- o dominio económico. É propietaria das terras, invirte no comercio e na industria e obtén enormes capitais para volver a invertir. Ademais controla o mercado (as redes de comercio e distribución) e establece os presos.

- o dominio político- ideolóxico. A burguesía está na cúspide da sociedade e controla o proceso político e a lexislación. Así establece leis favorables ós seus intereses. Ademais impón a súa mentalidade e os seus gustos.
A burguesía non é un grupo homoxéneo, hai grandes diferencias.

O PROLETARIADO

Forman parte do proletariado os traballadores industriais e xornaleiros. Nace como consecuencia da industrialización e das reformas agrarias. Esta abundante man de obra queda a expensas dos intereses burgueses, que impuxeron durísimas condicións de traballo para obter os máximos beneficios.

Para entender a vida do proletariado hai que ter en conta que:

- Non existía lexislación laboral do Estado. As relacións laborais eran establecidas entre o patrono e o traballador.
- As xornadas de traballo eran moi longas , de 12 a 14 horas.
- Os salarios eran moi baixos. Era necesario o traballo de todos os membros da familia.
- A man de obra é moi abundante: homes, mulleres e nenos…
- Non había seguridade e hixiene no traballo.
- Os códigos de disciplina eran moi duros, sendo frecuentes as multas.

Estas duras condicións de vida provocarán o nacemento dunha conciencia de clase marxinada polo sistema, e de ahí nacerá un movemento de reivindicación de melloras e de cambios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario