lunes, 5 de octubre de 2009

A GALICIA BORBÓNICA NO SÉCULO XVIII

A GALICIA BORBÓNICA NO SÉCULO XVIII
PRINCIPAIS REALIZACIÓNS DOS BORBÓN EN GALICIA

Entre as principais realizacións destacamos:

A creación da INTENDENCIA do Reino de Galicia, establecida por Felipe V, para o abastecemento do exército, mellorar as fortificacións, etc.

O reforzamento das defensas costeiras.

A construcción do asteleiro e arsenal de Ferrol, a partir de 1746 con Fernando VI.

O establecemento do servizo de correos marítimo con América e a autorización ó porto da Coruña para comerciar directamente con América.

ATAQUES INGLESES ÁS COSTAS DE GALICIA

Durante o XVIII continuaron os ataques as costas galegas destacando:

Ataque anglo-holandés a Vigo en 1702. Vigo foi tomada e enfrontáronse en Rande sendo afundidos varios navíos españoles.

En 1719, como resposta a un intento de invasión de Escocia, os ingleses atacaron varios portos, desde Ribadeo a Fisterra.

Varios ataques a Ferrol coa intención de tomar o arsenal, sempre rexeitados.

FIDALGOS E COMERCIANTES

Os fidalgos
foron o grupo dominante que controlaba o poder municipal e xudicial. A súa fonte de riqueza era o cobro das rendas dos foros, actuando de intermediarios entre os propietarios das terras e os foreiros. O pazo era o símbolo do seu estatus.

Os comerciantes aumentaron a súa forza e o seu número gracias ós beneficios do comercio con América. Destacamos a Antonio Raimundo Ibáñez impulsor das Reais Fábricas de Sargadelos e ós comerciantes cataláns que introduciron novas técnicas de pesca e salgadura da sardiña.

A ILUSTRACIÓN EN GALICIA

A difusión das ideas ilustradas débese a eclesiásticos como Feixoo e Sarmiento e a fidalgos como Cornide.
Trazos do seu pensamento son:
Propostas de tipo moderado que se centran no crítica e abusos dos privilexiados.
As medidas eran: melloras na agricultura e gandería, na producción artesanal, etc.
Tamén se crearon diversas institución ilustradas como: O Real Consulado establecido na Coruña en 1785 e a Sociedade Económica de Amigos de País de Santiago e Lugo.

viernes, 2 de octubre de 2009

OS PRIMEIROS MONARCAS BORBÓN EN ESPAÑA



OS PRIMEIROS MONARCAS BORBÓN EN ESPAÑA


A CHEGADA DOS BORBÓN

No século XVIII chega a España a dinastía dos Borbón que sustitue á dos Austrias.

En 1700 morreu sen fillos Carlos II de Austria. As autoridades españolas proclamaron rei a Felipe d´Anjou (da casa Borbón de Francia) co nome de Felipe V.

Algúns países europeos e a Coroa de Aragón non o aceptan e prefiren ao arquiduque Carlos de Habsburgo.

Iniciose unha guerra, chamada guerra de Sucesión que vai de 1700 a 1715. Esta guerra remata nos tratados de Utrech (1713) e de Rastadt (1714). Nestos tratados acordan:

- Felipe V rei de España e América, pero non podría unir o reino de Francia.

- Austria recibe de España: Milán, Nápoles, Flandes, Sardeña…

- Saboia recibe Sicilia.

- Inglaterra recibe Xibraltar e Menorca e o permiso para comerciar e o monopolio de comercio de esclavos con América.




REIS DA CASA BORBÓN NO SÉCULO XVIII





AS REFORMAS DOS BORBÓN


FELIPE V (1700-1746)


Os reis Borbón van a facer unhas reformas para centralizar e uniformizar o reino e aumentar o seu poder absoluto.

As principias reformas son:

Abolición dos privilexios forais dos reinos de Aragón. Felipe V cando conquista estos territorios, e como castigo, eliminañe os privilexios e instituicións propias. Faino a través das leis coñecidas como Decretos de Nova Pranta (Aragón 1707, Mallorca 1715 e Cataluña 1716).

Reorganización e centralización administrativa: Reduce o número de Consellos e potencia as Secretarias de despacho (ministerios), crea intendentes, etc.

Intentou recuperar os territorios perdidos en Italia: recuperou Nápoles e Sicilia (para Carlos) e os ducados de Parma, Plasencia e Guastalla (para Felipe).



FERNANDO VI (1746-1759)


Buscou a paz e a neutralidade para

Potenciar e economía interna: melloras na facenda, comercio, armada, etc.

Intentou aumentar o seu poder subordinando a Igrexa. En 1753 firma un Concordato con Roma que lle da o dereito a presentar os candidatos a obispo.


CARLOS III (1759-1788)


Durante o seu reinado aumentan as reformas xa que é un rei ben preparado e contou coa colaboración de persoas con formación ilustrada. Entre as súas reformas destacamos:

a) No referente ó fortalecemento do estado: Aumentar os poderes do rei, aumentar a administración, mellorar os concellos, máis tribunais de xustiza, bandeira para a monarquía.

b) No referente á agricultura, buscando aumentar a producción. Limitar os privilexios da Mesta, impulsar a colonización de novas terras (Serra Morena, Olavide), construcción dalgunha infraestructura de regadío, impulsar os programas de Reforma Agraria (1) para aumentar os propietarios e arrendatarios. Entre estes programas destacamos os de Campomanes, Olavide e Jovellanos.

c) En canto ó comercio: Crear mercados de bens e capitais fomentando o transporte e a libre circulación de mercadorías (libre circulación de gran en 1765, fin do monopolio comercial de Cádiz con América, creación do banco de S. Carlos en 1782). Fomento para a creación de compañía comerciais privilexiadas cunha zona e cun producto.

d) No referente á industria: Apoiar a actividade industrial liberalizando o proceso de fabricación que ós gremios), establecendo aranceis e asinando tratados comerciais para defender a industria nacional. Un dos esforzos máis interesantes foi o apoio ás Sociedades Económicas de Amigos do País; a primeira foi fundada polo conde de Peñaflorida no 1765 coa intención de fomentar a agricultura, industria e comercio. Potenciar a industria do campesino (a tempo parcial). Defender o valor do traballo artesanal (que e compatible coa nobreza).

e) Reformas educativas: Defenderon os ilustrados a necesidade dunha ensinanza útil e práctica. En consecuencia adoptaron unha serie de iniciativas entre as que destacamos: creación das Reais Academias, paso das universidades á xurisdicción real, apoio ós manteistas (universitarios non privilexiados) en detrimento dos colexiais, creación dos Estudios de S. Isidro con plans modernos de ensinanza, fundación de novas institucións culturais e científicas (Jardín Botánico).

f) Política regalista coa Igrexa: pretende o control e sometemento da igrexa ó Estado. Esta política implica: restricción dos dereitos temporais do clero, freo á Inquisición, expulsión dos Xesuítas en 1767.

DIFICULTADES DAS REFORMAS DE CARLOS III


As reformas plantexadas chocaron coa oposición das clases populares por ignorancia e dos privilexiados que non querían perder os privilexios.

Un exemplo desa oposición foi o Motín de Esquilache de 1766. Carlos III chegou a España con asesores extranxeiros e comenzou a facer reformas. Unha desas foi a proposta de Esquilache de suprimir capas longas e sombreiros de aba ancha. A xente descontenta pola subida dos alimentos e movida polos privilexiados comezou a facer tumultos. Así Carlos III tivo que parar as reformas e prescindir dos asesores extranxeiros.

Pese a eso, Carlos III, en 1767, decretou a expulsión dos Xesuitas, por non someterse ó poder do rei (problema do 4 voto –obediencia ó Papa-) e ser promotores dos motíns. Despois continuaron as reformas, pero sempre lentas e sen profundizar.


ENFRONTAMENTOS CON INGLATERRA

Veñen dados ás rivalidades comercias e á posesión de Xibraltar e Menorca. Temos dúas guerras. A Guerra dos Sete Anos (1756-63), na que perdemos e entregamos Florida e a guerra de Independencia norteamericana; a derrota de Inglaterra nos permite recuperar Menorca e Florida.



(1) Campomanes: “Tratado de la regalía de la amortización”, 1765 y “Memorial ajustado del Expediente para una Ley Agraria” ,1795. Olavide: “Expediente de Ley Agraria”, 1784. Jovellanos: “Informe sobre la ley agraria”.



O DESPOTISMO ILUSTRADO

O DESPOTISMO ILUSTRADO

Definición: é o sistema político que combina o absolutismo coas ideas reformistas da Ilustración.


OS MONARCAS ILUSTRADOS

O reis que desenvolveron reformas inspiradas na ilustración foron chamados monarcas ilustrados ou déspotas ilustrados.

Os déspotas ilustrados mantiñan o poder absoluto, pero empregaron o poder para engrandecer á monarquía e dar benestar á población. Impulsaron reformas para ter reinos máis ricos e lograr a felicidade do pobo.

O lema era: todo para o pobo, pero sen o pobo”.

Onde máis destacan estos déspotas ilustrados é en países máis atrasados: Federico II de Prusia, Carlos III de España, Catalina II de Rusia.


AS REFORMAS DO DESPOTISMO ILUSTRADO

As reformas teñen dous grandes campos: mellorar a administración e potenciar a economía.


REFORMAS PARA MELLORAR A ADMINISTRACIÓN

Aumentar os funcionarios e mellorar a súa preparación.

Racionalizar, simplificar e modernizar institucións.

Subordinar á Igrexa.


REFORMAS PARA POTENCIAR A ECONOMIA

Reformas na educación: potenciar o estudio, novos plans de estudio, preocupación polas ciencias, creación de universidades e academias.

Limitar os privilexios.

Defender o valor do traballo.

Potenciar a creación sociedades económicas.

Mellorar o comercio: crear mercados, mellorar as carreteras e portos…

Crear fábricas e manufacturas.

Mellorar os sistemas de cultivo, colonizar novos terras…


AS RELACIÓNS INTERNACIONAIS: O EQUILIBRIO EUROPEO


No século XVIII imponse o modelo de equilibrio entre as grandes potencias (Inglaterra, Austria, Prusia, Rusia, España, Francia) para evitar as guerras.

Este equilibrio se consegue a partir de varios tratados (Utrech, 1713) que distribuen os territorios europeos entre varios países, evitando a existencia de superpotencias. Así o número de guerras se reduce, aínda que haberá alguns enfrentamentos en Europa e nas colonias.

A gran beneficiada desta política será Inglaterra que consigue o control dos mares e amplía o seu imperio colonial.

A gran perjudicada será Polonía que foi repartida entre os veciños.