domingo, 29 de noviembre de 2009

GUERRA E REVOLUCIÓN LIBERAL EN ESPAÑA

A GUERRA E A REVOLUCIÓN LIBERAL EN ESPAÑA

A monarquía española entra en crise a finais do século XVIII. A monarquía gobernará mal ante os problemas que se van a presentar, o que acelerará a entrada da revolución liberal que culmina na promulgación da Constitución de 1812.

CARLOS IV E A CRISE DA MONARQUÍA

O seu reinado está marcado por:

-Problemas económicos
-Mal goberno fronte ós problemas e aumento das críticas.

Fronte a Rev. Francesa decide pechar as fronteiras, parar as reformas e cesar ós ministros ilustrados.
O cese dos ilustrados aumenta as críticas, e ademais nomea a Manuel Godoy, un fidalgo que chega ó poder gracias á relación que ten cos reis.
Godoy gobernará mal o que provoca o incremento das críticas e, ademais, o enfrontamento co príncipe Fernando.
Godoy primeiro mete a España na guerra contra a Francia revolucionaria (salimos derrotados) e despois levanos á guerra contra Inglaterra (perdemos a flota na batalla de Trafalgar de 1805). Finalmente, en 1807, firma con Napoleón o tratado de Fontainebleau, polo que lle permitimos ós franceses introducir soldados en España para conquistar Portugal (a cambio Godoy obtiña un reino en Portugal).
O descontento popular ante a presencia das tropas francesas é empregado por Fernando para levar a cabo o Motín de Aranjuez contra Godoy e os reis, o 17-19 de marzo de 1808. Con este motín Carlos IV abdica e Fernando VII é proclamado rei.

DISPUTA ENTRE CARLOS IV E FERNADO VII

Pasados uns días Carlos IV intenta recuperar o trono decindo que foi forzado a abdicar e que non e valida a súa renuncia. Os asesores de Napoleón indicanlle a Carlos IV a conveniencia de acudir ante Napoleón para que el medie no conflicto.

MARCHA PARA BAIONA

Carlos IV e Fernando VII saen ó encontro de Napoleón. Chegan a Baiona (Francia) e alí son presionados por Napoleón para que ambos renuncien e lle cedan a coroa.
Napoleón para conseguir o control de toda a familia real española, ordeou o traslado dos membros da familia real que quedaban en España. Cando se prepara esa saída, o 2 de Maio de 1808, o pobo de Madrid levantouse contra os franceses e inicíciase a Guerra de Independencia.
Cando se coñecen os sucesos do 2 de maio, Carlos IV cede a coroa de España a Napoleón, e o mesmo fai despois Fernando. Napoleón entón nomea como rei de España a o seu irmán José I Bonaparte.
José I Bonaparte, veu como rei, sendo apoiado por un pequeno grupo de persoas, coñecidos como afrancesados que crían que era unha boa acasión para introducir en España as reformas liberais.

A GUERRA DE INDEPENDENCIA. 2 MAIO 1808-1814

A guerra iniciase o 2 de maio de 1808 cando o pobo de Madrid se levantou contra os franceses. O levantamento foi dirixido polos capitáns Daoiz e Velarde e o tenente Ruiz. Foi duramente reprimido polo xeneral Murat que dirixe os franceses e prodúcense os fusilamentos do 3 de maio de 1808.
Despois prodúcese o chamamento á guerra por parte de autoridades menores como o Alcalde de Móstoles.
A superioridade dos franceses e moi grande e avanzan sobre España, só logramos vencelos nuhna batalla, en Bailén (Córdoba) en jullo de 1808, onde o xeneral Castaños venceu o xeneral Dupont.
Os franceses despois de reorganizarse lograron ocupar toda España.
O exército español non logrou deter os franceses e enfrontamonos a eles resistindo heroicamente nas cidades (como Zaragoza con Agustina de Aragón) e desenrolando unha nova forma de combate: a guerrilla. Algúns dirixentes destas guerrillas como El Empecinado, Porlier, serán héroes populares.
A partir de 1812, gracias á axuda inglesa dirixida por lord Wellington, lograremos ir botando fora os franceses ata as victorias de Vitoria e San Marcial, a fins de 1813.
Polo tratado de Valençay do 11-12-13, Napoleón Bonaparte recoñecía coma rei de España a Fernando VII, permitíndolle o regreso a España.


TEXTO

Bando de los Alcaldes 2 de mayo de 1808

"Señores Justicias de los pueblos a quienes se presentase este oficio, de mí el Alcalde de Móstoles:

Es notorio que los franceses apostados en las cercanías de Madrid y dentro de la Corte, han tomado la defensa, sobre este pueblo capital y las tropas españolas; de manera que en Madrid está corriendo a esta hora mucha sangre; como españoles es necesario que muramos por el Rey y por la Patria, armándonos contra unos pérfidos que so color de amistad y alianza nos quieren imponer un pesado yugo, después de haberse apoderado de la augusta persona del Rey; procedamos, pues, a tomar las activas providencias para escarmentar tanta perfidia, acudiendo al socorro de Madrid y demás pueblos y alentándonos, pues no hay fuerzas que prevalezcan contra quien es leal y valiente, como los españoles lo son.
Dios guarde a Vuestras Mercedes muchos años.
Móstoles dos de Mayo de mil ochocientos y ocho.
Andrés Torrejón. Simón Hernández".




AS CORTES DE CÁDIZ E A CONSTITUCIÓN DE 1812

Ante o vacío de poder ante os fraceses fórmanse Xuntas de Armamento de Defensa en distintas localidades que asumiron a soberanía e exerceron o goberno no seu territorio. Para coordinar estas xuntas formouse una Xunta Central Suprema e Gubernativa do Reino e das Indias.
Polas dificultades da guerra esta Xunta pasoulle o poder a unha Rexencia e acordaron a convocatoria dunhas Cortes Extraordinarias.
Escolleronse representantes para as Cortes e abríronse, na illa de León en Cádiz, en setembro de 1810.
Nas Cortes están presentes os partidarios do absolutismo e os do liberalismo.
As cortes empezan a lexislar e a redactar unha constitución. Dese xeito entra a ideoloxía liberal e rómpese co Antigo Réxime.
O punto final foi a aprobación da constitución o 19 de marzo de 1812, coñecida como a Pepa. Esta constitución recolle os principios do liberalismo:
A soberanía, pasa a residir na nación.
Establécese a división de poderes: Executivo no rey e ministros, lexislativo nas Cortes e xudicial nos xuices.
Establécense dereitos e libertades dos cidadáns.
Establécese a participación dos cidadáns a través do sufraxio universal.
A forma de goberno é a monarquía, pero moderada e limitada.
O catolicismo é a relixión oficial.
A administración do estado e central e uniforme en todo o territorio


TEXTO

"Las Cortes Generales y extraordinarias de la Nación española, decretan la siguiente Constitución:
Art. 1. La nación española es la reunión de todos los españoles de ambos hemisferios
Art. 2. La nación española es libre e independiente, no es ni puede ser patrimonio de ninguna familia ni persona.
Art. 3. La soberanía reside esencialmente en la nación, y por lo mismo pertenece a ésta exclusivamente el derecho de establecer leyes fundamentales.
Art. 4. La nación está obligada a conservar y proteger con leyes sabias y justas la libertad civil, la propiedad y los demás derechos legítimos de todos los individuos que la componen (...)
Art.8. También está obligado todo español, sin distinción alguna, a contribuir en proporción de sus haberes para los gastos del Estado (...).
Art. 12. La religión de la Nación española es y será perpetuamente la católica, apostólica, romana, única verdadera. La Nación la protege por leyes sabias y justas, y prohíbe el ejercicio de cualquier otra (...).
Art. 14. El Gobierno de la Nación española es una Monarquía moderada hereditaria.
Art. 15. La potestad de hacer las leyes reside en la Cortes con el rey.
Art. 16. La potestad de hacer ejecutar las leyes reside en el rey.
Art. 17. La potestad de aplicar las leyes en las causas civiles y criminales reside en los tribunales establecidos por la ley (...)
Art.34. Para la elección de los diputados de Cortes se celebrarán juntas electorales de parroquia, de partido y de provincia (...)
Art.168. La persona del Rey es sagrada e inviolable y no está sujeta a responsabilidad (...)
Art.366. En todos los pueblos de la Monarquia se establecerán escuelas de primeras letras, en las que se enseñará a los niños a leer, escribir y contar, y el catecismo de la religión católica, que comprenderá también una breve exposición de las obligaciones civiles (...)

sábado, 14 de noviembre de 2009

A REVOLUCIÓN FRANCESA

A REVOLUCIÓN FRANCESA E O IMPERIO NAPOLEÓNICO (1789-1815)

1789, O INICIO DA REVOLUCIÓN ES AS SÚAS CAUSAS

Entre as causas están:

CAUSAS POLÍTICAS:

A INDADECUADA RESPOSTA POLÍTICA DO GOBERNO DE LUIS XVI.
A EXISTENCIA DUN GOBERNO DE TIPO ABSOLUTISA, UN REI QUE CONTROLA TODO O PODER E QUE MANTEN A IDEA DE QUE O SEU PODER PROCEDE DE DEUS. Esta idea está en contradicción coas novas ideas do século XVIII.

CAUSA IDEOLÓXICAS:

A INFLUENCIA DAS IDEAS DA ILUSTRACIÓN: SEPARACIÓN DE PODERES, SOBERANÍA NACIONAL, ETC.

CAUSAS ECONÓMICAS:

A CREBA FINANCIEIRA DA MONARQUÍA FRANCESA, máis gastos que ingresos.
UN PERIODO DE MALAS COLLEITAS, UN AUMENTO DO PRECIO DOS PRODUCTOS BÁSICOS E UNHA FACENDA ARRUINADA POLOS GASTOS EXCESIVOS.

CAUSAS SOCIAIS:

A FORTE TENSIÓN SOCIAL, a burguesía quere cambios (eliminar privilexios).
MANTENSE UNHA SOCIEDADE ESTAMENTAL, NA QUE A MINORIA PRIVILEXIADA VIVE A COSTA DO TERCEIRO ESTADO.

INICIO DA REVOLUCIÓN:

A SITUACIÓN FINANCIERA necesitaba cambios.

Luis XVI convocou ós grupos privilexiados (nobreza e clero), pero a negativa dos privilexiados (a chamada revolta dos privilexiados) a pagar impostos obrigou a Luis XVI a convocar os
Estados Xerais de París, para que esta Asemblea aprobara os novos impostos.

Reúnense os Estados Xerais en París e os representantes do Terceiro Estado, como eran maioría, esixiron que a reunión fose dos tres estado xuntos e as votacións por cabezas (cada representate un voto) e non por estamentos. Dese xeito o Terceiro Estado podería controlar as votacións.

Os privilexiados opóñense, e os representantes do Terceiro Estado, co apoio dalgún representante do clero e da nobreza, trasládanse a outra sala (Sala do xogo da pelota) e alí decidiron constituirse en ASEMBLEA NACIONAL e xuraron (20 xuño de 1789) que non se disolverían ata dar unha constitución para Francia.

O rei Luis XVI non acepta esa situación, pero como a situación económica era moi mala, os prezos subían, había escaseza, as MASAS POPULARES PROTESTAN E ASALTAN O PAZO DA BASTILLA DE PARIS, o 14 de xullo de 1789, que era considerado o símbolo do absolutismo do rei.

AO MESMO TEMPO A REVOLUCIÓN EXTÉNDESE POLO RURAL (chamouse o GRAN MEDO), os campesiños deixan de pagar as rendas, atacan ós nobres,so aceptan as ordes da Asemblea Nacional.
O rei finalmente, 27 xullo de 1789, aceptou a situación.

ETAPAS DA REVOLUCIÓN

A) A ASEMBLEA CONSTITUINTE. Xullo 1789--30-9-1791.
Inicio da transformación liberal burguesa, de signo moderado; as primeiras medidas son para introducir o liberalismo e tendentes a recuperar o orden:
Abolición do réxime feudal, o 4 de agosto de 1789.
Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán, o 26 de agosto.
A Constitución de 1791. 3-IX-91. Estuvo vigente hasta el 10 de agosto de 1792. Os principios básicos son: Soberanía Nacional, separación de poderes e recoñecemento das liberdades civís e políticas.
El 13 de septiembre de 1791, Luis XVI juraba la Constitución después de ser capturado en Verennes (julio).

B) ASEMBLEA LEXISLATIVA. Sept. 1791-Agt. 1792.
A Asemblea intenta gobernar, a situación económica e difícil, o rei intenta boicotear todo, os países vecinos preparan a guerra contra Francia.
O 10 de agosto de 1792 o pobo Asalta o Pazo das Tullerías e o rei e destituido.


C) ETAPA DA CONVENCIÓN NACIONAL. Sept. 1792--Oct. 1795.

CONVENCIÓN XIRONDINA 20-9-92--xuño do 93.
Fixeronse eleccións xerais e tomaron o poder o grupo chamado da Gironda. Primeiro proclamaron e República, despois o rei foi enxuiciado por traición e finalmente executado a principios de 1793.
Os países veciños inician unha guerra e en Francia a situación vaise radicalizando.
En junio de 1793, os grupos máis radicais (sans culottes) obrigan a encarcelar ó grupo girondino e o poder paso o grupo da Montaña (Robespierre).

CONVENCIÓN MONTAÑESA 2-6-93--27-7-94.
Redactan unha nova Constitución con outra declaración de dereitos. Empeza o goberno do TERROR, dirixido polo Comité de Salvación Pública.
En xullo de 1794, a xente cansada do réxime de terro, consigue a caída de Rospespierre, que será executado o 28 de xullo. O poder pasa os deputados moderados centristas.

CONVENCIÓN THERMIDORIANA. Xullo 1794-Outubro 1795.
Fan unha nova contitución e comezan a gobernar dun xeito moderado. A burguesía quere asentar os principios moderados.

D) O DIRECTORIO. Outono de 1795-novembro 1799.
A nova constitución dalle o poder a un Directorio de 5 membros. Os ricos toman o poder. Os conflictos políticos aumentan, o Directorio necesita os militares, e Napoleón Bonaparte toma importancia. O 9 de decembro de 1799 (18 Brumario) Napoleón da un golpe de Estado e o Directorio e sustituido por un Consulado de tres membros.

E) O CONSULADO. 1799 A 1804.
Napoleón asume o poder, pero manténse a república. Queren manter a orden, consolidar a revolución e imponerse en Europa.
Impóñense os principios do liberalismo e a Iglesia acepta os cambios a cambio de obter privilexios.

F) O IMPERIO. 1804 A 1815.
Aproveitando o seu prestixio en 1804, Napoleón proclámase emperador.
Extende a revolución por Europa.
O 6 de abril de 1814 abdica en Fontainebleau e danlle a Isla de Elba como principado.
Os Borbón con Luis XVIII volven o goberno de Francia.

H) O GOBERNO DOS CEN DÍAS
Napoleón regresa, desembarca en Cannes. Luis XVIII escapa.
Junio de 1815 decisiva batalla de Waterloo (Bélgica). Napoleón es derrotado y desterrado á illa de Santa Elena (Océano Atlántico), morirá el 5-5-1821.

ASPECTOS A DESTACAR DO IMPERIO NAPOLEÓNICO
1. Durante o seu imperio continuanse extendendo as ideas liberais e tamén, como reacción a súa ocupación, os sentimentos nacionalistas nos pobos ocupados.
2. A expansión militar e a anexión de novos territorios. (completar con mapa)
3. O permanente enfrontamento con Inglaterra: derrotado na batalla de Trafalgar, 1805, por Nelson e fracaso no bloqueo continental.
4. Fracaso nas invasión de España e Rusia.

FIN DO IMPERIO NAPOLEÓNICO
Despois de ser derrotado en España, Napoleón leva outra derrota en Rusia. Finalmente, en outubro de 1813, a Sexta Coalición formada polo Reino Unido, Rusia, España, Portugal, Prusia, Austria, Suecia e outros estados o vencen na batalla de Leizig (Batalla das Nacións) e a continuación Francia é invadida.

GRUPOS POLITICOS

GIRONDINOS: Comerciantes e grandes empresarios burgueses, que proceden sobre todo da rexión do Gironda, no sur de Francia. Eran moderados e querías lograr un acordo coa nobreza e a monarquía, limitar o poder do rei, pero deixar a revolución nas clases altas.

JACOBINOS: Integrado por profesionais e pequenos propietarios. O seu nome ven do convento dos jacobinos no que se reunían. Querían acabar coa monarquía e extender a revolución a todas as clases sociais (teñen o apoio dos sans-culottes). Liderados por Maximilien Robespierre e Georges-Jacques Danton.

LOS CONSTITUCIONALISTAS: Eran partidarios dunha monarquía moderada por unha constitución. Foron o grupo dominante durante a primeira parte da revolución. Líderes destacados eran Mirabeau y La Fayette.

viernes, 6 de noviembre de 2009

INDEPENDENCIA E REVOLUCIÓN EN ESTADOS UNIDOS

INDEPENDENCIA E REVOLUCIÓN EN EE.UU

AS CAUSAS DA REBELIÓN

Desde finais do século XVII, a franxa costeria de América do Norte foi ocupada por colonos ingleses formando as 13 colonias. Tiñan certo grao de autogoberno pero tiñan que comerciar obrigatoriamente con Inglaterra.
Debido ós gastos nas guerras, Inglaterra aumentou os impostos ás colonias. Os colonos protestaron pero foron castigados. Esta situación provocou o aumento da idea da independencia entre comerciantes, clases agrícolas, etc.


A DECLARACIÓN DE INDEPENDENCIA E A GUERRA

En 1775 producironse os primeiros enfrontamentos entre Inglaterra e as colonias. Cada colonia converteuse en Estado con goberno propio, seguindo como modelo a declaración de dereitos de Virginiade 1776.
O 4 de xullo de 1776 as 13 colonias fixeron conxuntamente a Declaración de Independencia, redactada por Thomas Jefferson, pola que nacían os Estado Unidos de América.
A guerra era moi dura, pero gracias á axuda de Francia e España as colonias Gran Bretaña tivo que firmar a paz en 1783 recoñecendo a independencia.

TEXTO

Declaración de Derechos de Virginia 12 de junio de 1776

Declaración de derechos hecha por los representantes del buen pueblo de Virginia, reunidos en convención plena y libre, como derechos que pertenecen a ellos y a su posteridad como base y fundamento de su Gobierno.
1. Que todos los hombres son por naturaleza igualmente libres e independientes, y tienen ciertos derechos inherentes, de los cuales, cuando entran en un estado de sociedad, no pueden ser privados o postergados; en esencia, el gozo de la vida y la libertad, junto a los medios de adquirir y poseer propiedades, y la búsqueda y obtención de la felicidad y la seguridad.
2. Que todo poder reside en el pueblo, y, en consecuencia, deriva de él; que los magistrados son sus administradores v sirvientes, en todo momento responsables ante el pueblo.
3. Que el gobierno es, o debiera ser, instituido para el bien común, la protección y seguridad del pueblo, nación o comunidad; de todos los modos y formas de gobierno, el mejor es el capaz de producir el máximo grado de felicidad y seguridad, y es el más eficazmente protegido contra el peligro de la mala administración; y que cuando cualquier gobierno sea considerado inadecuado, o contrario a estos propósitos, una mayoría de la comunidad tiene el derecho indudable, inalienable e irrevocable de reformarlo, alterarlo o abolirlo, de la manera que más satisfaga el bien común.
4. Que ningún hombre, o grupo de hombres, tienen derecho a emolumentos exclusivos o privilegiados de la comunidad, sino en consideración a servicios públicos, los cuales, al no ser hereditarios, se contraponen a que los cargos de magistrado, legislador o juez, lo sean.
5. Que los poderes legislativo y ejecutivo del estado deben ser separados y distintos del judicial; que a los miembros de los dos primeros les sea evitado el ejercicio de la opresión a base de hacerles sentir las cargas del pueblo v de hacerles participar en ellas; para ello debieran, en períodos fijados, ser reducidos a un estado civil, devueltos a ese cuerpo del que originalmente fueron sacados; y que las vacantes se cubran por medio de elecciones frecuentes, fijas y periódicas, en las cuales, todos, o cualquier parte de los ex miembros, sean de vuelta elegibles, o inelegibles, según dicten las leyes.




O NOVO MODELO POLÍTICO

Paralelamente á guerra cada colonia converteuse en Estado con goberno propio baseado no liberalismo, pero existían diferencias entre eles. En 1787, os 13 estado pactaron a creación dunha república federal. Cada estado reservaba parte da súa soberanía pero cedía poderes a un goberno federal dirixido por un Presidente. Os principios desa nova república foron recollidos na Constitución dos Estados Unidos de 1787. En 1789 incorporaron unhas emendas a modo de Declaración de Dereitos e elixiron o seu primer presidente: George Washington.

TEXTO

La Constitución de los Estados Unidos de América 1787

NOSOTROS, el Pueblo de los Estados Unidos, a fin de formar una Unión más perfecta, establecer Justicia, afirmar la tranquilidad interior, proveer la Defensa común, promover el bienestar general y asegurar para nosotros mismos y para nuestros descendientes los beneficios de la Libertad, estatuimos y sancionamos esta CONSTITUCION para los Estados Unidos de América.
Artículo Uno
Primera Sección
Todos los poderes legislativos otorgados en la presente Constitución corresponderán a un Congreso de los Estados Unidos, que se compondrá de un Senado y una Cámara de Representantes.

LIBERALISMO

AS REVOLUCIÓNS BURGUESAS


O LIBERALISMO

O liberalismo é una ideoloxía e unha práctica económica e política que defende a liberdade como principio básico.
Nace a finais do XVIII a partir dos ilustrados radicais e do parlamentarismo inglés. É a base do programa das revolucións burguesas que quería acabar co modelo de monarquía absoluta.

PRINCIPIOS XURÍDICOS, POLÍTICOS E ECONÓMICOS

1. O INDIVIDUO é a base sobre a que se asentan as relacións políticas, económicas e sociais. O interés individual está por riba de calquera outro.

2. O individuo posee dereitos e libertades inalienables que a sociedade debe protexer e defender. (Vida, liberdade, propiedade, etc.).

3. Todos os individuos son iguais ante a lei, non hai privilexios.

4. Todos os cidadáns teñen dereito á participación política no goberno mediante a elección dos representantes (dereito de voto ou sufraxio).

5. A SOBERANÍA reside na nación formada polo conxunto de cidadáns que viven nun país. Trátase da soberanía nacional, que é exercida polas autoridades e institucións elexidas.

6. Os poderes do estado deben estar separados, o executivo no Goberno, o lexislativo no Parlamento e o xudicial nos tribunais de xustiza.

7. A existencia dunha Constitución que recolla os dereitos, as liberdades e as bases do sistema. E despois a promulgación de códigos en todalas materias (Estado de Dereito).

8. A liberdade de mercado, empresa e traballo, sen intervención do Estado. O mercado regúlase através da oferta e da demanda. O estado só debe eliminar os atrancos para permitir a libre e igual concurrencia ó mercado.

9. Defensa da propiedade privada.

TENDENCIAS DO LIBERALISMO


LIBERALISMO MODERADO OU DOUTRINARIO
Defendía as ideas anteriores pero reservadas as clases máis ricas. Sufraxio censitario moi reducido.

LIBERALISMO PROGRESISTA
Defendía a extensión da participación á clases máis modestas. Sufraxio censitario máis amplo. Despois aparecerá un liberalismo democrático que defenderá o sufraxio universal.