domingo, 24 de enero de 2010

A INDEPENDENCIA DA AMÉRICA ESPAÑOLA

A INDEPENDENCIA DA AMÉRICA ESPAÑOLA

O proceso de independencia ten lugar entre 1808 e 1824 na maioría das colonias.

Neste proceso de independencia confluen varios aspectos, destacamos:

- A extensión das ideas liberais. Os libertadores asociaban a independencia co establecemento dun réxime liberal.
- Os cambios de réxime acontecidos en España: a guerra de Independencia, as loitas entre Carlos IV e Fernando VII debilitan os lazos con España.
- Os desexos das minorías crioulas, que vían na independencia o medio para conseguir o control político e económico.

O proceso e violento e iniciase con guerras. El proceso se inicia en 1810. Forman Juntas revolucionarias que organizan ejércitos que van proclamando la independencia y estableciendo regímenes republicanos. Estos movimientos triunfan hasta 1814.

De 1815 a 1817, España volve a recuperar o control.

Desde 1821 se derrumba a soberanía española. A resistencia española resiste hasta 1824 (Ayacucho) e hasta 1826 (Callao).

América central e do Norte. Arranca o proceso en 1810 co grito de Dolores, que lanza o cura Miguel Hidalgo. En 1821 proclámase a independencia do Imperio Mexicano.
En 1823 lévase a cabo a independencia das Provincias Unidas (Guatemala, El Salvador, Nicaragua, Honduras y Costa Rica).

América do Sur. Conta a independencia con numerosos líderes: Simón Bolívar (el Libertador), San Martín, Sucre…

As consecuencias. Son moi graves para España. Perdemos os recursos económicos e o papel de gran potencia.
So queda Cuba, Puerto Rico e Filipinas.

lunes, 18 de enero de 2010

FERNANDO VII E A INDEPENDENCIA DA AMÉRICA ESPAÑOLA

FERNANDO VII E A INDEPENDENCIA DA AMÉRICA ESPAÑOLA

A ESPAÑA DE FERNANDO VII

Durante o seu reinado prodúcese un enfrontamento constante entre o absolutismo e o liberalismo.

O acabar a guerra da Independencia, polo tratado de Valençay, Napoleón permite o regreso de Fernando VII a España.

REINADO DE FERNANDO VII (1808-1814-1833)

Podemos dividir o reinado de Fernando VII en tres etapas:

a) SEXENIO ABSOLUTISTA (1814-1820)

Cando Fernando VII entra en España ve o apoio co que conta: o pobo, o exército, a Iglesia, e os nobles (Manifesto dos Persas). Con ese apoio decide eliminar todo o feito polas Cortes de Cádiz e restablecer o absolutismo. Os liberais son perseguidos.
Despois os liberais mostran o descontento co absolutismo e intenta voltar o liberalismo recorrendo ós PRONUNCIAMENTOS, é dicir, ó levamtamento dunha parte do exército, co apoio de algunha burguesía proclamando a volta ó liberalismo. Todos os pronunciamentos, como o de Porlier, na Coruña en 1815, fracasan.

b) TRIENIO LIBERAL (1820-1823)

En 1820 Rafael del Riego leva a cabo un pronunciamento en Andalucía, que acabou triunfando cando foi apiado por outras cidades, como a Coruña e Fernando VII viuse obrigado a restablecer o liberalismo para non enfrontarse os pronunciados e seguir no trono. Fernando VII fórmou gobernos liberais que restablecen a Constitución de 1812 e as leis liberais.
Pero Fernando VII boicotea ós liberais e intenta voltar ó absolutismo. Pide axuda á Santa Alianza, que lle envían un exército, (os Cen mil fillos de San Luís), e coa axuda de algúns nobres restaura o absolutismo.

c) DÉCADA OMINOSA OU ABSOLUTISTA (1823-1833)

Fernando VII recuperou o poder absoluto. Eliminou o liberalismo, e os liberais foron duramente reprimidos, tiveron que exiliarse. Pero volveron a facer pronunciamentos, que fracasaban.
Fernando VII volve a casarse en 1829 con María Cristina de Nápoles. Ó quedar embarazada publicou a Pragmática sanción que eliminaba a lei Sálica e permitía a sucesión femenina. D. Carlos, irmán de Fernando, e os seus partidarios absolutistas (carlistas), non aceptan esa lei e prodúcese un enfrontamento. En 1833 morre Fernando VII e a súa muller María Cristina asume a rexencia en nome da filla Isabel e ten que contar con apoio dos liberais para defenderse dos carlistas. Os carlistas nos o aceptan e inician a 1º guerra carlista.

lunes, 11 de enero de 2010

A RESTAURACIÓN ABSOLUTISTA

A RESTAURACIÓN ABSOLUTISTA

Despois da derrota de Napoleón foron restauradas as monarquías absolutas en toda Europa, pero o liberalismo vai a loitar para abolir o absolutismo.

A EUROPA DO CONGRESO DE VIENA

Os países que venceron a Napoleón reuníronse en Viena para reorganizar o mapa de Europa e voltar ás formas políticas do Antigo Réxime. Os principios da súa actuación eran:
- O lexitimiso, é dicir, restablecer ós reis lexítimos nos seus tronos.
- O absolutismo, é dicir, eliminar o liberalismo volvendo ó absolutismo.
- O equilibrio internacional, é dicir, que non exista un reino moito máis forte que os demais.
En 1815 os reis de Austria, Prusia e Rusia firmaron o Tratado da Santa Alianza para asegurar o absolutismo e impedir calquera revolución. Por este tratado comprometianse a vixiar e prestarse axuda para impedir o regreso do liberalismo. A figura clave desta política foi o canciller da Austria, Metternich.

AS VAGAS REVOLUCIONARIAS LIBERAIS

Pese á represión á que foi sometido o liberalismo, os liberais, apoiados por burguesía e masas papulares , en ocasións, fixeron algunhas sublevacións, dando orixen a vagas revolucionarias arredor dos anos 1820, 1830 e 1848.

Data

Zona Afectada

Resultado

1820

España

Éxito Provisional, Fernando VII acepta a Constitución de 1812

Grecia

Éxito , sublevación contra os turcos e independencia en 1822

Territorios alemáns, italianos, Portugal e Rusia

Fracaso, intervén a Santa Alianza

1830

Francia

Éxito, establecemento monarquía constitucional de Luis Felipe de Orleans.

Países Baixos

Éxito, Bélxica independízase de Holanda, e instaura monarquía liberal

Portugal e España

Enfrontamentos nos que acaba triunfando o liberalismo.

Territorios alemán, italianos e Polonia

Fracaso pola intervención da Santa Alianza.

1848

Francia

Éxito, proclamación da Segunda República

Territorios alemán, italianos,

Fracaso pola intervención da Santa Alianza. Revolucións que teñen carácter nacionalista.