martes, 25 de mayo de 2010

A DITADURA DE PRIMO DE RIVERA E A FIN DA MONARQUÍA DE ALFONSO XIII



A DITADURA DE PRIMO DE RIVERA E A FIN DA MONARQUÍA DE ALFONSO XIII
INICIO: O 13 de setembro de 1923 o xeneral Miguel Primo de Rivera da un golpe de estado que acaba co réxime da Restauración.
XUSTIFICACIÓN DO GOLPE:
-     Inestabilidade e incapacidade dos gobernos liberais.
-     Os fracasos militares en África (Annual).
-     Os ataques ó Rey.
-     O aumento da conflitividade social (pistolerismo).
-     O temor a que o sistema se democratizase.
         Inicialmente contou co apoio do Rey e do pobo, porque se presentaba como unha medida excepcional e transitoria.
         As súas medidas populistas e autoritarias tiveron certo éxito, pero non acabaron cos problemas.
EVOLUCIÓN:
1ª ETAPA: 1923-25, DIRECTORIO MILITAR: É un goberno só de militares. As principais accións son:
-          Suspendeu a Constitución e as Cortes foron pechadas.
-          Intentou solucionar o problema de orde público: forte represión coa Garda Civil e o Somatén (paisanos armados que colaboran cos militares).
-          Eliminar o caciquismo. Pero só cambiou os vellos caciques por xente nova afín á Unión Patriótica (proxecto de partido político de apoio ó réxime).
-          En Marruecos consegue un éxito e pacifica a zona co desembarco de Alhucemas (1925).

2ª ETAPA: 1926-30, DIRECTORIO CIVIL. Goberno de militares e civiles.
         Intentou institucionalizar o réxime pero foi quedando sen apoios e terá que dimitir.
         O labor máis importante foi o forte desenrolo da economía, que axudou a sustentar ó réxime. As medidas máis destacadas foron:
-          Forte proteccionismo.
-          Desenrolo de monopolios: teléfonos (ITT), combustibles (CAMPSA).
-          Grandes obras públicas: tren, estradas, embalses para agricultura e electricidade.
-          Desenrolo de novos sectores: automóbil, eléctrico, químico, etc.

CAÍDA: O aumento da oposición, a falta de apoio dos militares e os problemas económicos levan a Primo de Rivera a presentar a dimisión en xaneiro de 1930.

FÍN DA MONARQUÍA DE ALFONSO XIII
         Alfonso XIII nomeou xefe de goberno ó xeneral Dámaso Berenguer (a ditabranda) coa idea de volver ó réxime da Restauración. Pero pouco a pouco aumentou a oposición. Os nacionalistas, republicanos e socialistas firman o Pacto de San Sebastián, comprometéndose a derrocar a monarquía e establecer a república. Hai algúns intentos de proclamar a república  (Jaca e Madrid), pero sen éxito.
A falta de apoio e a incapacidad de xestionar os problemas provocan a caída de Berenguer.
         Forma goberno o almirante Juan B. Aznar. Convocou eleccións municipais para o 12 de abril de 1931 coa intención de que os partidos monárquicos tivesen un bo resultado.
         O 14 de abril de 1931 os resultados daban a victoria os partidos republicanos nas grandes ciudades e así comezou a proclamarse a républica e Alfonso XIII abandonou España.

        

A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL


A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL

CRONOLOXÍA: Desde o 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945.
CAMIÑO CARA Á GUERRA
Nos anos 30 a crise económica e o desenvolvemento de políticas agresivas provocaron:
-          O fracaso da Sociedade de Nacións, que foi incapaz de evitar os enfrontamentos.
-          A expansión territorial dos estados fascistas:
-            Alemaña, forma un gran exército e reclama as terras habitadas por alemán; anexiona Austria e unha parte de Checoslovaquía.
-            Italia, conquista Abisinia (1935-36).
-            Xapón, inicia a guerra contra China (1937).
-            O Inicio da Guerra.  Hitler en 1939 firmou un tratado coa URSS, para repartirse o leste de Europa. O 1 de setembro de 1939 Alemaña invade Polonia; como resposta Gran Bretaña e Francia decláranlle a guerra a Alemaña e comeza a Segunda Guerra Mundial.

FASES DA GUERRA

-          TRIUNFOS DO EIXE: 1939-40
               Alemaña, Italia e Xapón conseguen sucesivas vistorias ocupando Polonia, Dinamarca, Noruega, Holanda, Bélxica, parte de Francia, Albania, Grecia, Iugoslavia e o norte de África. Xapón ocupa colonias francesas e inglesas e avanza en China.

-          A EXTENSIÓN DA GUERRA E A ENTRADA DA URSS E EE.UU, 1941-42.
               En 1941 Hitler rompe o acordo coa URSS e a invade, pero a resistencia rusa e a enormidade do territorio  retrasa o seu avance.
               Xapón ataca Pearl Harbour e provoca a entrada de EE.UU na guerra.
               Gran Bretaña, EE.UU, URSS e China, conforman o bando dos Aliados contra as potencias do Eixe.

-          CAMBIO DE SIGNO E CONTRAOFENSIVA ALIADA, 1942-43.
               A finais de 1942 os aliados logran deter ó Eixe en todos os frontes. Derrotan ós alemáns no norte de Africa, ocupan Sicilia e o sur de Italia. Os rusos fan retroceder ós alemán.

-          A VICTORIA DOS ALIADOS, 1944-45.
               Os Aliados organizan o desembarco de Normandía (operación Overlord) que se concreta o 6 de xuño de 1944. Desde aí os aliados avanzan sobre Europa. Hitler suicídase o 30 de abril de 1945 e o 4 de maio Alemaña capitula. No Pacífico, o 6 de agosto de 1945, EE.UU lanza a bomba atómica sobre Hiroshima e o 9 sobre Nagasaki. O 2 de setembro Xapón firma a rendición.




NOVAS FORMAS DE GUERRA
                Unha guerra que provocou uns 55 millóns de mortos e uns 35 millóns de feridos.
                Como novedades:
-          Novas armas e estratexias: máis máquinas, carros de combate, canóns, avións, etc. Emprego de bombardeos masivos… A resistencia, os partisanos… sabotaxe….espias.
-          Os campos de concentración, os traballos forzados e o exterminio.  Campos creados para explotar e exterminar ós enemigos (xudeos, xitanos, eslavos, etc.) como os de Dachau, Treblinka, Auschwitz, Mauthausen…

A ORGANIZACIÓN DA PAZ E A FUNDACIÓN DA ONU

                Durante a guerra os Aliados tiveron varias reunións para tratar temas do final da guerra, as máis importantes foron en 1945. Na Conferencia de Ialta (Crimea) entre Churchill (G.B.), Roosevelt (EE.UU) e Stalin (URSS) e na de Postdam (Alemaña) entre Atlee (G.B.), Truman (EE.UU) e Stalin tomáronse os principais acordos:
                Imposicións ós vencidos. Alemania e a súa capital, Berlín, sería dividida en 4 partes e administradas por EE.UU, URSS, Francia e Gran Bretaña. O Nazismo é eliminado e os seus dirixentes xulgados (xuizos de Nueremberg). Xapón e administrado polos EE.UU. Impóñense sistemas democráticos.
                Modificacións territoriais. Modificanse as fronteiras de Alemaña. Pomerania e Silesia pasan a Polonia.  A URSS ocupa Estonia, Letonia e Lituania.
                Fundación da ONU.  En 1945, os Aliados fundaron a Organización das Nacións Unidas coa finalidade de:
-  Manter a paz e a seguridade internacional
-  Fomentar as relacións de amizade e cooperación entre os pobos
-  Axudar na solución de problemas internacionais políticos, sociais, económicos, etc.
                 
                Os organismos principais da ONU son:
-          A Asemblea Xeral, con sé en New York, representantes de todos os estados membros.
-          O Consello de Seguridade. Órgano permanente (formado por 15 membros, cinco permanentes con dereito a veto –EE.UU, URSS, China, Francia e Gran Bretaña- e 10 que se van rotando) que está encargado de manter a paz e a seguridade entre as nacións.
-          A Secretaria Xeral. Leva a coordinación e representación da ONU. Na actualidad é o coreano Ban Ki-moon.
-          O Tribunal Internacional de Xustiza. Encargado de xulgar os conflitos entre os países membros.


jueves, 13 de mayo de 2010

O NAZISMO. A ALEMANIA DE HITLER

O NAZISMO. A ALEMANIA DE HITLER

Alemania, no periodo de entreguerras, vive unha situación de crise que favoreceu ascenso do fascismo e o toma do poder por Hitler, que establecerá unha ditadura coñecida como o Terciero Reich.

CARACTERÍSTICAS DO NAZISMO

            O nazismo parte da obra A miña loita (Mein Kampf, 1925) escrita por Hitler que recolle ideas do fascismo e incorpora aspectos como:
            - O racismo. Defende a superioridade da raza aria (alemá) sobre as demais e a súa pureza (eliminar enfermos, prohibe matrimonios interraciais). Justifica a eliminación das razas inferiores.
            - O antisemitismo. Considera ós xudeos unha raza inferior e causante dos males que padecen os elemáns.
            - O espacio vital. Alemania debe incluir todos os territorios nos que hai poboación xermana.

ASCENSO Ó PODER DO NAZISMO

            Entre as razóns que explican a chegada ó poder dos nazis temos:

-          Os efectos da derrota da Primeira Guerra Mundial. A crise económica que provoca a guerra e o sentimimento de humillación polo Tratado de Versalles poroporcionan un deseo de venganza en Alemania.
-          A crise de 1929 afectou a Alemania e fixo aumentar a desilusión dos alemáns na democracia e o apoio ás ideas fascistas.
-          A fundación de Partido Obeiro Alemán Nacionalsocialista (Nazi) e 1920 e a designación de Hitler como xefe. Os nazis falarán de revisar o Tratado de Versalles, de ampliar o territorio, etc. Pouco a pouco iran estendento ideas (intento de golpe de estado en 1923 que fracasa e Hilter é encarcelado; creación das S.A para difundir ideas nas rúas –violencia-) e apoios sociales. Presentánse as eleccións e en 1933 son a forza maioritaria sendo Hitler  nomeado Xefe de Goberno.


A ALEMANIA NAZI
           
            O goberno de Hitler caracterizouse por:
            - Supresión da oposición. Entre 1933 e 34 os partidos políticos e sindicatos foron prohibidos e os seus dirigentes perseguidos. Con motivo do incendio do Parlamento foron suspendidos os dereitos e o partido comunista perseguido. En 1934 o partido Nazi era o único legal e completamente controlado por Hitler despois de asesinar ós opositores na Noite dos coitelos largos (30 de juni- 2 de julio).
            - Concentración de poderes. Hitler primeiro consegue poderes extraordinarios do Parlamento (capacidad para decretar leis e para desviarse da Constitución), después, á morte do presidente da República (Hindembrug), une os cargos de Canciller e presidente da República, converténdose en fürer ( xefe).
            - A nivel económico intentou sacar ó país da crise practicando unha política autárquica (de autoabastecemento) e baseándose nas obras públicas e no rearme como motores da economía. A falta de materias primas obliga á anexión de novos territorios.
            - Engrandecemento de Alemania. Hitler incrumpe o Tratado de Versalles e entre 1935 e 39 anexiona novos territorios: Sarre, Renania, Austria e parte de Checoslovaquia, volve ó servicio militar e ó rearme. Axuda a Franco na guerra civil española. Asina pactos coa Italia de Mussolini. O 1 de setembro de 1939 invade Polonia o que inicia a Segunda Guerra Mundial. 

           

O FASCISMO

O FASCISMO. A ITALIA DE MUSSOLINI
O fascismo é unha ideoloxía que se desenrola en Europa na época de entreguerras (1918-1939).
O termo proven do latín fasces, é dicir, haz ou grupo ordenado en filas.
Ó acabar a Primeira Guerra Mundial, Europa vive unha profunda crise que favorece o desenrolo das ideas fascistas.
CARACTERISTICAS DO FASCISMO
            É unha ideoloxía totalitaria que aspira a exercer o control absoluto sobre a sociedade, buscando a creación dun novo sistema político e novos valores  para as masas populares. Preséntase como alternativa ó capitalismo e ó socialismo. Entre as súas características destacan:
-          Primacía dos intereses do Estado fronte ós dos individuos. Todos se somete (liberdade) ó engrandecemento do Estado.
-          Concentración do poder en mans dun líder, considerado como símbolo do estado, único capaz de dirixir ó pobo. Todas as institucións sométense ó líder.
-          Encadramento e mobilización de masas nun único partido, están prohibidos todos os demais.
-          Rexeitamento da igualdade das persoas e pobos. Unha minoría, élite masculina, a mellor preparada debe conducir ós demais. Subordinación da muller.
-          Forte control ideolóxico e cultural. Exaltación coa propaganda dos valores fascistas. Forte represión e disciplina para impoñer  as súas ideas.
-          Intervención do Estado na economía. Hai respeto á propiedade privada pero sometida ás políticas do Estado (precios, salarios, etc.). O Estado persigue a autosuficiencia (autarquía) frente ós extranxeiros. Só hai un sindicato e o Estado intenta mellorar a condición dos traballadores (traballo, vivenda, salarios, etc.); por eso tamén ten o seu apoio.

ASCENSO DE MUSSOLINI Ó PODER

            Despois da Primeira Guerra Mundial Italia vive unha situación de crise económica e política. A nivel político había un forte descontento xa que coa guerra Italia non conseguirá ningunha ventaxa territorial, e os excombatentes aumentaban as protestas. Nese ambiente de forte crítica, crise e gobernos débiles  empeza o desenvolvemento do fascismo.
            En 1919, en Milán Mussolini creou os fascios, grupos de cambate (con uniformes negros) que se dedicaban a reventar as folgas e a perseguir ós líderes da esquerda. En 1921, ó crecer os fascios creou o Partido Nacional Fascista.
            En 1922, Mussolini organizou a Marcha sobre Roma, para forzar ó rey Victor Manuel III á formación dun goberno forte. Mussolini que contaba co apoio de terratenentes, empresarios e militares consigue que o rey o nomee xefe de goberno.

A ITALIA FASCISTA

            Desde o momento que Mussolini tomou o poder empezou a lexislar para crear un estado fascista.
            Primerio gobernou dun xeito constitucional, pero despois da victoria nas eleccións de 1924 (victoria creada a medida pola lei electoral de 1923 e pola violencia dos fascios) comezou a creación do estado fascista e da eliminación da oposición (asesinato de diputado socialista Matteoti).
            En 1925 converteuse en Duce dos italianos, ilegalizou os partidos políticos (menos o fascista), estableceu a censura e depurou a administración e o exército. O novo estado recibe o nome de Estado Corporativo, porque se organiza a partir das corporacións (corpos profesionais de obreiros) e non dos individuos, así elimínase a loita de clases.
            Ó tempo lexislaba dun xeito populista e exaltando o nacionalismo. Construcción de obras públicas, axudas á producción agrícola e industrial, prohibición das folgas, proteccionismo. Tamén impulsou o colonialismo ocupando Libia e conquistando Abisinia, presentándose como un gran líder.
            Cando se produce o ascenso de Hitler ó poder, comeza a alianza con Alemania. Durante a Guerra Civil axudou a Franco e en 1939 firmou con Hitler o Pacto de Aceiro de apoio mutuo. Na Segunda Guerra Mundial formou parte do Eixe con Alemania e Xapón.
            Durante a guerra, as derrotas italianas e a ocupación de Sicilia polos aliados provocaron a súa caída. Foi encarcelado e despois liberado polos alemáns. No norte de Italia, coa protección de Alemania, formou unha República social. Despois foi capturado por membros da resistencia antifascista e exucutado en 1945.