miércoles, 17 de febrero de 2010

ESTADO BURGUÉS E MOVEMENTOS SOCIAIS



ESTADO BURGUÉS E MOVEMENTOS SOCIAIS

A maioría dos países de América e Europa estaban gobernados por réximes liberais conservadores nos que a burguesía exercía o poder.

CARACTERÍSTICAS DO ESTADO BURGUÉS

Predominio de gobernos liberais conservadores (repúblicas ou monarquías).
Existencia de Parlamentos subordinados ó Xefe do Estado. Parlamentos con dúas cámaras: Congreso e Senado.
Participación política (voto) reservado a varóns e propietarios (censatario).
Aplicación restrinxida de dereitos e libertades: censura de prensa, unha relixión, limitación do dereito de reunión e asociación.
Primacia do dereito de propiedade e liberdade económica.
Corrupción do sistema electoral: manipulación e fraude.
Dominio de dous partidos: un conservador e outro progresista.
Exaltación do Estado buscando á homoxeinización.

Progresivamente irán introducindo reformas (ampliación voto, dereitos) que conducirán á democracia.

AS POTENCIAS BURGUESAS

As principais potencias burguesas son:

Gran Bretaña: Primeira en consolidar fórmulas liberais, primeira potencia industrial e colonial. Época de Victoria I (1837-1901, era victoriana) e Eduardo VII (1901-1910). Dous partidos o Conservador (tory, Disraeli) e o Liberal (whig, Gladstone). Irlanda unida a Inglaterra hasta 1921.

Francia: O Segundo Imperio remata en 1870, comezando oa Terceira República. Dous grandes políticos son Jules Ferry (moderado) e Clemenceau (radical). Gran enemistad con Alemania polo tema de Alsacia e Lorena.

Alemaña: Unifícase en 1870 proclamando o Segundo Imperio. O seu canciller Bismarck é considerado o árbitro das relacións europeas. Logrou manter a Francia illada evitando o desquite pola perda de Alsacia e Lorena.

Estados Unidos: Primeiro estado republicano liberal. Forte desenrolo industrial, conquista do Oeste e Guerra de Secesión (1861-65). Expansión polo Caribe, Pacífico e América do Sur.

CONSOLIDACIÓN DO MOVEMENTO OBREIRO

A partir de 1880 consolídase o movemento obreiro que se mantén dividido en socialistas e anarquistas. As accións máis destacadas son:

Creación de partidos socialistas: En todo os países crearon partidos socialistas coa intención de acadar o poder. O modelo a imitar e o Partido socialdemócrata alemán (1875). En España, Pablo Iglesias Posse fundou o Partido Socialista Obreiro Español en 1879.
Creación de sindicatos: En España os anarquistas fundaron a Federación de Traballadores da Rexión Española (1881) e a Confereación Nacional do Traballo en 1910. Os socialistas crearon a Unión General de Trabajadores en 1888.

Movemento internacionalista: En 1889 creouse a Segunda Internacional para renovar a solidariedade obreira. Só entraron organizacións socialistas, destacou a súa loita por: xornada de 8 horas, defensa da paz, rechazo á guerra e ó colonialismo, establecemento do día mundial da loita obreira o Primeiro de Maio (para conmemorar os sucesos do 1º de mayo e seguintes en Chicago), e Día da Muller traballadora, o 8 de marzo, en 1910.

Dereitos políticos das mulleres. Cando chega o liberalismo as reivindacións de igualdade das mulleres (Olympe de Gouges, Mary Wollstonecraft) non foron escoitadas. A partir de 1860 xurde e EE.UU, Gran Bretaña, Francia o movemento sufraxista, que loitaba para acadar o voto femenino.Destaca Emmeline Pankhurst. O primeiro país en concedelo foi Nova Celandia en 1893. En España foi aprobado na Constitución de 1931.

OS INICIOS DO MOVEMENTO OBREIRO

OS INICIOS DO MOVEMENTO OBREIRO

As duras condicións de traballo do proletariado deron orixe a un amplo movemento reivindicativo parta conseguir melloras salariais e laborais. Tamén se desenvolven novas ideologías: o socialismo e o anarquismo.

AS PRIMERIAS FORMAS DE PROTESTA E ORGANIZACIÓN OBREIRA

Os obreiros ó principio da industrialización non teñen ninguna organización asociativa. Só existen sociedades de axuda mutua, que non teñen función reivindicativa, so axudarse en caso de necesidade.
Canda se incia a industrialización, os obreiros inician as súa protestas destruíndo as máquinas, ás que consideran culpables da súa situación. Este fenómeno recibe o nome de ludismo, recordando a Ned Ludd, un obreiro textil inglés, primeiro en destruir as máquinas.
Estas accións prodúcense en España a partir da década de 1820.

Como a través destas accións ludistas os traballadores non conseguían nada, entonces intentaron facer asociacións para defender os seus intereses. Pouco a pouco crearon unións por oficios, os sindicatos, primerio locais, para, finalmente, agrupar a todos os traballadores do país.
Este camiño é longo e difícil xa que os gobernos non lle concedían o dereito de asociación e os sindicatos eran ilegais sendo duramente reprimidos. En España conséguese o dereito de asociación en 1887.

As protestas dos traballadores ó principio eran desorganizadas, xeralmente motíns cando se producía un problema. Pouco a pouco serán máis organizadas, e o seu mellor recurso será a folga ou paro no traballo.

O SOCIALISMO MARXISTA

Os creadores son Carlos Marx e Federico Engels.
Os principios básicos están expostos no Manifesto comunista de 1848.

- A estructura social e política está determinada polas condicións materiais e económicas.
- Ó longo da historia a sociedade está sempre dividida en dúas clases: una dominadora e outra dominada.
- Na sociedade industrial a burguesía domina ó proletariado.
- O medio para transformar a sociedade é a loita de clases.
- O proletariado debe emanciparse para conquistar o poder.
- No poder o proletariado debe establecer unha dictadura do proletariado para eliminar calquera diferencia de clase (abolir a propiedade privada, os medios de producción en mans do Estado, etc.) e crear a sociedade comunista.

O pensamento marxista entra en España en 1871 difundido por Paul Lafargue.

O ANARQUISMO

Entre os creadores están Mijail Bakunin e Pedro Kropotkin.
Principios:
- Eliminar calquera forma de poder. Abolir o Estado.
- Construir unha sociedade igualitaria sen clases.
- Eliminar a propiedade privada.
- A vida debe estar organizada en comunas autoxestionadas.
- A educación debe ser científica e laica.
- Non participan na loita política (non participan nas eleccións, defenden a abstención) e defenden a vía revolucionaria e, unha parte deles, os atentados terroristas.

Este pendamento entra en España a partir de 1868, difundido por J. Fanelli.


A ASOCIACIÓN INTERNANCIONAL DE TRABALLADORES. AIT

Os líderes obreiros, conscientes de que os problemas afectaban a todos os traballadores, promoveron unha reunión en Londres en 1864. Desa reunión sae a fundación da Asociación Internacional de Traballadores (AIT).
Os obxectivos eran: potenciar o desenrolo de sindicatos e concieciar ós traballadores na loita pola emancipación.
Progresivamente vaise extendendo por Europa. Chegan a España enviado da AIT e fundouse en Barcelona a Federación Regional Española (FRE).
Dentro da AIT había moitas ideologías, sobre todo a socialista e a anarquista, e pronto empezan as loitas entre elas. No congreso da Haia de 1872 son expulsados os anarquistas.
Por outra parte os gobernos tamén persiguen á AIT e a prohiben polo que acabou por disolverse en 1876.

TEXTO
EL Manifiesto Comunista, 1848.
“Hasta nuestros días, la historia de la humanidad, ha sido una historia de luchas de clases. Libres y esclavos, patricios y plebeyos, señores feudales y siervos de la gleba, maestros y oficiales; en una palabra, opresores y oprimidos, siempre frente a frente, enfrentados en una lucha ininterrumpida, unas veces encubierta, y otras franca y directa, en una lucha que conduce siempre, a la transformación revolucionaria de la sociedad o al exterminio de ambas clases beligerantes.
Desde el principio de la historia, nos encontramos siempre la sociedad dividida en estamentos, dentro de cada uno de los cuales hay a su vez, una nueva jerarquía social con grados y posiciones. En la Roma antigua eran los patricios, los équites, los plebeyos, los esclavos.
En la edad media eran los señores feudales, los vasallos, los maestros, los oficiales de los gremios, los siervos de la gleba. Y dentro de cada una de estas clases, nos encontramos también con matices internos.
La moderna sociedad burguesa, que ha surgido de las ruinas de la sociedad feudal, no ha abolido los antagonismos de clase. Lo que ha hecho, sólo ha sido crear nuevas clases, nuevas condiciones de opresión, nuevas modalidades de lucha; que han venido a sustituir a las antiguas.
Nuestra época, la época de la burguesía, se caracteriza por haber simplificado estos antagonismos de clase. Hoy y cada vez más abiertamente, toda la sociedad tiende a separarse, en dos grandes grupos enemigos, en dos grandes clases antagónicas: la burguesía y el proletariado”.

lunes, 8 de febrero de 2010

NACIÓN E NACIONALISMO

NACIÓN E NACIONALISMO

Os movementos nacionalistas xurden, desde finais do XVIII, en contraposición coa revolución liberal.

NACIÓN E NACIONALISMO

Coa revolución liberal pásase da soberanía do rei á da nación. Por esa razón empeza o debate para definir que é nación.
A Nación pode considerarse como unha comunidade que vive nun territorio e que ten conciencia ou sentimento de pertencer a un colectivo con trazos comúns que os diferencian dos demais.

Dentro das tendencias nacionalizadoras temos varias tendencias:

A LIBERAL: destaca os elementos políticos. Nación é igual a un conxunto de individuos que teñen un goberno común e está rexido polas mesmas leis.

A HISTORICISTA: destaca elementos culturais. A nación está formada por aqueles que falan a mesma lengua, teñen a mesmea cultura, raza, etc.

LIBERAL-HISTORICISTA: mestura ambas concepcións.

O NACIONALISMO é a corrente política que considera a propia colectividade como unha nación, cun Estado independiente, e que defende os seus intereses.

O nacionalismo presenta diversas modalidades:

De afirmación: cando loitan por conseguir que a súa comunidade sexa considerada un estado independiente. Poden aparecer por separación dun estado máis grande ou por unificación de estados pequenos.
De consolidación: para aumentar os seus valores.

UNIFICACIÓN ITALIANA

Despois do Congreso de Viena a península italiana quedou dividida en sete estados, pero a idea de formar una nación estaba moi estendido.

Había varias propostas de unificación: una confederación arredor do Papa, crear una república ou unha monarquía.

O reino motor da unificación vai a ser o reino do Piemonte-Sardeña, que lograra establecer unha monarquía constitucional en 1849 con Víctor Manuel II. Os artífices serán o rei, Víctor Manuel, e o primeiro ministro Camilo Benso, conde de Cavour.

O proceso de unificación beneficiase da labor diplomática e da acción do exército e das Camisas Vermellas que dirixe Garibaldi. En 1861, despois de algunhas batallas, logran proclamar o Reino de Italia. En 1866 anexiona Venecia que estaba en poder de Austria e, finalmente, en 1870 incorporan Roma.


UNIFICACIÓN ALEMANA

Despois do Congreso de Viena constituese a Confederación Xermana formada por 39 estados.

Hai varias propostas de unificación estimuladas por intelectuais e pola burguesía comercial. O problema era resolver se había que incluir ou non a Austria.

O reino motor da unificación vai a ser Prusia. O seu rei, Guillermo I e o primeiro ministro Otto von Bismarck serán os artífices.

O proceso de unificación lévase a cabo a través de tres guerras victoriosas:
1. en 1864, xunto con Austria, contra Dinamarca, para anexionarse os territorios daneses con habitantes alemáns.
2. en 1866, contra Austria, par que non entre na unificación. Crease a Confederación Alemana do Norte en torno a Prusia.
3. en 1870, contra Francia, para forzar a incorporación dos estado do sur e tamén Alsacia e Lorena.

O II Imperio Alemán foi proclamado en 1871, no palacio de Versalles en Francia.

jueves, 4 de febrero de 2010

ECONOMÍA NO SÉCULO XIX


DESAMORTIZACIÓN


A desamortización é unha das medidas levadas a cabo polos liberais dentro das transformacións na agricultura.
A desamortización consistía na nacionalización, incautación sen indemnización, por parte do Estado liberal, das propiedades en poder da Iglesia (terras en man morta) para ser vendidas en subasta.

As tres desamortizacións máis importantes son:

Desamortización de Mendizabal (1836) que afectaba ós bens dos conventos e mosteiros do clero regular.

Desamortización de Espartero (1841) que afectaba ós bens do clero secular.

Desamortización de Madoz (1855), tamén chamada Xeral, que afectaba ós bens do clero regular e secular e, sobre todo , dos concellos e do Estado (ben comunais, propios e baldíos).

Os obxectivos eran:

Conseguir recursos para o estado: Pagar a Débeda, cartos para a guerra carlista, e construir o ferrocarril (Madoz).
Incrementar os partidarios da causa liberal: os compradores das terras non querrían voltar o absolutismo.
Modificar o réxime de propiedade da terra, de modo que toda a terra poidese ser explotada con criterios capitalistas.

Os máis beneficiados foron os burgueses e nobres xa que podían comprar as terras.
Os perxudicados foron o clero que perde as terras e campesinos que non poden comprar ó non ter diñeiro.

Unha característica da desamortización en Galicia foi que se manten o sistema de foros. Os campesinos que tiñan as terras arrendadas non poden ser expulsados delas, polo o que se vende foi o derieto a cobrar as rendas forais. Estos dereitos son comprados por fidalgos e burgueses.

O INICIO DA INDUSTRIALIZACIÓN

Prodúcese en Cataluña a principios do século XIX na industria textil do algodón.
A transformación industrial da siderurxia iniciase en Sevilla e Málaga, a principios do XIX, logo pasa a Asturias e, finalmente ó País Vasco.



O FERROCARRIL

O desenrolo do ferrocarril e tardío e lento.
A primeira liña inaugúrase en 1848 unindo Barcelona e Mataró.

En 1855 comenza o desenrolo cando se aproba a Lei de ferrocarrís. Este foi lento e con problemas xa que:
- Estableceuse un ancho de vía maior que o europeo e complicou os intercambios internacionais.
- Estableceuse unha disposición radial con centro en Madrid e así chegou moi tarde á periferia e quedaron sen unir moitas zonas.
- Permitiron a inversión de compañías extranxeiras e os beneficios foron para fora.

As consecuencias foron grandes:
Contribuíu a comunicar zonas distintas creando un mercado unificado.
Foi un sector de inversión.
Aumentou o mercado de traballo.

lunes, 1 de febrero de 2010

O REINADO DE ISABEL II (1833-1868)

O REINADO DE ISABEL II (1833-1868)

Durante o seu reindo vaise a instalar o liberalismo, pero un liberalismo moderado. Será un reinado inestable, sempre enfrontados os liberais moderados e os liberais progresistas. Nos partidos terán moita importancia os militares, os Espadóns. Nos moderados o xeneral Narváez e nos progresistas o xeneral Espartero.

CRONOLOXÍA

DE 1833 A 1843: REXENCIAS

REXENCIA DE MARÍA CRISTIANA: 1833-1840.
REXENCIA DE ESPARTERO: 1840-1843.

DE 1843 A 1868: REINADO PERSOAL DE ISABEL II.

REXENCIAS DE MARIA CRISTINA E DE ESPARTERO

Cando morre Fernando VII, os carlistas non aceptan o testamento e inician a 1ª guerra carlista (1833-39). Os partidarios de D. Carlos, defenden o absolutismo, os privilexios forais e o predominio da Iglesia católica (Dios, patria y rey). A guerra remata en 1839 co Convenio de Vergara, firmado entre o xeneral Espartero e o xeneral carlista Maroto. Os carlistas aceptan a Isabel II a cambio de poder negociar os privilexios forais vascos. En 1841 a lei Paccionada de Navarra permitelles manter parte dos privilexios.

O mesmo tempo que se inicia a guerra vaise a producir o TRIUNFO DA REVOLUCIÓN LIBERAL.
Ó principio María Cristina goberna sen moitos cambios, só amnistía para liberais e nova división provincial. Pero como necesita os apoios dos liberais para defenderse dos carlistas chama ós liberais a gobernar e fai máis reformas: Primeiro a Francisco Martínez de la Rosa (1834, Estatuto Real) e despois a liberais progresista, con Mendizabal. As medidas progresistas (desamortización de bens do clero regular) asustaron ós moderados, que pararon as reformas; pero un motín no palacio da Granxa no verán de 1836 obrigou a María Cristina a repoñer a Constitución de 1812, e no ano seguinte redactar unha nova constitución, a de 1837. Desde ese momento triunfa definitivamente o liberalismo.
A constitución de 1837 establecía a soberanía Nacional, a división de poderes, unha declaración de dereitos, certa tolerancia relixiosa, e sufraxio censitario.
Despois María Cristina quixo parar as reformas, pero os progresistas opuxeronse o que motivon a súa renuncia á Rexencia e a fuxir para Francia.

REXENCIA DE ESPARTERO: 1840-43
O xeneral Baldomero Espartero era un liberal de prestixio. Asume a rexencia pero goberna dun modo moi despótico que non gusta nin a progresistas nin moderados. Polo que finalmente os moderados fan un pronunciamento, que dirixe o xeneral Narváez, que o obriga a fuxir a Inglaterra.

REINADO PERSOAL DE ISABEL II: 1843-68

O 8 de novembro de 1843, con trece anos, é proclamada raiña.
O seu reinado é moi inestable, con enfrontamentos constantes entre moderados e progresistas.
Isabel II sempre estará vinculada ós moderados, e serán sobre todo os xenerais Narváez e O´Donnell as figuras principais.

O sue reinado divídese en tres etapas:

DÉCADA MODERADA: 1843-1854

Os moderados, dirixidos por Nárvaez, van a establecer un modelo liberal moderado, un sistema politicamente autoritario e excluiente, socialmente oligárquico e administrativamente centralista. O sistema baseabase na Constitución de 1845. Esta constitución ampliaba os poderes da raiña, recortaba os dereitos e reducía o sufraxio censitario. A oposición era duramente reprimida (coa Garda Civil), ainda que fan pronunciamentos, pero fracasan (mártires de Carral). Os moderados gobernan con gran corrupción (camarillas políticas) e incluso unha parte deles fan pronunciamentos para forzar un cambio.

BIENIO PROGRESISTA: 1854-56

En 1854 triunfa un pronunciamento progresista, e Isabel II chama a formar goberno a Espartero xunto a xente moderada da Unión Liberal de O´Donnell.
Durante estos anos poñen en vigor a Desamortización xeral de Pascual Madoz de 1855 e a Ley de ferrocarrís. Pero a falta de entendemento entre os dirixentes provoca a caída de Espartero.

ETAPA MODERADA-UNIONISTA: 1856-68

Isabel II mandou fomar goberno a O´Donnel, que dirixe ó grupo da Unión Liberal, un grupo moderado de centro). Goberna sen problemas gracias a boa marcha da economía e a política exterior agresiva.
A partir do 63 gobernan os moderados que volven á represión, que é maior a partir de 1866. Desde ese ano, 1866, os opositores: progresistas, demócratas, etc., empezan a preparan un pronunciamento, que desembocará na revolución de 1868 que provocou a expulsión do trono de Isabel II.