martes, 30 de marzo de 2010

REXIONALISMOS E NACIONALISMOS PERIFÉRICOS EN ESPAÑA

REXIONALISMOS E NACIONALISMOS PERIFÉRICOS EN ESPAÑA

Xurden na 2ª metade do XIX en Cataluña, País Vasco e Galicia.
As primeiras manifestacións estiveron unidas ao rexurdimento cultural da lingua propia, seguidas das demandas de descentralización do rexionalismo. Posteriormente, evolucionaran hacia o nacionalismo e a defensa da propia comunidade como nación diferenciada da española.

O CATALANISMO

A súa orixe está na existencia dun sentimento diferencial baseado na lingua e nas peculiaridades culturais e económicas catalás, que se consideraba marxinado pola centralización. Presenta as seguintes fases:

        O REXIONALISMO que reivincaba, desde 1880, a descentralización, o emprego do catalán e certo autogoberno. Había dúas tendencias:
            - A progresista dos antigos republicanos federais, liderada por Valentí Almirall. Presentaron un Memorial de agravios a Alfonso XII en 1885.
            - A conservadora, na que destacou a actividade da Unión Catalanista, que redactou u proxecto de estatuto de autonomía, as Bases de Manresa de 1892.

O NACIONALISMO, a finais do XIX nace a idea de unha nación diferenciada da española. Tamén podemos diferenciar dúas tendencias:
          - A progresista, de tendencia republicana. Liderada por Francisco Macià.
          - A conservadora, liderada por Prat de la Riba e Francisco Cambó e o partido Liga Rexionalista de Cataluña.

O NACIONALISMO VASCO

O seu desenvolvemento está ligado á figura de Sabino Arana, no contexto da perda dos privilexios forais e na chegada de inmigrantes a traballar ó País Vasco.
Arana defendía a independencia de Euskadi (territorios españoles e franceses) e do restablecemento do dereito e costumes vacos. Tamén defendía a relixión católica e a raza vasca. Fundou o Partido Nacionalista Vasco en 1895.
No século XX segue o seu crecemento e aumentando os éxitos electorais. En 1911 fundaron o sindicato Solidariedade de Traballadores Vascos.
En 1916 pasou a denominarse Comunión Tradicionalista Vasca, e despois xurdiron diferencias: uns, partidarios de non romper con España e outros (que refundaran o PNV) a favor de loitar pola independencia.

O GALEGUISMO

A súa orixe está no recoñecemento da pobreza, atraso, afastamento e sentimento de aldraxe e esquecemento por parte do goberno de Madrid. Presenta as seguintes fases:

        ALICERCES, as primeiras reivindicacións aparecen na década de 1840. É obra da xeneración de 1846 e está unida ó provincialismo. Destacou Antolín Faraldo que defendeu a necesidade con institucións propias de goberno. Destacou temén un pronunciamento fracasado lidéralo por Miguel Solís.

        O REXIONALISMO, a partir de 1880. Reivindicaba a descentralización, a autonomía política e a defensa do galego. Hai dúas tendencias:
              - LIBERAL: encabezada por Manuel Murguía. Primeiro en defender a nacionalidade galega diferenciada polo idioma, xeografía, historia e sentimento. Amplia descentralización.
              - CONSERVADORA OU TRADICIONALISTA: liderada por Alfredo Brañas. Defendía a autonomía de Galicia dentro da unidade de España. Pensaba na existencia dunhas cortes galegas formadas por representantes dos gremios ou das clases tradiconais.

        O NACIONALISMO, no século XX. Idea de crear unha nación diferenciada polo seu idioma, a súa xeografía e o seu espírito. Destaca a creación das Irmandades da Fala (1916) e os escritos de Antón Vilar Ponte e Vicente Risco. Tamén destaca a fundación da revista Nós (1920) e o Seminario de Estudos Galegos (1923); e xunto a eles a Xeneración Nós. No nacionalismo tamén podemos diferenciar dúas tendencias:

             - O nacionalismo democrático. Encabezado polos irmáns Vilar Ponte e Lois Peña Novo. Conseguir un autogoberno para Galicia achegándose ás posturas republicanas.
             - O nacionalismo tradicionalista: dirixido por Antón Losada e Vicente Risco. Máis apolítico. Insistía na propaganda cultural.

miércoles, 10 de marzo de 2010

O RÉXIME DA RESTAURACIÓN BORBÓNICA EN ESPAÑA

O RÉXIME DA RESTAURACIÓN BORBÓNICA

CRONOLOXÍA

DE 1875 A 1923. Dúas etapas:

A) INICIO E CONSOLIDACIÓN

1875-1885: REINDADO DE ALFONSO XII.
1885-1902: REXENCIA DE MARÍA CRISTINA.

B) CRISE E DESCOMPOSICIÓN

1902-1923: PARTE DO REINADO DE ALFONSO XIII.

REINADO DE ALFONSO XII. INSTALACIÓN DO SISTEMA CANOVISTA

A Primeira República remata definitivamente co pronunciamento de Martínez Campos en decembro do 1874. Nadie se opón e é proclamado rei Alfonso XII, en xaneiro de 1875.
O éxito da seu regreso débese a:
  • -a pacificación do reino. Acaba coas guerras carlista e cubana. Ademáis a burguesía quería orde e estabilidade.
O reinado caracterizase por:
  • A pacificación.
  • A eliminación dos privilexios forais vascos: quedan sometidos á lei común e polos concertos ecónomicos na recadación de impostos.
  • A instalación do sistema canovista, é dicir, dunhas novas bases políticas. Este sistema constaba dos seguintes elementos:
    1.  Unha nova constitución, a de 1876. Una constitución que establece unha monarquía constitucional conservadora, que lle concede ó rei amplos poderes (comparte soberanía, nomea xefe de goberno, ten iniciativa lexislativa, ten a xefatura do exército e ten veto), e a relixión católica como a oficial. Unha constitución flexible que permitirá gobernar a conservadores e liberais.
    2.  A alternancia ou turnismo entre os dous grandes partidos: o Conservador (de Cánovas) e o Liberal (de Sagasta).
    3.  A actuación do rei como árbitro entres os dous partidos. O que goberna ten que ter a confianza do rei, é dicir, ser nomeado xefe de goberno. Este logo convoca eleccións, que ten que gañar, para ter a confianza do Parlamento. Para gañar as eleccións hai que recurrir ó fraude electoral e á intervención dos caciques. Cando o que goberna ten unha crise, o rei o cesa e se inicia o proceso.
    4. A imposición do centralismo. O goberno nomea os alcaldes.
    5. A subordinación dos militares ó poder político.

    REXENCIA DE MARÍA CRISTINA: 1885-1902

    En 1885 morre Alfonso XII. María Cristina está embarazada e Cánovas e Sagasta deciden esperar para proclamar herdeiro (Pacto do Pardo) e manter o turnismo. En 1886 nace Alfonso XIII.

    Durante este período:
    - Consolídase a alternancia entre os dous partidos.
    - Introdúcense reformas liberais con Sagasta que amplían os dereitos e liberdades: lei de asociación (1887), lei do xurado (1888) e sufraxio universal masculino (1890).
    -Desenvolvense as organizacións oberiras, partidos socialistas (PSOE, UGT), anarquistas e movementos nacionalistas, pero sempre vixiados e reprimidos para evitar o seu crecemento e que desestabilicen o sistema.
    - O final do período vendrá marcado polo desastre do 98. Desde 1895 se inicia a guerra en Cuba e Filipinas. En 1898 entra na guerra Estados Unidos (afundimento do navío Maine en Cuba), e temos que firmar a Paz de París de 1898, polo que perdemos o último do noso imperio colonial. Se inicia unha etapa de desencanto e frustración e de rexeneracionismo, para intentar mellorar o sistema. Nesta corrente rexeneracionista destaca Joaquín Costa.

    REINADO CONSTITUCIONAL DE ALFONSO XIII, PERÍODO DE 1902 A 1923

    Coa chegada de Alfonso XIII pensouse que podría rexenerarse o sistema da restauración, pero non será posible rexenerar polos seguintes elementos:
    • - Unha constante intervención do rei non asuntos políticos (as veces el causa crises) e na defensa que fai dos militares.
    • - Progresiva fragmentación dos partidos dinásticos (conservador e liberal), que non teñen un líder claro e cando o teñen, as súas políticas fracasarán. Destacarán Antonio Maura no partido Conservador e José Canalejas no Liberal.
    • - Un aumento das forzas de oposición: republicanos e socialistas aumentan o número de votos (o PSOE consigue o primerio diputado en 1910, Pablo Iglesias). Crecen tamén os movementos nacionalistas: O PNV vasco, e a Lliga regionalista de Calatuña. Ambos logran grandes triunfos nas eleccións. Tamén se deben destacar o aumento dos atentados anarquistas (asesinatos de Canalejas e E. Dato).
    • - A maior presencia e presión dos militares sobre a vida política e social. A pesar das súas derrotas preséntanse como os únicos que poden resolver os problemas de España. Ademáis os políticos os necesitan para sofocar as folgas e ceden ás súas presións.
    • - Un aumento da conflictividade social e política: o desenrolo da industrialización, a pobreza, as malas condicións de vida, favorecen a aparición de folgas que o goberno soluciona coa represión: 
                       - a folga da Semana Tráxica de Barcelona de julio de 1909: provocada polo envío de tropas para África (mal preparadas e armadas) que desencadena un forte descontento popular e anticlericalismo. O goberno contestou con unha gran represión.
                     - a crise xeral de 1917: prodúcese una crise militar, á que o goberno cede en parte; una crise política provocada polos nacionalistas cataláns que convocaron unha reunión de parlamentarios en Barcelona para forzar a convocatoria de unhas cortes constituientes; e unha crise social provocada pola convotaria de folga xeral por parte de UGT e CNT. Estas dúas crises son contestadas cunha gras represión polo goberno.

    Desde 1918 a vida da Restauración e moi conflictiva:
    • - aumenta a inestabilidade do goberno (os partidos dinásticos non teñen maiorías e son moi inestables, e os gobernos de concentración que se fan non aguantan moitos meses).
    • - Aumenta a presión do nacionalismo que esixe máis descentralización.
    • - Aumenta a conflictividade social hai máis folgas e desencadénase o fenómeno do pistolerismo en Cataluña.
    • - Prodúcese a crise de Annual. En 1921, as tropas españolas en África dirixidas polo xeneral Silvestre son derrotadas polas marroquíes dirixidas por Abd-el-Krim, causando uns 13000 mortos. Este desastre provocou unha forte crítica por parte da oposición e da opinión pública, que esixiron responsabilidades. Puxose de manifesto a mala actuación de políticos e militares e incluso a do rei, Alfonso XIII.
    En 1923, as críticas aumentaban e a Restauración tiña que comenzar o camiño cara a democracia, pero en setembro de 1923 o xeneral Miguel Primo de Rivera dou un golpe de estado, que a penas tivo oposición e o rei nomeono xefe de goberno. Acabou o réxime da Restauración e a oligarquía dominante manten, cos militares no goberno, o control político e social.

    domingo, 7 de marzo de 2010

    EXPANSIÓN COLONIAL E IMPERIALISMO


    EXPANSIÓN COLONIAL E IMPERIALISMO

    1. CONCEPTOS

    Os conceptos de colonialismo e imperialismo úsanse, ás veces,  como sinónimos pero podemos establecer algunha diferencia.

    O térmo colonialismo alude ás primeiras fases da expansión europea, durante os séculos XVI, XVII e XVIII. As metrópolis controlaron unha serie de territorios, explotados económicamente, alentaron relaciones de subordinación cos pobos autóctonos da zona, ós que impuxeron as súas estructuras e formas de vida.
    O termo imperialismo fai referencia á actitude, doutrina ou acción que conduce ó dominio dun estado sobre outro uo otros mediante o emprego da forza militar, económica ou política.

    1. O REPARTO DO MUNDO

    O proceso foi iniciado por Gran Bretaña e Francia, pero a partir de 1870 sumáronse más países ó proceso de conquista.

    Un dos lugares de interés especial foi Africa. Para regularizar a ocupación e evitar os enfrontamentos Alemania (Bismarck) convocuo unha Conferencia internacional en Berlín en 1885. Alí acordaron os seguintes criterios que debían rexer a colonización:

    -          Unicamente a posesión da costa da dereito a ocupar o interior.
    -          Para posuir un territorio hai que ocupalo efectivamente.
    -          A navegación dos ríos Congo e Nixer é libre.
    -          O territorio do Congo é unha posesión persoal do rei belga Leopoldo II, pero hai leberdade de comercio na zona.

    A partir dese momento comenzou a gran carreira colonial.

    1. CAUSAS DA EXPANSIÓN COLONIAL

    ECONÓMICAS:
                Os países idustrializados, impulsados pola revolución industrial e o capitalismo necesitaban: máis materias primas (algodón, caucho, diamantes), alimentos, mercados onde vender o que producen, lugares de inversión.

    POLÍTICAS:
                A idea de ser unha gran potencia.

    DEMOGRÁFICAS E SOCIAIS:
                Lugares onde asentar unha poboación que crece moi fore. Mellorar as condicións de vida.

    IDEOLÓXICAS:
                En parte relacionadas coa idea da superioridade da raza branca e de levar a civilización ó resto dos pobos. Tamén o interés científico.

    1. CONSECUENCIAS DA COLONIZACIÓN

                PARA AS METRÓPOLIS, en xeral son positivas.

                PARA AS COLONIAS:
                            NEGATIVAS: conquista, masacres, desprezo cultural e étnico, pérdida de materias primas e capitais, desenrolo en función das metrópolis…
                            POSITIVAS: novas corrrentes ideológicas, avances médicos…