A DITADURA DE PRIMO DE RIVERA E A FIN DA MONARQUÍA DE ALFONSO XIII
INICIO: O 13 de setembro de 1923 o xeneral Miguel Primo de Rivera da un golpe de estado que acaba co réxime da Restauración.
XUSTIFICACIÓN DO GOLPE:
- Inestabilidade e incapacidade dos gobernos liberais.
- Os fracasos militares en África (Annual).
- Os ataques ó Rey.
- O aumento da conflitividade social (pistolerismo).
- O temor a que o sistema se democratizase.
Inicialmente contou co apoio do Rey e do pobo, porque se presentaba como unha medida excepcional e transitoria.
As súas medidas populistas e autoritarias tiveron certo éxito, pero non acabaron cos problemas.
EVOLUCIÓN:
1ª ETAPA: 1923-25, DIRECTORIO MILITAR: É un goberno só de militares. As principais accións son:
- Suspendeu a Constitución e as Cortes foron pechadas.
- Intentou solucionar o problema de orde público: forte represión coa Garda Civil e o Somatén (paisanos armados que colaboran cos militares).
- Eliminar o caciquismo. Pero só cambiou os vellos caciques por xente nova afín á Unión Patriótica (proxecto de partido político de apoio ó réxime).
- En Marruecos consegue un éxito e pacifica a zona co desembarco de Alhucemas (1925).
2ª ETAPA: 1926-30, DIRECTORIO CIVIL. Goberno de militares e civiles.
Intentou institucionalizar o réxime pero foi quedando sen apoios e terá que dimitir.
O labor máis importante foi o forte desenrolo da economía, que axudou a sustentar ó réxime. As medidas máis destacadas foron:
- Forte proteccionismo.
- Desenrolo de monopolios: teléfonos (ITT), combustibles (CAMPSA).
- Grandes obras públicas: tren, estradas, embalses para agricultura e electricidade.
- Desenrolo de novos sectores: automóbil, eléctrico, químico, etc.
CAÍDA: O aumento da oposición, a falta de apoio dos militares e os problemas económicos levan a Primo de Rivera a presentar a dimisión en xaneiro de 1930.
FÍN DA MONARQUÍA DE ALFONSO XIII
Alfonso XIII nomeou xefe de goberno ó xeneral Dámaso Berenguer (a ditabranda) coa idea de volver ó réxime da Restauración. Pero pouco a pouco aumentou a oposición. Os nacionalistas, republicanos e socialistas firman o Pacto de San Sebastián, comprometéndose a derrocar a monarquía e establecer a república. Hai algúns intentos de proclamar a república (Jaca e Madrid), pero sen éxito.
A falta de apoio e a incapacidad de xestionar os problemas provocan a caída de Berenguer.
Forma goberno o almirante Juan B. Aznar. Convocou eleccións municipais para o 12 de abril de 1931 coa intención de que os partidos monárquicos tivesen un bo resultado.
O 14 de abril de 1931 os resultados daban a victoria os partidos republicanos nas grandes ciudades e así comezou a proclamarse a républica e Alfonso XIII abandonou España.