Pintor xenial que non pode ser encadrado nun determinado estilo artístico. A súa formación inicial é de corte académica, neoclásica, para despois pasar a un estilo personal e innovador.
Goya empeza pintando cartóns para facer tapices. Son obras de carácter costumista. Entre elas destaca: El parasol, A pita cega, A vendimia.



Como pintor de cámara de Carlos IV pintou multitude de retratos da familia real e de personaxes contemporáneos: Jovellanos, La condesa de Chinchón, La familia de Carlos IV. Tamén destacan as famosas Maja vestida e A maja espida.




Tamén pinta cuadros de temática histórica relacionados coa Guerra de Independencia: A carga dos mamelucos, Os fusilamentos do 3 de maio, e a seríe de gravados: os desastres da guerra.




A xordeira fixo que se retirará e na quinta do xordo pintou unha seríe de obras coñecidas como As pinturas negras: Saturno devorando ó seu fillo, Dous vellos comendo sopa, O aquelarre… Son características as cores oscuras e os temas case macabros.



Exiliado en Francia a partir de 1824, alí pintou a súa derradeira obra, A leiteira de Burdeos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario