martes, 25 de mayo de 2010

A DITADURA DE PRIMO DE RIVERA E A FIN DA MONARQUÍA DE ALFONSO XIII



A DITADURA DE PRIMO DE RIVERA E A FIN DA MONARQUÍA DE ALFONSO XIII
INICIO: O 13 de setembro de 1923 o xeneral Miguel Primo de Rivera da un golpe de estado que acaba co réxime da Restauración.
XUSTIFICACIÓN DO GOLPE:
-     Inestabilidade e incapacidade dos gobernos liberais.
-     Os fracasos militares en África (Annual).
-     Os ataques ó Rey.
-     O aumento da conflitividade social (pistolerismo).
-     O temor a que o sistema se democratizase.
         Inicialmente contou co apoio do Rey e do pobo, porque se presentaba como unha medida excepcional e transitoria.
         As súas medidas populistas e autoritarias tiveron certo éxito, pero non acabaron cos problemas.
EVOLUCIÓN:
1ª ETAPA: 1923-25, DIRECTORIO MILITAR: É un goberno só de militares. As principais accións son:
-          Suspendeu a Constitución e as Cortes foron pechadas.
-          Intentou solucionar o problema de orde público: forte represión coa Garda Civil e o Somatén (paisanos armados que colaboran cos militares).
-          Eliminar o caciquismo. Pero só cambiou os vellos caciques por xente nova afín á Unión Patriótica (proxecto de partido político de apoio ó réxime).
-          En Marruecos consegue un éxito e pacifica a zona co desembarco de Alhucemas (1925).

2ª ETAPA: 1926-30, DIRECTORIO CIVIL. Goberno de militares e civiles.
         Intentou institucionalizar o réxime pero foi quedando sen apoios e terá que dimitir.
         O labor máis importante foi o forte desenrolo da economía, que axudou a sustentar ó réxime. As medidas máis destacadas foron:
-          Forte proteccionismo.
-          Desenrolo de monopolios: teléfonos (ITT), combustibles (CAMPSA).
-          Grandes obras públicas: tren, estradas, embalses para agricultura e electricidade.
-          Desenrolo de novos sectores: automóbil, eléctrico, químico, etc.

CAÍDA: O aumento da oposición, a falta de apoio dos militares e os problemas económicos levan a Primo de Rivera a presentar a dimisión en xaneiro de 1930.

FÍN DA MONARQUÍA DE ALFONSO XIII
         Alfonso XIII nomeou xefe de goberno ó xeneral Dámaso Berenguer (a ditabranda) coa idea de volver ó réxime da Restauración. Pero pouco a pouco aumentou a oposición. Os nacionalistas, republicanos e socialistas firman o Pacto de San Sebastián, comprometéndose a derrocar a monarquía e establecer a república. Hai algúns intentos de proclamar a república  (Jaca e Madrid), pero sen éxito.
A falta de apoio e a incapacidad de xestionar os problemas provocan a caída de Berenguer.
         Forma goberno o almirante Juan B. Aznar. Convocou eleccións municipais para o 12 de abril de 1931 coa intención de que os partidos monárquicos tivesen un bo resultado.
         O 14 de abril de 1931 os resultados daban a victoria os partidos republicanos nas grandes ciudades e así comezou a proclamarse a républica e Alfonso XIII abandonou España.

        

No hay comentarios:

Publicar un comentario