lunes, 5 de octubre de 2009

A GALICIA BORBÓNICA NO SÉCULO XVIII

A GALICIA BORBÓNICA NO SÉCULO XVIII
PRINCIPAIS REALIZACIÓNS DOS BORBÓN EN GALICIA

Entre as principais realizacións destacamos:

A creación da INTENDENCIA do Reino de Galicia, establecida por Felipe V, para o abastecemento do exército, mellorar as fortificacións, etc.

O reforzamento das defensas costeiras.

A construcción do asteleiro e arsenal de Ferrol, a partir de 1746 con Fernando VI.

O establecemento do servizo de correos marítimo con América e a autorización ó porto da Coruña para comerciar directamente con América.

ATAQUES INGLESES ÁS COSTAS DE GALICIA

Durante o XVIII continuaron os ataques as costas galegas destacando:

Ataque anglo-holandés a Vigo en 1702. Vigo foi tomada e enfrontáronse en Rande sendo afundidos varios navíos españoles.

En 1719, como resposta a un intento de invasión de Escocia, os ingleses atacaron varios portos, desde Ribadeo a Fisterra.

Varios ataques a Ferrol coa intención de tomar o arsenal, sempre rexeitados.

FIDALGOS E COMERCIANTES

Os fidalgos
foron o grupo dominante que controlaba o poder municipal e xudicial. A súa fonte de riqueza era o cobro das rendas dos foros, actuando de intermediarios entre os propietarios das terras e os foreiros. O pazo era o símbolo do seu estatus.

Os comerciantes aumentaron a súa forza e o seu número gracias ós beneficios do comercio con América. Destacamos a Antonio Raimundo Ibáñez impulsor das Reais Fábricas de Sargadelos e ós comerciantes cataláns que introduciron novas técnicas de pesca e salgadura da sardiña.

A ILUSTRACIÓN EN GALICIA

A difusión das ideas ilustradas débese a eclesiásticos como Feixoo e Sarmiento e a fidalgos como Cornide.
Trazos do seu pensamento son:
Propostas de tipo moderado que se centran no crítica e abusos dos privilexiados.
As medidas eran: melloras na agricultura e gandería, na producción artesanal, etc.
Tamén se crearon diversas institución ilustradas como: O Real Consulado establecido na Coruña en 1785 e a Sociedade Económica de Amigos de País de Santiago e Lugo.

viernes, 2 de octubre de 2009

OS PRIMEIROS MONARCAS BORBÓN EN ESPAÑA



OS PRIMEIROS MONARCAS BORBÓN EN ESPAÑA


A CHEGADA DOS BORBÓN

No século XVIII chega a España a dinastía dos Borbón que sustitue á dos Austrias.

En 1700 morreu sen fillos Carlos II de Austria. As autoridades españolas proclamaron rei a Felipe d´Anjou (da casa Borbón de Francia) co nome de Felipe V.

Algúns países europeos e a Coroa de Aragón non o aceptan e prefiren ao arquiduque Carlos de Habsburgo.

Iniciose unha guerra, chamada guerra de Sucesión que vai de 1700 a 1715. Esta guerra remata nos tratados de Utrech (1713) e de Rastadt (1714). Nestos tratados acordan:

- Felipe V rei de España e América, pero non podría unir o reino de Francia.

- Austria recibe de España: Milán, Nápoles, Flandes, Sardeña…

- Saboia recibe Sicilia.

- Inglaterra recibe Xibraltar e Menorca e o permiso para comerciar e o monopolio de comercio de esclavos con América.




REIS DA CASA BORBÓN NO SÉCULO XVIII





AS REFORMAS DOS BORBÓN


FELIPE V (1700-1746)


Os reis Borbón van a facer unhas reformas para centralizar e uniformizar o reino e aumentar o seu poder absoluto.

As principias reformas son:

Abolición dos privilexios forais dos reinos de Aragón. Felipe V cando conquista estos territorios, e como castigo, eliminañe os privilexios e instituicións propias. Faino a través das leis coñecidas como Decretos de Nova Pranta (Aragón 1707, Mallorca 1715 e Cataluña 1716).

Reorganización e centralización administrativa: Reduce o número de Consellos e potencia as Secretarias de despacho (ministerios), crea intendentes, etc.

Intentou recuperar os territorios perdidos en Italia: recuperou Nápoles e Sicilia (para Carlos) e os ducados de Parma, Plasencia e Guastalla (para Felipe).



FERNANDO VI (1746-1759)


Buscou a paz e a neutralidade para

Potenciar e economía interna: melloras na facenda, comercio, armada, etc.

Intentou aumentar o seu poder subordinando a Igrexa. En 1753 firma un Concordato con Roma que lle da o dereito a presentar os candidatos a obispo.


CARLOS III (1759-1788)


Durante o seu reinado aumentan as reformas xa que é un rei ben preparado e contou coa colaboración de persoas con formación ilustrada. Entre as súas reformas destacamos:

a) No referente ó fortalecemento do estado: Aumentar os poderes do rei, aumentar a administración, mellorar os concellos, máis tribunais de xustiza, bandeira para a monarquía.

b) No referente á agricultura, buscando aumentar a producción. Limitar os privilexios da Mesta, impulsar a colonización de novas terras (Serra Morena, Olavide), construcción dalgunha infraestructura de regadío, impulsar os programas de Reforma Agraria (1) para aumentar os propietarios e arrendatarios. Entre estes programas destacamos os de Campomanes, Olavide e Jovellanos.

c) En canto ó comercio: Crear mercados de bens e capitais fomentando o transporte e a libre circulación de mercadorías (libre circulación de gran en 1765, fin do monopolio comercial de Cádiz con América, creación do banco de S. Carlos en 1782). Fomento para a creación de compañía comerciais privilexiadas cunha zona e cun producto.

d) No referente á industria: Apoiar a actividade industrial liberalizando o proceso de fabricación que ós gremios), establecendo aranceis e asinando tratados comerciais para defender a industria nacional. Un dos esforzos máis interesantes foi o apoio ás Sociedades Económicas de Amigos do País; a primeira foi fundada polo conde de Peñaflorida no 1765 coa intención de fomentar a agricultura, industria e comercio. Potenciar a industria do campesino (a tempo parcial). Defender o valor do traballo artesanal (que e compatible coa nobreza).

e) Reformas educativas: Defenderon os ilustrados a necesidade dunha ensinanza útil e práctica. En consecuencia adoptaron unha serie de iniciativas entre as que destacamos: creación das Reais Academias, paso das universidades á xurisdicción real, apoio ós manteistas (universitarios non privilexiados) en detrimento dos colexiais, creación dos Estudios de S. Isidro con plans modernos de ensinanza, fundación de novas institucións culturais e científicas (Jardín Botánico).

f) Política regalista coa Igrexa: pretende o control e sometemento da igrexa ó Estado. Esta política implica: restricción dos dereitos temporais do clero, freo á Inquisición, expulsión dos Xesuítas en 1767.

DIFICULTADES DAS REFORMAS DE CARLOS III


As reformas plantexadas chocaron coa oposición das clases populares por ignorancia e dos privilexiados que non querían perder os privilexios.

Un exemplo desa oposición foi o Motín de Esquilache de 1766. Carlos III chegou a España con asesores extranxeiros e comenzou a facer reformas. Unha desas foi a proposta de Esquilache de suprimir capas longas e sombreiros de aba ancha. A xente descontenta pola subida dos alimentos e movida polos privilexiados comezou a facer tumultos. Así Carlos III tivo que parar as reformas e prescindir dos asesores extranxeiros.

Pese a eso, Carlos III, en 1767, decretou a expulsión dos Xesuitas, por non someterse ó poder do rei (problema do 4 voto –obediencia ó Papa-) e ser promotores dos motíns. Despois continuaron as reformas, pero sempre lentas e sen profundizar.


ENFRONTAMENTOS CON INGLATERRA

Veñen dados ás rivalidades comercias e á posesión de Xibraltar e Menorca. Temos dúas guerras. A Guerra dos Sete Anos (1756-63), na que perdemos e entregamos Florida e a guerra de Independencia norteamericana; a derrota de Inglaterra nos permite recuperar Menorca e Florida.



(1) Campomanes: “Tratado de la regalía de la amortización”, 1765 y “Memorial ajustado del Expediente para una Ley Agraria” ,1795. Olavide: “Expediente de Ley Agraria”, 1784. Jovellanos: “Informe sobre la ley agraria”.



O DESPOTISMO ILUSTRADO

O DESPOTISMO ILUSTRADO

Definición: é o sistema político que combina o absolutismo coas ideas reformistas da Ilustración.


OS MONARCAS ILUSTRADOS

O reis que desenvolveron reformas inspiradas na ilustración foron chamados monarcas ilustrados ou déspotas ilustrados.

Os déspotas ilustrados mantiñan o poder absoluto, pero empregaron o poder para engrandecer á monarquía e dar benestar á población. Impulsaron reformas para ter reinos máis ricos e lograr a felicidade do pobo.

O lema era: todo para o pobo, pero sen o pobo”.

Onde máis destacan estos déspotas ilustrados é en países máis atrasados: Federico II de Prusia, Carlos III de España, Catalina II de Rusia.


AS REFORMAS DO DESPOTISMO ILUSTRADO

As reformas teñen dous grandes campos: mellorar a administración e potenciar a economía.


REFORMAS PARA MELLORAR A ADMINISTRACIÓN

Aumentar os funcionarios e mellorar a súa preparación.

Racionalizar, simplificar e modernizar institucións.

Subordinar á Igrexa.


REFORMAS PARA POTENCIAR A ECONOMIA

Reformas na educación: potenciar o estudio, novos plans de estudio, preocupación polas ciencias, creación de universidades e academias.

Limitar os privilexios.

Defender o valor do traballo.

Potenciar a creación sociedades económicas.

Mellorar o comercio: crear mercados, mellorar as carreteras e portos…

Crear fábricas e manufacturas.

Mellorar os sistemas de cultivo, colonizar novos terras…


AS RELACIÓNS INTERNACIONAIS: O EQUILIBRIO EUROPEO


No século XVIII imponse o modelo de equilibrio entre as grandes potencias (Inglaterra, Austria, Prusia, Rusia, España, Francia) para evitar as guerras.

Este equilibrio se consegue a partir de varios tratados (Utrech, 1713) que distribuen os territorios europeos entre varios países, evitando a existencia de superpotencias. Así o número de guerras se reduce, aínda que haberá alguns enfrentamentos en Europa e nas colonias.

A gran beneficiada desta política será Inglaterra que consigue o control dos mares e amplía o seu imperio colonial.

A gran perjudicada será Polonía que foi repartida entre os veciños.

miércoles, 30 de septiembre de 2009

A ILUSTRACIÓN

A ILUSTRACIÓN

A Ilustración é un movemento que se desenvolveu en Europa no século XVIII. O seu obxectivo fundamental era iluminar coas luces da razón todos os problemas da sociedade, acabando coa ignorancia, superstición e erros da tradición.

O PENSAMENTO ILUSTRADO

A idea do pensador ilustrado é aplicar a razón para coñecer a natureza, resolver os problemas e mellorar a sociedade.

A actuación do ilustrado parte da crítica da situación na que se vivía, elaborando propostas de cambio.

As reformas alcanzaban todos os ámbitos: é o reformismo ilustrado.

TENDENCIAS DA ILUSTRACIÓN

A ilustración presenta 2 grandes variantes:

ILUSTRADOS MODERADOS

Aceptan a estructura social e política, pero critican os abusos e privilexios de nobres e eclesiásticos.

Propoñen reformas de carácter práctico para mellorar ás clases populares.

Aceptan os principios relixiosos , pero rexeitan a superstición, os abusos e tradicións falsas.

ILUSTRADOS RADICAIS

Queren transformar as bases do sistema, eliminar os privilexios, propoñen modelos alternativos que limitan o poder do rey.

Propoñen reformas e elaboran reflexións teóricas sobre os principios da economía.

Critican as crenzas relixiosas tradicionais. Uns defenden un deísmo natural (Voltaire, Rousseau), outros son agnósticos.

MEDIOS DE DIFUSIÓN DA ILUSTRACIÓN

A burguesía acolleu moi ben a Ilustración e colaborou na súa difusión a través de:

A ENCICLOPEDIA francesa (Diccionario razoado das ciencias, as artes e os oficios). Obra de 17 volumes de texto e 11 de ilustración. Recolle o substancial do pensamento ilustrado. Publicada entre 1751 e 1772. Participan: Diderot, Voltaire, Montesquieu, D´Alambert.

Os salóns, lugares onde se reunían nobres e burgueses e discutían as novas ideas.

As sociedades e academias fundadas polos monarcas ilustrados para fomentar a ciencia e divulgar as reformas (Sociedades Económicas de Amigos do País, Reales Academias…).

SÍNTOMAS E PROPOSTAS DE CAMBIO

AS NOVAS PROPOSTAS POLÍTICAS E ECONÓMICAS

Ó longo do século XVII diversos pensadores reflexionaron sobre as características do poder político e os principios do desenvolvemento económico.

As súas reflexións tiveron como modelo o réxime parlamentario inglés e as ideas de John Locke.

John Locke defendía que o poder político debía basearse na existencia dun pacto entre gobernantes e gobernados; o pobo delega o poder nos gobernantes, pero estos sometense ás leis do Parlamento e deben defender os dereitos dos gobernados.

Outros pensadores son:

Charles de Secondant, Barón de Montesquieu. Defende a idea da separación de poderes. Para el o poder non debía estar concentrado nunha persoa, senon repartido e limitado. Distinguía tres poderes:

Executivo: que executa ou fai que se cumpran as leis. En mans do goberno.

Lexislativo: que elabora as leis. En mans do Parlamento, Cortes, etc.

Xudicial: sanciona o incumprimento das leis. En mans dos tribunais e xuices.

Entre os tres poderes debe existir un equilibrio e control.

Obra principal: O espíritu das leis. 1748.

TEXTO

“En cada Estado hay tres clases de poderes: el legislativo, el ejecutivo de las cosas pertenecientes al derecho de gentes, y el ejecutivo de las que pertenecen al civil.
Por el primero, el príncipe o el magistrado hace las leyes para cierto tiempo o para siempre, y corrige o deroga las que están hechas. Por el segundo, hace la paz o la guerra, envía o recibe embajadores, establece la seguridad y previene las invasiones; y por el tercero, castiga los crímenes o decide las contiendas de los particulares. Este último se llamará poder judicial; y el otro, simplemente, poder ejecutivo del Estado (...).
Cuando los poderes legislativo y ejecutivo se hallan reunidos en una misma persona o corporación, entonces no hay libertad, porque es de temer que el monarca o el senado hagan leyes tiránicas para ejecutarlas del mismo modo. Así sucede también cuando el poder judicial no está separado del poder legislativo y del ejecutivo. Estando unido al primero, el imperio sobre la vida y la libertad de los ciudadanos sería arbitrario, por ser uno mismo el juez y el legislador y, estando unido al segundo, sería tiránico, por cuanto gozaría el juez de la fuerza misma que un agresor. En el Estado en que un hombre solo, o una sola corporación de próceres, o de nobles, o del pueblo administrase los tres poderes, y tuviese la facultad de hacer las leyes, de ejecutar las resoluciones públicas y de juzgar los crímenes y contiendas de los particulares, todo se perdería enteramente.”

Montesquieu. El espíritu de las leyes. 1748.

Jean Jacques Rousseau. Considera que a orixe do poder político e un pacto ou contrato social realizado entre todos os individuos de unha comunidade. Os individuos ceden parte dos seus dereitos á comunidade, pero conservan outra parte, polo que manteñen a liberdade, o dereito a participar nos asuntos públicos, etc. O goberno debe ser controlado pola comunidade e as leis deben ser expresión da vontade xeral (soberanía popular).

Obra principal: O contrato social. 1762.

TEXTO

“O esencial do pacto social redúcese aos seguintes termos: cada un de nós por en común a súa persoa e todo o seu poder baixo a suprema dirección da vontade xeral, e cada un de nós recibe corporativamente a cada membro como parte indivisible do todo. (…) A soberanía é o exercicio da vontade xeral e non pode allearse. (…)

¿Que é, polo tanto, o gobernó? Un corpo intermdedio establecido entre os súbditos e o Soberano para a súa mutua correspondencia (…). Porque, no instante en que o gobernó usurpaa soberanía, o pacto social queda roto”.

Jean Jacques Rousseau: O contrato social. 1762.

Adam Smith. Defendía que as actividades económicas debían basearse na liberdade e no interese individual e que o mercado debía basearse no libre xogo da oferta e da demanda. Pensaba que o estado non debía intervir, so tiña que defender a sociedade, manter a seguridade e garantizar a liberdade de concurrencia.

Obra principal: Investigacións sobre a natureza e causas da riqueza das nacións. 1776

Estas ideas e propostas desembocarán no LIBERALISMO.

AS ASPIRACIÓNS BURGUESAS

Os grupos burgueses foron aumentando a súa riqueza durante o Antigo Réxime, gracias ás actividades comercias e administrativas, pero non tiñan influencia social e política. Por eso quería cambiar esa situación e foron aceptando e apoiando as novas ideas dos pensadores críticos co Antigo Réxime.

A ansia de reformas da burguesía, as poucas reformas que se facían e o sentimento de explotación fovorecían a aparición de conflitos cada vez máis fortes.

lunes, 28 de septiembre de 2009

MONARQUÍA ABSOLUTA E RÉXIME SEÑORIAL

MONARQUÍA ABSOLUTA E RÉXIME SEÑORIAL

MONARQUÍA
A idea da monarquía é a de construir unha monarquía ABSOLUTA.

Esta idea xustificase na teoría da orixe divina do poder. As teorías medievais do dereito divino supoñían o poder dividido, por voluntad de Deus, en dous grandes brazos: o espiritual e o temporal. A igrexa, á súa cabeza o pontífice de Roma, reservabase a potestade sobre os asuntos espirituais, mientras que o poder temporal era exercido por otras institucións encabezadas polo rei.

Así a SOBERANÍA ten que estar en mans do rei.

O rei actúa como señor e propietario e intenta gobernar sen limitacións, concentrando na súa man os poderes:

Executivos

Lexislativos

Xudiciais

intenta subordinar o poder da Igrexa

ten o mando supremo do exército.

Exemplos de monarcas absolutos:

Luis XIV de Francia, el Rey Sol: ”el estado soy yo”.

Felipe V de España.

TEXTO

“La soberanía es el poder absoluto y perpetuo de la República (...). La soberanía no es limitada, ni en poder, ni en responsabilidad, ni en tiempo (...). es necesario que quienes son soberanos no estén de ningún modo sometidos al imperio de otro y puedan dar ley a los súbditos y anular o enmendar las leyes inútiles (...). Dado que, después de Dios, nada hay mayor sobre la tierra que los príncipes soberanos, instituidos per Él como sus lugartenientes para mandar a los demás hombres, es preciso prestar atención a su condición para, así, respetar y reverenciar su majestad con la sumisión debida, y pensar y hablar de ellos dignamente, ya que quien menosprecia a su príncipe soberano menosprecia a Dios, del cual es su imagen sobre la tierra.”

Jean Bodin. Los seis libros de la República. 1576.

TEXTO

“Dios establece a los reyes como sus ministros y reina a través de ellos sobre los pueblos (...) Los príncipes actúan, pues, como ministros de Dios y son sus representantes en la Tierra. Por esto, el trono real no es el trono de un hombre sino el trono de Dios mismo. Así, la persona de los reyes es sagrada y atentar contra ellos es un sacrilegio. Se debe obedecer a los príncipes por principio de religión y de conciencia. El servicio de Dios y el respeto por los reyes son cosas unidas (...) Dios ha puesto en los príncipes algo divino.”

(Obispo Jacques Bossuet, pensador francés del siglo XVII, Discurso sobre la historia universal.)

RÉXIME SEÑORIAL

Todas as terras e persoas están integradas en SEÑORÍOS.

O SEÑORÍO pertence a ó Rei, un nobre o un membro do clero.

O señor no seu señorío pode:

Exercer a xustiza.

Nomear autoridades.

Impoñer penas, castigos, taxas, e corveas (traballos gratuitos).

Teñen privilexios e monopolios (caza, pesca, forno, muiño…).

Hai dous tipos de señorío:

O territorial: ten a súa base na propiedade da terra.

O xurisdiccional: ten a súa base no cobro de dereitos xurisdiccionais cedidos polo rei.

A SOCIEDADE DO ANTIGO RÉXIME

A SOCIEDADE ESTAMENTAL
Esta sociedade está dividida en 3 ORDES ou estamentos

O CLERO: Os “oratores”. Está formado polo clero secular e o clero regular. A súa misión e a defensa espiritual da sociedade.
  • Clero secular: É o que vive no século, é dicir, dentro da sociedade dos homes e administra os sacramentos. A súa organización parte do Papa.
  • Clero regular: É o que vive sometido a unha regra. Está sometido ós votos monásticos: pobreza, castidade e obediencia.
Recibían importantes rentas en forma de diezmos, donacións e limosnas.

A NOBREZA: Os “bellatores”. Formado pola monarquía e os nobres. A súa misión é a defensa material da sociedade.
Os nobres son propietarios de grandes latifundios. Hai grandes diferencias entre a alta, media e baixa nobreza (os fidalgos)

O CAMPESINADO: Os “laboratores”. Esta formado por campesinos, clases urbanas e burguesía. A súa misión e a manter a toda a sociedade.
O campesinado tamén é chamado estado llano, pecheros (porque pagan os pechos ou impostos) ou terceiro estado.


TEXTO

El orden eclesiástico no compone sino un sólo cuerpo. En cambio la sociedad está dividida en tres órdenes. Aparte del ya citado, la ley reconoce otras dos condiciones: el noble y el siervo que no se rigen por la misma ley. Los nobles son los guerreros, los protectores de las iglesias. Defienden a todo el pueblo, a los grandes lo mismo que a los pequeños y al mismo tiempo se protegen a ellos mismos. La otra clase es la de los siervos. Esta raza de desgraciados no posee nada sin sufrimiento. Provisiones y vestidos son suministradas a todos por ellos, pues los hombres libres no pueden valerse sin ellos. Así pues la ciudad de Dios que es tenida como una, en realidad es triple. Unos rezan, otros luchan y otros trabajan. Los tres órdenes viven juntos y no sufrirían una separación. Los servicios de cada uno de estos órdenes permite los trabajos de los otros dos. Y cada uno a su vez presta apoyo a los demás. Mientras esta ley ha estado en vigor el mundo ha estado en paz. Pero, ahora, las leyes se debilitan y toda paz desaparece. Cambian las costumbres de los hombres y cambia también la división de la sociedad.

ADALBERON DE LAON, "Carmen ad Robertum regem francorum" (a.998).
Recoge. M. Artola, "Textos fundamentales para la Historia", Madrid, 1968, p. 70.


PIRÁMIDE FEUDAL




CARACTERÍSTICAS

O CRITERIO DE CLASIFICACIÓN É O NACEMENTO E O HONOR.

É UNHA SOCIEDADE INMOBIL. NON SE PODE CAMBIAR DE ESTAMENTO.

Un membro do terceiro estado podía ser ennobrecido (nobreza de toga) se lle facía algún “favor” á monarquía”.

CADA ESTAMENTO TEN A SÚA LEXISLACIÓN.

Leis moi duras que favorecían á nobreza e clero

A NOBREZA E CLERO TEÑEN PRIVILEXIOS.

Os privilexios son: -non pagar impostos. –Ocupar cargos públicos. Impoñer taxas e traballos nos señoríos

NON SON GRUPOS HOMOXÉNEOS. HAI GRANDES DIFERENCIAS DE RIQUEZA.

É UNHA SOCIEDADE PROFUNDAMENTE RELIXIOSA, INTOLERANTE E ANALFABETA.

CADA ESTADO TEN A SÚA RELIXIÓN OFICIAL.

EN ESPAÑA CREOUSE O TRIBUNAL DA INQUISICIÓN PARA O CONTROL E PUREZA DA FÉ.

A Inquisción medieval nace para defenderse das herexias. En España instálase en 1478.

ESTÁN PRESENTES CERTOS VALORES ARISTOCRÁTICOS:

A limpeza de sangue: non ter antepasado xudeu, musulmán…

A seguridade da orixe nobiliaria.

A obsesión por ter un título nobiliario, o que implicaba o desprezo por calquera actividade productiva


A BURGUESÍA

É o grupo máis potente do terceiro estado.
Adicanse a:
-----Actividades comerciais.
-----Avitividades artesanais.
-----Actividades administrativas.

OS GREMIOS

Son asociacións de artesanos dun mesmo oficio.

Regulaba todos os aspectos relacionados coa producción:

Modo de traballo.

Materiais.

Producción.

Precio.

Controlan a oferta e os precios dos productos que manufacturaban, pero tamén velando pola prosperidade e seguridad dos miembros que os integraban. Tamén amparan en caso de desgracia dun membro.

A escala laboral esta formada por:

Aprendiz: escalón inferior.

Oficial: se adquiría a perfección no oficio.

Maestro: se adquiría tras pasar unha proba.

Nas cidades instalanse en barrios: prateiros, etc.



O RÉXIME DEMOGRÁFICO

É DE TIPO ANTIGO.

Está caracterizado por:

Taxas DE NATALIDADE ELEVADAS (35-40 por mil). Causas: Ningún tipo de control, Matrimonios moi novos.

Taxas de MORTALIDADE ELEVADAS (35 por mil). Causas: Fame, enfermidades, guerras...

Episodios de mortalidade catastrófica: escasos rendementos agrícolas provocan hambrunas que facilitan a aparición de epidemias (peste).

O crecemento vexetativo e moi pequeno

Moi forte mortalidade infantil.

A esperanza de vida e baixa: 25 anos.

De 5 a 7 fillos por muller.

A poboación crece moi lentamente.