A ESPAÑA DE FERNANDO VII
Durante o seu reinado prodúcese un enfrontamento constante entre o absolutismo e o liberalismo.
O acabar a guerra da Independencia, polo tratado de Valençay, Napoleón permite o regreso de Fernando VII a España.
REINADO DE FERNANDO VII (1808-1814-1833)
Podemos dividir o reinado de Fernando VII en tres etapas:
a) SEXENIO ABSOLUTISTA (1814-1820)
Despois os liberais mostran o descontento co absolutismo e intenta voltar o liberalismo recorrendo ós PRONUNCIAMENTOS, é dicir, ó levamtamento dunha parte do exército, co apoio de algunha burguesía proclamando a volta ó liberalismo. Todos os pronunciamentos, como o de Porlier, na Coruña en 1815, fracasan.
b) TRIENIO LIBERAL (1820-1823)
Pero Fernando VII boicotea ós liberais e intenta voltar ó absolutismo. Pide axuda á Santa Alianza, que lle envían un exército, (os Cen mil fillos de San Luís), e coa axuda de algúns nobres restaura o absolutismo.
c) DÉCADA OMINOSA OU ABSOLUTISTA (1823-1833)
Fernando VII volve a casarse en 1829 con María Cristina de Nápoles. Ó quedar embarazada publicou a Pragmática sanción que eliminaba a lei Sálica e permitía a sucesión femenina. D. Carlos, irmán de Fernando, e os seus partidarios absolutistas (carlistas), non aceptan esa lei e prodúcese un enfrontamento. En 1833 morre Fernando VII e a súa muller María Cristina asume a rexencia en nome da filla Isabel e ten que contar con apoio dos liberais para defenderse dos carlistas. Os carlistas nos o aceptan e inician a 1º guerra carlista.





























