miércoles, 10 de marzo de 2010

O RÉXIME DA RESTAURACIÓN BORBÓNICA EN ESPAÑA

O RÉXIME DA RESTAURACIÓN BORBÓNICA

CRONOLOXÍA

DE 1875 A 1923. Dúas etapas:

A) INICIO E CONSOLIDACIÓN

1875-1885: REINDADO DE ALFONSO XII.
1885-1902: REXENCIA DE MARÍA CRISTINA.

B) CRISE E DESCOMPOSICIÓN

1902-1923: PARTE DO REINADO DE ALFONSO XIII.

REINADO DE ALFONSO XII. INSTALACIÓN DO SISTEMA CANOVISTA

A Primeira República remata definitivamente co pronunciamento de Martínez Campos en decembro do 1874. Nadie se opón e é proclamado rei Alfonso XII, en xaneiro de 1875.
O éxito da seu regreso débese a:
  • -a pacificación do reino. Acaba coas guerras carlista e cubana. Ademáis a burguesía quería orde e estabilidade.
O reinado caracterizase por:
  • A pacificación.
  • A eliminación dos privilexios forais vascos: quedan sometidos á lei común e polos concertos ecónomicos na recadación de impostos.
  • A instalación do sistema canovista, é dicir, dunhas novas bases políticas. Este sistema constaba dos seguintes elementos:
    1.  Unha nova constitución, a de 1876. Una constitución que establece unha monarquía constitucional conservadora, que lle concede ó rei amplos poderes (comparte soberanía, nomea xefe de goberno, ten iniciativa lexislativa, ten a xefatura do exército e ten veto), e a relixión católica como a oficial. Unha constitución flexible que permitirá gobernar a conservadores e liberais.
    2.  A alternancia ou turnismo entre os dous grandes partidos: o Conservador (de Cánovas) e o Liberal (de Sagasta).
    3.  A actuación do rei como árbitro entres os dous partidos. O que goberna ten que ter a confianza do rei, é dicir, ser nomeado xefe de goberno. Este logo convoca eleccións, que ten que gañar, para ter a confianza do Parlamento. Para gañar as eleccións hai que recurrir ó fraude electoral e á intervención dos caciques. Cando o que goberna ten unha crise, o rei o cesa e se inicia o proceso.
    4. A imposición do centralismo. O goberno nomea os alcaldes.
    5. A subordinación dos militares ó poder político.

    REXENCIA DE MARÍA CRISTINA: 1885-1902

    En 1885 morre Alfonso XII. María Cristina está embarazada e Cánovas e Sagasta deciden esperar para proclamar herdeiro (Pacto do Pardo) e manter o turnismo. En 1886 nace Alfonso XIII.

    Durante este período:
    - Consolídase a alternancia entre os dous partidos.
    - Introdúcense reformas liberais con Sagasta que amplían os dereitos e liberdades: lei de asociación (1887), lei do xurado (1888) e sufraxio universal masculino (1890).
    -Desenvolvense as organizacións oberiras, partidos socialistas (PSOE, UGT), anarquistas e movementos nacionalistas, pero sempre vixiados e reprimidos para evitar o seu crecemento e que desestabilicen o sistema.
    - O final do período vendrá marcado polo desastre do 98. Desde 1895 se inicia a guerra en Cuba e Filipinas. En 1898 entra na guerra Estados Unidos (afundimento do navío Maine en Cuba), e temos que firmar a Paz de París de 1898, polo que perdemos o último do noso imperio colonial. Se inicia unha etapa de desencanto e frustración e de rexeneracionismo, para intentar mellorar o sistema. Nesta corrente rexeneracionista destaca Joaquín Costa.

    REINADO CONSTITUCIONAL DE ALFONSO XIII, PERÍODO DE 1902 A 1923

    Coa chegada de Alfonso XIII pensouse que podría rexenerarse o sistema da restauración, pero non será posible rexenerar polos seguintes elementos:
    • - Unha constante intervención do rei non asuntos políticos (as veces el causa crises) e na defensa que fai dos militares.
    • - Progresiva fragmentación dos partidos dinásticos (conservador e liberal), que non teñen un líder claro e cando o teñen, as súas políticas fracasarán. Destacarán Antonio Maura no partido Conservador e José Canalejas no Liberal.
    • - Un aumento das forzas de oposición: republicanos e socialistas aumentan o número de votos (o PSOE consigue o primerio diputado en 1910, Pablo Iglesias). Crecen tamén os movementos nacionalistas: O PNV vasco, e a Lliga regionalista de Calatuña. Ambos logran grandes triunfos nas eleccións. Tamén se deben destacar o aumento dos atentados anarquistas (asesinatos de Canalejas e E. Dato).
    • - A maior presencia e presión dos militares sobre a vida política e social. A pesar das súas derrotas preséntanse como os únicos que poden resolver os problemas de España. Ademáis os políticos os necesitan para sofocar as folgas e ceden ás súas presións.
    • - Un aumento da conflictividade social e política: o desenrolo da industrialización, a pobreza, as malas condicións de vida, favorecen a aparición de folgas que o goberno soluciona coa represión: 
                       - a folga da Semana Tráxica de Barcelona de julio de 1909: provocada polo envío de tropas para África (mal preparadas e armadas) que desencadena un forte descontento popular e anticlericalismo. O goberno contestou con unha gran represión.
                     - a crise xeral de 1917: prodúcese una crise militar, á que o goberno cede en parte; una crise política provocada polos nacionalistas cataláns que convocaron unha reunión de parlamentarios en Barcelona para forzar a convocatoria de unhas cortes constituientes; e unha crise social provocada pola convotaria de folga xeral por parte de UGT e CNT. Estas dúas crises son contestadas cunha gras represión polo goberno.

    Desde 1918 a vida da Restauración e moi conflictiva:
    • - aumenta a inestabilidade do goberno (os partidos dinásticos non teñen maiorías e son moi inestables, e os gobernos de concentración que se fan non aguantan moitos meses).
    • - Aumenta a presión do nacionalismo que esixe máis descentralización.
    • - Aumenta a conflictividade social hai máis folgas e desencadénase o fenómeno do pistolerismo en Cataluña.
    • - Prodúcese a crise de Annual. En 1921, as tropas españolas en África dirixidas polo xeneral Silvestre son derrotadas polas marroquíes dirixidas por Abd-el-Krim, causando uns 13000 mortos. Este desastre provocou unha forte crítica por parte da oposición e da opinión pública, que esixiron responsabilidades. Puxose de manifesto a mala actuación de políticos e militares e incluso a do rei, Alfonso XIII.
    En 1923, as críticas aumentaban e a Restauración tiña que comenzar o camiño cara a democracia, pero en setembro de 1923 o xeneral Miguel Primo de Rivera dou un golpe de estado, que a penas tivo oposición e o rei nomeono xefe de goberno. Acabou o réxime da Restauración e a oligarquía dominante manten, cos militares no goberno, o control político e social.

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario