miércoles, 30 de septiembre de 2009

A ILUSTRACIÓN

A ILUSTRACIÓN

A Ilustración é un movemento que se desenvolveu en Europa no século XVIII. O seu obxectivo fundamental era iluminar coas luces da razón todos os problemas da sociedade, acabando coa ignorancia, superstición e erros da tradición.

O PENSAMENTO ILUSTRADO

A idea do pensador ilustrado é aplicar a razón para coñecer a natureza, resolver os problemas e mellorar a sociedade.

A actuación do ilustrado parte da crítica da situación na que se vivía, elaborando propostas de cambio.

As reformas alcanzaban todos os ámbitos: é o reformismo ilustrado.

TENDENCIAS DA ILUSTRACIÓN

A ilustración presenta 2 grandes variantes:

ILUSTRADOS MODERADOS

Aceptan a estructura social e política, pero critican os abusos e privilexios de nobres e eclesiásticos.

Propoñen reformas de carácter práctico para mellorar ás clases populares.

Aceptan os principios relixiosos , pero rexeitan a superstición, os abusos e tradicións falsas.

ILUSTRADOS RADICAIS

Queren transformar as bases do sistema, eliminar os privilexios, propoñen modelos alternativos que limitan o poder do rey.

Propoñen reformas e elaboran reflexións teóricas sobre os principios da economía.

Critican as crenzas relixiosas tradicionais. Uns defenden un deísmo natural (Voltaire, Rousseau), outros son agnósticos.

MEDIOS DE DIFUSIÓN DA ILUSTRACIÓN

A burguesía acolleu moi ben a Ilustración e colaborou na súa difusión a través de:

A ENCICLOPEDIA francesa (Diccionario razoado das ciencias, as artes e os oficios). Obra de 17 volumes de texto e 11 de ilustración. Recolle o substancial do pensamento ilustrado. Publicada entre 1751 e 1772. Participan: Diderot, Voltaire, Montesquieu, D´Alambert.

Os salóns, lugares onde se reunían nobres e burgueses e discutían as novas ideas.

As sociedades e academias fundadas polos monarcas ilustrados para fomentar a ciencia e divulgar as reformas (Sociedades Económicas de Amigos do País, Reales Academias…).

SÍNTOMAS E PROPOSTAS DE CAMBIO

AS NOVAS PROPOSTAS POLÍTICAS E ECONÓMICAS

Ó longo do século XVII diversos pensadores reflexionaron sobre as características do poder político e os principios do desenvolvemento económico.

As súas reflexións tiveron como modelo o réxime parlamentario inglés e as ideas de John Locke.

John Locke defendía que o poder político debía basearse na existencia dun pacto entre gobernantes e gobernados; o pobo delega o poder nos gobernantes, pero estos sometense ás leis do Parlamento e deben defender os dereitos dos gobernados.

Outros pensadores son:

Charles de Secondant, Barón de Montesquieu. Defende a idea da separación de poderes. Para el o poder non debía estar concentrado nunha persoa, senon repartido e limitado. Distinguía tres poderes:

Executivo: que executa ou fai que se cumpran as leis. En mans do goberno.

Lexislativo: que elabora as leis. En mans do Parlamento, Cortes, etc.

Xudicial: sanciona o incumprimento das leis. En mans dos tribunais e xuices.

Entre os tres poderes debe existir un equilibrio e control.

Obra principal: O espíritu das leis. 1748.

TEXTO

“En cada Estado hay tres clases de poderes: el legislativo, el ejecutivo de las cosas pertenecientes al derecho de gentes, y el ejecutivo de las que pertenecen al civil.
Por el primero, el príncipe o el magistrado hace las leyes para cierto tiempo o para siempre, y corrige o deroga las que están hechas. Por el segundo, hace la paz o la guerra, envía o recibe embajadores, establece la seguridad y previene las invasiones; y por el tercero, castiga los crímenes o decide las contiendas de los particulares. Este último se llamará poder judicial; y el otro, simplemente, poder ejecutivo del Estado (...).
Cuando los poderes legislativo y ejecutivo se hallan reunidos en una misma persona o corporación, entonces no hay libertad, porque es de temer que el monarca o el senado hagan leyes tiránicas para ejecutarlas del mismo modo. Así sucede también cuando el poder judicial no está separado del poder legislativo y del ejecutivo. Estando unido al primero, el imperio sobre la vida y la libertad de los ciudadanos sería arbitrario, por ser uno mismo el juez y el legislador y, estando unido al segundo, sería tiránico, por cuanto gozaría el juez de la fuerza misma que un agresor. En el Estado en que un hombre solo, o una sola corporación de próceres, o de nobles, o del pueblo administrase los tres poderes, y tuviese la facultad de hacer las leyes, de ejecutar las resoluciones públicas y de juzgar los crímenes y contiendas de los particulares, todo se perdería enteramente.”

Montesquieu. El espíritu de las leyes. 1748.

Jean Jacques Rousseau. Considera que a orixe do poder político e un pacto ou contrato social realizado entre todos os individuos de unha comunidade. Os individuos ceden parte dos seus dereitos á comunidade, pero conservan outra parte, polo que manteñen a liberdade, o dereito a participar nos asuntos públicos, etc. O goberno debe ser controlado pola comunidade e as leis deben ser expresión da vontade xeral (soberanía popular).

Obra principal: O contrato social. 1762.

TEXTO

“O esencial do pacto social redúcese aos seguintes termos: cada un de nós por en común a súa persoa e todo o seu poder baixo a suprema dirección da vontade xeral, e cada un de nós recibe corporativamente a cada membro como parte indivisible do todo. (…) A soberanía é o exercicio da vontade xeral e non pode allearse. (…)

¿Que é, polo tanto, o gobernó? Un corpo intermdedio establecido entre os súbditos e o Soberano para a súa mutua correspondencia (…). Porque, no instante en que o gobernó usurpaa soberanía, o pacto social queda roto”.

Jean Jacques Rousseau: O contrato social. 1762.

Adam Smith. Defendía que as actividades económicas debían basearse na liberdade e no interese individual e que o mercado debía basearse no libre xogo da oferta e da demanda. Pensaba que o estado non debía intervir, so tiña que defender a sociedade, manter a seguridade e garantizar a liberdade de concurrencia.

Obra principal: Investigacións sobre a natureza e causas da riqueza das nacións. 1776

Estas ideas e propostas desembocarán no LIBERALISMO.

AS ASPIRACIÓNS BURGUESAS

Os grupos burgueses foron aumentando a súa riqueza durante o Antigo Réxime, gracias ás actividades comercias e administrativas, pero non tiñan influencia social e política. Por eso quería cambiar esa situación e foron aceptando e apoiando as novas ideas dos pensadores críticos co Antigo Réxime.

A ansia de reformas da burguesía, as poucas reformas que se facían e o sentimento de explotación fovorecían a aparición de conflitos cada vez máis fortes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario