lunes, 18 de enero de 2010

FERNANDO VII E A INDEPENDENCIA DA AMÉRICA ESPAÑOLA

FERNANDO VII E A INDEPENDENCIA DA AMÉRICA ESPAÑOLA

A ESPAÑA DE FERNANDO VII

Durante o seu reinado prodúcese un enfrontamento constante entre o absolutismo e o liberalismo.

O acabar a guerra da Independencia, polo tratado de Valençay, Napoleón permite o regreso de Fernando VII a España.

REINADO DE FERNANDO VII (1808-1814-1833)

Podemos dividir o reinado de Fernando VII en tres etapas:

a) SEXENIO ABSOLUTISTA (1814-1820)

Cando Fernando VII entra en España ve o apoio co que conta: o pobo, o exército, a Iglesia, e os nobles (Manifesto dos Persas). Con ese apoio decide eliminar todo o feito polas Cortes de Cádiz e restablecer o absolutismo. Os liberais son perseguidos.
Despois os liberais mostran o descontento co absolutismo e intenta voltar o liberalismo recorrendo ós PRONUNCIAMENTOS, é dicir, ó levamtamento dunha parte do exército, co apoio de algunha burguesía proclamando a volta ó liberalismo. Todos os pronunciamentos, como o de Porlier, na Coruña en 1815, fracasan.

b) TRIENIO LIBERAL (1820-1823)

En 1820 Rafael del Riego leva a cabo un pronunciamento en Andalucía, que acabou triunfando cando foi apiado por outras cidades, como a Coruña e Fernando VII viuse obrigado a restablecer o liberalismo para non enfrontarse os pronunciados e seguir no trono. Fernando VII fórmou gobernos liberais que restablecen a Constitución de 1812 e as leis liberais.
Pero Fernando VII boicotea ós liberais e intenta voltar ó absolutismo. Pide axuda á Santa Alianza, que lle envían un exército, (os Cen mil fillos de San Luís), e coa axuda de algúns nobres restaura o absolutismo.

c) DÉCADA OMINOSA OU ABSOLUTISTA (1823-1833)

Fernando VII recuperou o poder absoluto. Eliminou o liberalismo, e os liberais foron duramente reprimidos, tiveron que exiliarse. Pero volveron a facer pronunciamentos, que fracasaban.
Fernando VII volve a casarse en 1829 con María Cristina de Nápoles. Ó quedar embarazada publicou a Pragmática sanción que eliminaba a lei Sálica e permitía a sucesión femenina. D. Carlos, irmán de Fernando, e os seus partidarios absolutistas (carlistas), non aceptan esa lei e prodúcese un enfrontamento. En 1833 morre Fernando VII e a súa muller María Cristina asume a rexencia en nome da filla Isabel e ten que contar con apoio dos liberais para defenderse dos carlistas. Os carlistas nos o aceptan e inician a 1º guerra carlista.

No hay comentarios:

Publicar un comentario