lunes, 11 de enero de 2010

A RESTAURACIÓN ABSOLUTISTA

A RESTAURACIÓN ABSOLUTISTA

Despois da derrota de Napoleón foron restauradas as monarquías absolutas en toda Europa, pero o liberalismo vai a loitar para abolir o absolutismo.

A EUROPA DO CONGRESO DE VIENA

Os países que venceron a Napoleón reuníronse en Viena para reorganizar o mapa de Europa e voltar ás formas políticas do Antigo Réxime. Os principios da súa actuación eran:
- O lexitimiso, é dicir, restablecer ós reis lexítimos nos seus tronos.
- O absolutismo, é dicir, eliminar o liberalismo volvendo ó absolutismo.
- O equilibrio internacional, é dicir, que non exista un reino moito máis forte que os demais.
En 1815 os reis de Austria, Prusia e Rusia firmaron o Tratado da Santa Alianza para asegurar o absolutismo e impedir calquera revolución. Por este tratado comprometianse a vixiar e prestarse axuda para impedir o regreso do liberalismo. A figura clave desta política foi o canciller da Austria, Metternich.

AS VAGAS REVOLUCIONARIAS LIBERAIS

Pese á represión á que foi sometido o liberalismo, os liberais, apoiados por burguesía e masas papulares , en ocasións, fixeron algunhas sublevacións, dando orixen a vagas revolucionarias arredor dos anos 1820, 1830 e 1848.

Data

Zona Afectada

Resultado

1820

España

Éxito Provisional, Fernando VII acepta a Constitución de 1812

Grecia

Éxito , sublevación contra os turcos e independencia en 1822

Territorios alemáns, italianos, Portugal e Rusia

Fracaso, intervén a Santa Alianza

1830

Francia

Éxito, establecemento monarquía constitucional de Luis Felipe de Orleans.

Países Baixos

Éxito, Bélxica independízase de Holanda, e instaura monarquía liberal

Portugal e España

Enfrontamentos nos que acaba triunfando o liberalismo.

Territorios alemán, italianos e Polonia

Fracaso pola intervención da Santa Alianza.

1848

Francia

Éxito, proclamación da Segunda República

Territorios alemán, italianos,

Fracaso pola intervención da Santa Alianza. Revolucións que teñen carácter nacionalista.



No hay comentarios:

Publicar un comentario