martes, 25 de mayo de 2010

A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL


A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL

CRONOLOXÍA: Desde o 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945.
CAMIÑO CARA Á GUERRA
Nos anos 30 a crise económica e o desenvolvemento de políticas agresivas provocaron:
-          O fracaso da Sociedade de Nacións, que foi incapaz de evitar os enfrontamentos.
-          A expansión territorial dos estados fascistas:
-            Alemaña, forma un gran exército e reclama as terras habitadas por alemán; anexiona Austria e unha parte de Checoslovaquía.
-            Italia, conquista Abisinia (1935-36).
-            Xapón, inicia a guerra contra China (1937).
-            O Inicio da Guerra.  Hitler en 1939 firmou un tratado coa URSS, para repartirse o leste de Europa. O 1 de setembro de 1939 Alemaña invade Polonia; como resposta Gran Bretaña e Francia decláranlle a guerra a Alemaña e comeza a Segunda Guerra Mundial.

FASES DA GUERRA

-          TRIUNFOS DO EIXE: 1939-40
               Alemaña, Italia e Xapón conseguen sucesivas vistorias ocupando Polonia, Dinamarca, Noruega, Holanda, Bélxica, parte de Francia, Albania, Grecia, Iugoslavia e o norte de África. Xapón ocupa colonias francesas e inglesas e avanza en China.

-          A EXTENSIÓN DA GUERRA E A ENTRADA DA URSS E EE.UU, 1941-42.
               En 1941 Hitler rompe o acordo coa URSS e a invade, pero a resistencia rusa e a enormidade do territorio  retrasa o seu avance.
               Xapón ataca Pearl Harbour e provoca a entrada de EE.UU na guerra.
               Gran Bretaña, EE.UU, URSS e China, conforman o bando dos Aliados contra as potencias do Eixe.

-          CAMBIO DE SIGNO E CONTRAOFENSIVA ALIADA, 1942-43.
               A finais de 1942 os aliados logran deter ó Eixe en todos os frontes. Derrotan ós alemáns no norte de Africa, ocupan Sicilia e o sur de Italia. Os rusos fan retroceder ós alemán.

-          A VICTORIA DOS ALIADOS, 1944-45.
               Os Aliados organizan o desembarco de Normandía (operación Overlord) que se concreta o 6 de xuño de 1944. Desde aí os aliados avanzan sobre Europa. Hitler suicídase o 30 de abril de 1945 e o 4 de maio Alemaña capitula. No Pacífico, o 6 de agosto de 1945, EE.UU lanza a bomba atómica sobre Hiroshima e o 9 sobre Nagasaki. O 2 de setembro Xapón firma a rendición.




NOVAS FORMAS DE GUERRA
                Unha guerra que provocou uns 55 millóns de mortos e uns 35 millóns de feridos.
                Como novedades:
-          Novas armas e estratexias: máis máquinas, carros de combate, canóns, avións, etc. Emprego de bombardeos masivos… A resistencia, os partisanos… sabotaxe….espias.
-          Os campos de concentración, os traballos forzados e o exterminio.  Campos creados para explotar e exterminar ós enemigos (xudeos, xitanos, eslavos, etc.) como os de Dachau, Treblinka, Auschwitz, Mauthausen…

A ORGANIZACIÓN DA PAZ E A FUNDACIÓN DA ONU

                Durante a guerra os Aliados tiveron varias reunións para tratar temas do final da guerra, as máis importantes foron en 1945. Na Conferencia de Ialta (Crimea) entre Churchill (G.B.), Roosevelt (EE.UU) e Stalin (URSS) e na de Postdam (Alemaña) entre Atlee (G.B.), Truman (EE.UU) e Stalin tomáronse os principais acordos:
                Imposicións ós vencidos. Alemania e a súa capital, Berlín, sería dividida en 4 partes e administradas por EE.UU, URSS, Francia e Gran Bretaña. O Nazismo é eliminado e os seus dirixentes xulgados (xuizos de Nueremberg). Xapón e administrado polos EE.UU. Impóñense sistemas democráticos.
                Modificacións territoriais. Modificanse as fronteiras de Alemaña. Pomerania e Silesia pasan a Polonia.  A URSS ocupa Estonia, Letonia e Lituania.
                Fundación da ONU.  En 1945, os Aliados fundaron a Organización das Nacións Unidas coa finalidade de:
-  Manter a paz e a seguridade internacional
-  Fomentar as relacións de amizade e cooperación entre os pobos
-  Axudar na solución de problemas internacionais políticos, sociais, económicos, etc.
                 
                Os organismos principais da ONU son:
-          A Asemblea Xeral, con sé en New York, representantes de todos os estados membros.
-          O Consello de Seguridade. Órgano permanente (formado por 15 membros, cinco permanentes con dereito a veto –EE.UU, URSS, China, Francia e Gran Bretaña- e 10 que se van rotando) que está encargado de manter a paz e a seguridade entre as nacións.
-          A Secretaria Xeral. Leva a coordinación e representación da ONU. Na actualidad é o coreano Ban Ki-moon.
-          O Tribunal Internacional de Xustiza. Encargado de xulgar os conflitos entre os países membros.


No hay comentarios:

Publicar un comentario