jueves, 13 de mayo de 2010

O FASCISMO

O FASCISMO. A ITALIA DE MUSSOLINI
O fascismo é unha ideoloxía que se desenrola en Europa na época de entreguerras (1918-1939).
O termo proven do latín fasces, é dicir, haz ou grupo ordenado en filas.
Ó acabar a Primeira Guerra Mundial, Europa vive unha profunda crise que favorece o desenrolo das ideas fascistas.
CARACTERISTICAS DO FASCISMO
            É unha ideoloxía totalitaria que aspira a exercer o control absoluto sobre a sociedade, buscando a creación dun novo sistema político e novos valores  para as masas populares. Preséntase como alternativa ó capitalismo e ó socialismo. Entre as súas características destacan:
-          Primacía dos intereses do Estado fronte ós dos individuos. Todos se somete (liberdade) ó engrandecemento do Estado.
-          Concentración do poder en mans dun líder, considerado como símbolo do estado, único capaz de dirixir ó pobo. Todas as institucións sométense ó líder.
-          Encadramento e mobilización de masas nun único partido, están prohibidos todos os demais.
-          Rexeitamento da igualdade das persoas e pobos. Unha minoría, élite masculina, a mellor preparada debe conducir ós demais. Subordinación da muller.
-          Forte control ideolóxico e cultural. Exaltación coa propaganda dos valores fascistas. Forte represión e disciplina para impoñer  as súas ideas.
-          Intervención do Estado na economía. Hai respeto á propiedade privada pero sometida ás políticas do Estado (precios, salarios, etc.). O Estado persigue a autosuficiencia (autarquía) frente ós extranxeiros. Só hai un sindicato e o Estado intenta mellorar a condición dos traballadores (traballo, vivenda, salarios, etc.); por eso tamén ten o seu apoio.

ASCENSO DE MUSSOLINI Ó PODER

            Despois da Primeira Guerra Mundial Italia vive unha situación de crise económica e política. A nivel político había un forte descontento xa que coa guerra Italia non conseguirá ningunha ventaxa territorial, e os excombatentes aumentaban as protestas. Nese ambiente de forte crítica, crise e gobernos débiles  empeza o desenvolvemento do fascismo.
            En 1919, en Milán Mussolini creou os fascios, grupos de cambate (con uniformes negros) que se dedicaban a reventar as folgas e a perseguir ós líderes da esquerda. En 1921, ó crecer os fascios creou o Partido Nacional Fascista.
            En 1922, Mussolini organizou a Marcha sobre Roma, para forzar ó rey Victor Manuel III á formación dun goberno forte. Mussolini que contaba co apoio de terratenentes, empresarios e militares consigue que o rey o nomee xefe de goberno.

A ITALIA FASCISTA

            Desde o momento que Mussolini tomou o poder empezou a lexislar para crear un estado fascista.
            Primerio gobernou dun xeito constitucional, pero despois da victoria nas eleccións de 1924 (victoria creada a medida pola lei electoral de 1923 e pola violencia dos fascios) comezou a creación do estado fascista e da eliminación da oposición (asesinato de diputado socialista Matteoti).
            En 1925 converteuse en Duce dos italianos, ilegalizou os partidos políticos (menos o fascista), estableceu a censura e depurou a administración e o exército. O novo estado recibe o nome de Estado Corporativo, porque se organiza a partir das corporacións (corpos profesionais de obreiros) e non dos individuos, así elimínase a loita de clases.
            Ó tempo lexislaba dun xeito populista e exaltando o nacionalismo. Construcción de obras públicas, axudas á producción agrícola e industrial, prohibición das folgas, proteccionismo. Tamén impulsou o colonialismo ocupando Libia e conquistando Abisinia, presentándose como un gran líder.
            Cando se produce o ascenso de Hitler ó poder, comeza a alianza con Alemania. Durante a Guerra Civil axudou a Franco e en 1939 firmou con Hitler o Pacto de Aceiro de apoio mutuo. Na Segunda Guerra Mundial formou parte do Eixe con Alemania e Xapón.
            Durante a guerra, as derrotas italianas e a ocupación de Sicilia polos aliados provocaron a súa caída. Foi encarcelado e despois liberado polos alemáns. No norte de Italia, coa protección de Alemania, formou unha República social. Despois foi capturado por membros da resistencia antifascista e exucutado en 1945.
           
           

No hay comentarios:

Publicar un comentario