jueves, 4 de febrero de 2010

ECONOMÍA NO SÉCULO XIX


DESAMORTIZACIÓN


A desamortización é unha das medidas levadas a cabo polos liberais dentro das transformacións na agricultura.
A desamortización consistía na nacionalización, incautación sen indemnización, por parte do Estado liberal, das propiedades en poder da Iglesia (terras en man morta) para ser vendidas en subasta.

As tres desamortizacións máis importantes son:

Desamortización de Mendizabal (1836) que afectaba ós bens dos conventos e mosteiros do clero regular.

Desamortización de Espartero (1841) que afectaba ós bens do clero secular.

Desamortización de Madoz (1855), tamén chamada Xeral, que afectaba ós bens do clero regular e secular e, sobre todo , dos concellos e do Estado (ben comunais, propios e baldíos).

Os obxectivos eran:

Conseguir recursos para o estado: Pagar a Débeda, cartos para a guerra carlista, e construir o ferrocarril (Madoz).
Incrementar os partidarios da causa liberal: os compradores das terras non querrían voltar o absolutismo.
Modificar o réxime de propiedade da terra, de modo que toda a terra poidese ser explotada con criterios capitalistas.

Os máis beneficiados foron os burgueses e nobres xa que podían comprar as terras.
Os perxudicados foron o clero que perde as terras e campesinos que non poden comprar ó non ter diñeiro.

Unha característica da desamortización en Galicia foi que se manten o sistema de foros. Os campesinos que tiñan as terras arrendadas non poden ser expulsados delas, polo o que se vende foi o derieto a cobrar as rendas forais. Estos dereitos son comprados por fidalgos e burgueses.

O INICIO DA INDUSTRIALIZACIÓN

Prodúcese en Cataluña a principios do século XIX na industria textil do algodón.
A transformación industrial da siderurxia iniciase en Sevilla e Málaga, a principios do XIX, logo pasa a Asturias e, finalmente ó País Vasco.



O FERROCARRIL

O desenrolo do ferrocarril e tardío e lento.
A primeira liña inaugúrase en 1848 unindo Barcelona e Mataró.

En 1855 comenza o desenrolo cando se aproba a Lei de ferrocarrís. Este foi lento e con problemas xa que:
- Estableceuse un ancho de vía maior que o europeo e complicou os intercambios internacionais.
- Estableceuse unha disposición radial con centro en Madrid e así chegou moi tarde á periferia e quedaron sen unir moitas zonas.
- Permitiron a inversión de compañías extranxeiras e os beneficios foron para fora.

As consecuencias foron grandes:
Contribuíu a comunicar zonas distintas creando un mercado unificado.
Foi un sector de inversión.
Aumentou o mercado de traballo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario