lunes, 8 de febrero de 2010

NACIÓN E NACIONALISMO

NACIÓN E NACIONALISMO

Os movementos nacionalistas xurden, desde finais do XVIII, en contraposición coa revolución liberal.

NACIÓN E NACIONALISMO

Coa revolución liberal pásase da soberanía do rei á da nación. Por esa razón empeza o debate para definir que é nación.
A Nación pode considerarse como unha comunidade que vive nun territorio e que ten conciencia ou sentimento de pertencer a un colectivo con trazos comúns que os diferencian dos demais.

Dentro das tendencias nacionalizadoras temos varias tendencias:

A LIBERAL: destaca os elementos políticos. Nación é igual a un conxunto de individuos que teñen un goberno común e está rexido polas mesmas leis.

A HISTORICISTA: destaca elementos culturais. A nación está formada por aqueles que falan a mesma lengua, teñen a mesmea cultura, raza, etc.

LIBERAL-HISTORICISTA: mestura ambas concepcións.

O NACIONALISMO é a corrente política que considera a propia colectividade como unha nación, cun Estado independiente, e que defende os seus intereses.

O nacionalismo presenta diversas modalidades:

De afirmación: cando loitan por conseguir que a súa comunidade sexa considerada un estado independiente. Poden aparecer por separación dun estado máis grande ou por unificación de estados pequenos.
De consolidación: para aumentar os seus valores.

UNIFICACIÓN ITALIANA

Despois do Congreso de Viena a península italiana quedou dividida en sete estados, pero a idea de formar una nación estaba moi estendido.

Había varias propostas de unificación: una confederación arredor do Papa, crear una república ou unha monarquía.

O reino motor da unificación vai a ser o reino do Piemonte-Sardeña, que lograra establecer unha monarquía constitucional en 1849 con Víctor Manuel II. Os artífices serán o rei, Víctor Manuel, e o primeiro ministro Camilo Benso, conde de Cavour.

O proceso de unificación beneficiase da labor diplomática e da acción do exército e das Camisas Vermellas que dirixe Garibaldi. En 1861, despois de algunhas batallas, logran proclamar o Reino de Italia. En 1866 anexiona Venecia que estaba en poder de Austria e, finalmente, en 1870 incorporan Roma.


UNIFICACIÓN ALEMANA

Despois do Congreso de Viena constituese a Confederación Xermana formada por 39 estados.

Hai varias propostas de unificación estimuladas por intelectuais e pola burguesía comercial. O problema era resolver se había que incluir ou non a Austria.

O reino motor da unificación vai a ser Prusia. O seu rei, Guillermo I e o primeiro ministro Otto von Bismarck serán os artífices.

O proceso de unificación lévase a cabo a través de tres guerras victoriosas:
1. en 1864, xunto con Austria, contra Dinamarca, para anexionarse os territorios daneses con habitantes alemáns.
2. en 1866, contra Austria, par que non entre na unificación. Crease a Confederación Alemana do Norte en torno a Prusia.
3. en 1870, contra Francia, para forzar a incorporación dos estado do sur e tamén Alsacia e Lorena.

O II Imperio Alemán foi proclamado en 1871, no palacio de Versalles en Francia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario