miércoles, 17 de febrero de 2010

OS INICIOS DO MOVEMENTO OBREIRO

OS INICIOS DO MOVEMENTO OBREIRO

As duras condicións de traballo do proletariado deron orixe a un amplo movemento reivindicativo parta conseguir melloras salariais e laborais. Tamén se desenvolven novas ideologías: o socialismo e o anarquismo.

AS PRIMERIAS FORMAS DE PROTESTA E ORGANIZACIÓN OBREIRA

Os obreiros ó principio da industrialización non teñen ninguna organización asociativa. Só existen sociedades de axuda mutua, que non teñen función reivindicativa, so axudarse en caso de necesidade.
Canda se incia a industrialización, os obreiros inician as súa protestas destruíndo as máquinas, ás que consideran culpables da súa situación. Este fenómeno recibe o nome de ludismo, recordando a Ned Ludd, un obreiro textil inglés, primeiro en destruir as máquinas.
Estas accións prodúcense en España a partir da década de 1820.

Como a través destas accións ludistas os traballadores non conseguían nada, entonces intentaron facer asociacións para defender os seus intereses. Pouco a pouco crearon unións por oficios, os sindicatos, primerio locais, para, finalmente, agrupar a todos os traballadores do país.
Este camiño é longo e difícil xa que os gobernos non lle concedían o dereito de asociación e os sindicatos eran ilegais sendo duramente reprimidos. En España conséguese o dereito de asociación en 1887.

As protestas dos traballadores ó principio eran desorganizadas, xeralmente motíns cando se producía un problema. Pouco a pouco serán máis organizadas, e o seu mellor recurso será a folga ou paro no traballo.

O SOCIALISMO MARXISTA

Os creadores son Carlos Marx e Federico Engels.
Os principios básicos están expostos no Manifesto comunista de 1848.

- A estructura social e política está determinada polas condicións materiais e económicas.
- Ó longo da historia a sociedade está sempre dividida en dúas clases: una dominadora e outra dominada.
- Na sociedade industrial a burguesía domina ó proletariado.
- O medio para transformar a sociedade é a loita de clases.
- O proletariado debe emanciparse para conquistar o poder.
- No poder o proletariado debe establecer unha dictadura do proletariado para eliminar calquera diferencia de clase (abolir a propiedade privada, os medios de producción en mans do Estado, etc.) e crear a sociedade comunista.

O pensamento marxista entra en España en 1871 difundido por Paul Lafargue.

O ANARQUISMO

Entre os creadores están Mijail Bakunin e Pedro Kropotkin.
Principios:
- Eliminar calquera forma de poder. Abolir o Estado.
- Construir unha sociedade igualitaria sen clases.
- Eliminar a propiedade privada.
- A vida debe estar organizada en comunas autoxestionadas.
- A educación debe ser científica e laica.
- Non participan na loita política (non participan nas eleccións, defenden a abstención) e defenden a vía revolucionaria e, unha parte deles, os atentados terroristas.

Este pendamento entra en España a partir de 1868, difundido por J. Fanelli.


A ASOCIACIÓN INTERNANCIONAL DE TRABALLADORES. AIT

Os líderes obreiros, conscientes de que os problemas afectaban a todos os traballadores, promoveron unha reunión en Londres en 1864. Desa reunión sae a fundación da Asociación Internacional de Traballadores (AIT).
Os obxectivos eran: potenciar o desenrolo de sindicatos e concieciar ós traballadores na loita pola emancipación.
Progresivamente vaise extendendo por Europa. Chegan a España enviado da AIT e fundouse en Barcelona a Federación Regional Española (FRE).
Dentro da AIT había moitas ideologías, sobre todo a socialista e a anarquista, e pronto empezan as loitas entre elas. No congreso da Haia de 1872 son expulsados os anarquistas.
Por outra parte os gobernos tamén persiguen á AIT e a prohiben polo que acabou por disolverse en 1876.

TEXTO
EL Manifiesto Comunista, 1848.
“Hasta nuestros días, la historia de la humanidad, ha sido una historia de luchas de clases. Libres y esclavos, patricios y plebeyos, señores feudales y siervos de la gleba, maestros y oficiales; en una palabra, opresores y oprimidos, siempre frente a frente, enfrentados en una lucha ininterrumpida, unas veces encubierta, y otras franca y directa, en una lucha que conduce siempre, a la transformación revolucionaria de la sociedad o al exterminio de ambas clases beligerantes.
Desde el principio de la historia, nos encontramos siempre la sociedad dividida en estamentos, dentro de cada uno de los cuales hay a su vez, una nueva jerarquía social con grados y posiciones. En la Roma antigua eran los patricios, los équites, los plebeyos, los esclavos.
En la edad media eran los señores feudales, los vasallos, los maestros, los oficiales de los gremios, los siervos de la gleba. Y dentro de cada una de estas clases, nos encontramos también con matices internos.
La moderna sociedad burguesa, que ha surgido de las ruinas de la sociedad feudal, no ha abolido los antagonismos de clase. Lo que ha hecho, sólo ha sido crear nuevas clases, nuevas condiciones de opresión, nuevas modalidades de lucha; que han venido a sustituir a las antiguas.
Nuestra época, la época de la burguesía, se caracteriza por haber simplificado estos antagonismos de clase. Hoy y cada vez más abiertamente, toda la sociedad tiende a separarse, en dos grandes grupos enemigos, en dos grandes clases antagónicas: la burguesía y el proletariado”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario