lunes, 5 de abril de 2010

A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL

A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL
A Primeira Guerra Mundial é un conflicto armado que se produce entre 1914 e 1918. Empeza en Europa, nos Balcáns, e estenderase á metade do mundo. Producirá máis de 10 millóns de mortos. Tamén é coñecida como a Gran Guerra.

CAUSAS DA GUERRA
1. A tensión nos Balcáns pola delimitación das fronteiras e polas reivindicacións nacionalistas, especialmente de Serbia, que quería separarse do Imperio austrohúngaro.
2. As rivalidades imperialistas entre as grandes potencias:
Austrohungría e Rusia polo control dos Balcáns.
Francia e Alemania por Alsacia e Lorena.
Inglaterra e Alemania pola supremacía naval e comercial.
3. A carreira de armamentos e a diplomacia secreta en previsión dunha guerra que aumentaba as desconfianzas. Fórmanse dous bloques: un no que está Alemania e Austrohungría e o outro formado por Rusia, Francia e Gran Bretaña.
4. A consideración da guerra como medio lexitimo para resolver os problemas.

O DETONANTE foi o asesinato en Sarajevo (Bosnia) do herdeiro do imperio austrohúngaro, o príncipe Francisco Fernando, por un nacionalista serbio o 28 de junio de 1914. O 28 de julio Austrohungría declaroulle a guerra a Serbia. O 30 Rusia mobilizou o seu exército en defensa de Serbia. O 1 de agosto Alemania declaroulle a guerra a Rusia e o 3 a Francia. O 3 e 4 de agosto Alemania invade Bélxica. O día 11 e 12 de agosto Gran Bretaña e Francia declaran a guerra a Austrohungría.

FASES DA GUERRA
Na guerra están enfrontados os Imperios Centrais: Alemania, Austrohungría, Turquía e Bulgaria contra os Aliados: Serbía, Rusia, Francia, Gran Bretaña, Bélxica e Montenegro, máis, Xapón, Italia, Portugal, Romania, Grecia e EE.UU.


Podemos diferenciar 4 Fases:

- A GUERRA DE MOVEMENTOS, 1914. Rápido desprazamento dos exércitos. Os alemáns hacia Francia, atravesando Bélxica, e hacia Rusia. Los aliados responden mobilizando as tropas e detendo os avances.

El Plan Schlieffen
Elaborado por el que fue Jefe del Estado Mayor hasta 1905, Alfred von Schlieffen, planteaba invadir Bélgica y Luxemburgo para atacar la desguarnecida frontera norte francesa. El genral francés Foch, sin embargo, consiguió frenar el ataque alemán en el Marne en noviembre de 1914.

- A GUERRA DE POSICIÓNS, 1915-16. Os frontes da guerra quedaron detidos e construironse trincheiras e fortificacións. Constantes ataques que non rompen as defensas. Batallas de Verdún, Somme, etc.
- A CRISE DE 1917. Estados Unidos decidese a entrar na guerra para defender os seus intereses: os ataques alemans afundironlles barcos de mercadorías e para defender os préstamos que lle tiñan concedido a Francia e Gran Bretaña. O mesmo tempo comeza a retirada de Rusia, que se fai efectiva en marzo de 1918.
- DERROTA DAS POTENCIAS CENTRAIS, 1918. Alemania pode concentrar todo o exército no fronte do oeste, pero fracasan os seus ataques. Os aliados, coa axuda americana, lanzan cotraofensivas que obrigan a firmar os alemáns o armisticio o 11 de novembro de 1918 en Rhetondes, no bosque de Compiègne, nun vagón de tren.

AS NOVAS FORMAS DE GUERRA
A Gran Guerra foi unha guerra diferente as anteriores por:
- Unha guerra que ten grandes exércitos formados por centos de miles de soldados.
- Polo emprego de novos armamentos e novas formas de combate: armas automáticas, canóns de largo alcance, granadas, carros de combate, avións, armas químicas, trincheiras, fortificacións, bloqueos, etc.
- Pola movilización de todos os recursos para facer fronte á guerra. Toda a poboación traballa para a guerra.


OS TRATADOS DE PAZ E A SOCIEDADE DE NACIÓNS

O 18 de xaneiro de 1919 reunense en París os membros de 32 nacións (27 da Entente) para establecer as condiciones de paz. Estiveron ausentes os vencidos e Rusia que trala revolución bolchevique firmaran con Alemania a Paz de BREST/LITOUSK, en marzo de 1918 (significara a independencia de Finlandia, Estonia, Letonia, Lituania, Polonia, y Ucrania).
As decisións importantes foron tomadas polo CONSEJO DOS CATRO do que formaban parte: Wilson (EE.UU), Clemenceau (Fr.), Lloyd George (G.B.) e Orlando (It.).
O punto de partida das conversacións foron os 14 Puntos do presidente Wilson que propuxera no Congreso dos EE.UU. o 8 de xaneiro de 1918 e que, como principais aspectos, dicía: Condena da diplomacia secreta, todos os tratados serán públicos, atenuación das barreiras económicas, renuncia ás pretensións coloniais e creación dunha Sociedad de Nacións.



Foron firmados tratados de Paz con cada potencia vencida:
TRATADO DE VERSALLES, 28-6-19.
TRATADO DE SAINT GERMAIN CON AUSTRIA, 10-9-1919.
TRATADO DE TRIANON CON HUNGRÍA, 4-6-1920.
TRATADO DE NEULLY CON BULGARIA, 27-11-19.
TRATADO DE SEVRES CO IMPERIO OTOMANO, 10-8-1920

O Tratado de Versalles Foi o tratado máis importante. Por este tratado fíxose a Alemania responsable do conflito e polo tanto obrigada a aceptar unhas condicións moi duras, destacamos:
          Queda obrigada a pagar cuantiosas indemnizacións.
          Ten que ceder parte do seu territorio, Alsacia e Lorena para Francia, e as colonias e aceptar a   ocupación do Sarre e marxe esquerda do Rhin (por Francia).
          Ten que desarmar o exército e sen servizo militar.
          Os alemáns consideraran este tratado moi inxusto e será causa de futuros problemas.

Na Conferencia de París de 1919 as nacións participantes elaboraron un pacto que formaba parte do Tratado de Versalles. Nos 26 artículos dese pacto definíase a Sociedade de Nacións, as súas funcións e competencias.
Tiñan dereito a ser membro os 32 estados vencedores que firmaron o tratado e 13 neutrais. Alemania e a Unión Soviética quedaron excluidos. Os EE. UU non entraron. A Sociedade de Nacións axudou a resover algúns problemas nos anos vinte, pero foi ineficaz ante o ascenso do fascismo e a chegada da Segunda Guerra Mundial.


BALANCE DA GUERRA
Grandes perdas demográficas: 8 millóns de mortos, 20 millóns de feridos, grandes privacións da poboación…
Modificacións territoriais: desaparecen os grandes imperios (austrohúngaro, ruso, alemán, turco) sendo substituídos por repúblicas. Ncen novos estados como: Finlandia, Estonia, Letonia, Lituania, Polonia, Checoslovaquia, Austria, Hungría e Yugoslavia.

Repercusións ideolóxicas: fovoreceu a aparición de novas forzas políticas radicais. Facilitou o triunfo da revolución comunista en Rusia e, despois, o medo ó comunismo favoreceu o ascenso do fascismo.
Consecuencias socioeconómicas. Europa perdeu a supremacía económica en favor dos EE.UU. A perda de homes facilitou a incorporación da muller a postos de traballo antes reservados para eles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario