domingo, 25 de abril de 2010

A CRISE DE 1929 E A GRAN DEPRESIÓN

A CRISE DE 1929 E A GRAN DEPRESIÓN

En 1929 afúndese a Bolsa de valores de New York e despois foron afectados todos os sectores económicos, provocando unha gran crise mundial.

SITUACIÓN PREVIA. OS FELICES ANOS 20

Despois de superar a crise da Primeira Guerra Mundial extendeuse por EE. UU. e Europa unha época de prosperidade que coñecemos como “os felices anos 20”. A industria crece, o sector automovilístico, eléctrico, textil, a construcción, etc. Exténdese o consumo de masas alentado pola diminución de prezos e a venda a prazos. Exténdese a idea da felicidade: vacacións, cine, viaxes… Nese ambiente empezan a medrar espectacularmente os valores das empresas na Bolsa de New York. Todo o mundo empezou a investir os aforros e incluso se pedía ós bancos.

O CRAC DA BOLSA DE NEW YORK

O 24 de octubro de 1929 (xoves negro) afúndese, de súpeto, o mercado de valores de New York. Todo o mundo empeza a vender e o pánico exténdese. Nos días seguintes os intentos por parar a caída non teñen efecto e as consecuencias afectan a todos os sectores.
A causa do crac foi a suma de varios factores: a primeira foi a especulación: a alza do prezo das accións non tiña relación cos beneficios das empresas senon que era una subida artificial alentada polas empresas, bancos e prestamistas ante a perspectiva de gañar diñeiro fácilmente. A segunda foi a superproducción, as empresas produción moito pero non se vendía o que iba orixinado stocks e as empresas faltáballe diñeiro para producir.
O desencadenante foi a venda masiva de accións o día 24 que non tivo comprador, caen os valores das accións, e o pánico fai o resto. A Reserva federal e a Banca Morgan intentan parar a caída comprando accións pero non o consiguen.
O efectos van da bolsa a todos os sectores: as accións perden o valor, os bancos non teñen diñeiro para a xente e para a empresas. As empresas ó no ter diñeiro, paran a producción e aumenta o paro. Co aumento do desemprego o consumo baixa e a crise aumenta máis. E, finalmente, estos efectos pasan de EE.UU a Europa.

A GRAN DEPRESIÓN 

Ante o crac todo o mundo quere recuperar o diñeiro e prodúcese unha reacción en cadea. Os mercados quedan sin liquidez, os bancos non poden devolver os depósitos nin facer préstamos e quebran. As fábricas non teñen diñeiro e non producen, aumenta o paro. A xente non pode comprar e aumentan os peches… Os americanos retiran as inversións noutros países e a crise aumenta… Entramos na Gran Depresión dos anos trinta.
Para intentar para a crise tomaron as seguintes medidas:
-establecer medidas de autarquía (autoabastecemento) ou proteccionistas quen non a frenan, e incluso a profundizan.
-aplicar as medidas económicas de John M. Keynes. El propuxo que o Estado debía intervir e regular o mercado, que o Estado debía ser o motor económico coas obras públicas estimulando así o consumo.
En 1932 o novo presidente de EE.UU Franklin Delano Roosevelt propuxo un programa de reformas que foi coñecido como o NEW DEAL. Eran un conxunto de reformas que poñían en práctica as ideas de Keynes. Era un gran programa de obras públicas, inversión e axudas coa intención de devolver a confianza e a actividade económica. Axudou a reactivar a economía, contou con moito apoio, pero mantivo problemas como o desemprego.

No hay comentarios:

Publicar un comentario