lunes, 12 de abril de 2010

A REVOLUCIÓN RUSA E O ESTADO SOVIÉTICO

A REVOLUCIÓN RUSA E O ESTADO SOVIÉTICO

O Imperio ruso é a denominación que se lle da a Rusia entre 1721 y 1917. Abarcou zonas dos continentes europeo, asiático e norteamericano.
O Imperio ruso era unha monarquía hereditaria liderada por un emperador autocrático (zar) desde a dinastía Romanov. O Zar tiña un porde absoluto, sen limitacións. Había un gran conglomerado de pobos, linguas, costumes e relixións. A relixión oficial do imperio era o cristianismo ortodoxo. O Zar gobernaba con gran dureza, o que non impedía a existencia de organizacións clandestinas que loitaban para derrubar o réxime.
A capital do imperio foi San Petersburgo (rebautizada en 1914 como Petrogrado).
A economía era básicamente agraria e moi atrasada. Só nas grandes cidades hai un forte crecemento industrial, conseguido nunhas condicións moi duras, que propician a axitación revolucionaria.

A CAÍDA DO TZARISMO. REVOLUCIÓN DE FEBREIRO DE 1917

O factor decisivo para a caída foi a participación na Primeira Guerra Mundial. As derrotas aumentaban o descontento e a poboación veu aumentar a insuficiencia e carestía dos productos básicos.
En febreiro de 1917 a poboación de Petrogrado protestou pola falta de alimentos e os soldados non reprimiron as protestas. O tzar Nicolás II tivo que abdicar. Coñécese como a revolución de febreiro.
Establécese un goberno provisional que preside Alejandro Kerenski, que pretende construir un réxime liberal burgués semellante ós de Europa occidental. Pero continúa coa guerra e non controla a situación.

O TRIUNFO DA REVOLUCIÓN BLOXEVIQUE. A REVOLUCIÓN DE OUTUBRO DE 1917

Desde o comezo das protestas, as organización de esquerdas crearon consellos obreiros, os soviets, formados por delegados dos obreiros e soldados. Estos soviets foron controlados polo partido Bolxevique (socialistas marxistas, comunistas), destacando Lenin (Vladimir Illich Ulianov) León Trostki (Lev Davídovich Bronstein) e Xosé Stalin (Iósif Visariónovich Dzhugashvili).
Os bolxeviques foron collendo máis forza gracias o seu programa: paz inmediata, confiscación da terra (propiedade privada) para repartila e todo o poder para os soviets.

En outubro de 1917, os bolxeviques levaron á practica a idea da insurrección armada para tomar o poder. O 25 de outubro a garda vermella, dirxida por Trostki, ocupou o Pazo de Inverno, sé do goberno (o 7 de novembro segundo o calendario occidental).
Un Congreso de Soviets, que se reunía neses momentos, asumiu o poder e nomeou un goberno (Consello de Comisarios do Pobo) dirixido por Lenin.

A ÉPOCA DE LENIN E O NACEMENTO DA URSS

Despois de acadar o poder, os bolcheviques toman diversas medidas para facer fronte ós enemigos e transformar o país.
O goberno fixo públicos os primeiros decretos, os decretos de outubro de 1917, con eles establecíase o socialismo:
- Decreto sobre a terra: a terra deixaba de ser propiedade privada e pasaba a mans do Estado, que a cedía ós campesiños para que a traballasen.
- Decreto sobre a producción industrial: pasaba a estar controlada polos obreiros.
- Decreto sobre a banca: quedaba nacionalizada ó igual que o comercio exterior.
- Decreto sobre las nacionalidades: recoñece a igualdade de todos os pobos de Rusia e o seu dereito á autodeterminación.
- Decreto sobre a paz: polo que se instaba a buscar a paz con Alemania. Así firmouse o tratado de Brest-Litovsk con Alemania, que supuxo a perda de grandes territorios: Finalandia, Estonia, Letonia, Lituania, Ucrania, etc.

Outra das accións do goberno foi a convocatoria de eleccións a Cortes constituintes, pero como os resultados non foron favorables ós bolcheviques, e a Asamblea elexida, en xaneiro de 1918, non quería recoñecer os decretos de outubro, a garda vermella disolveu as Cortes e devolveu o poder ós soviets.

En xuño de 1918 aprobaron unha Constitución pola que Rusia pasaba a ser unha República Socialista Federativa Soviética Rusa. En 1922, ó incorporarse á Federación Ucrania, Bielorrusia e Transcaucasia, creouse a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS).
O gobern tamén tivo que facer fronte a unha guerra civil (1918-1921). Os antibolxeviques organizaron un exército, o exército branco; pero o exército vermello logrou derrotalos.

En 1921, como a situación económica era mala e había un gran descontento debido á guerra civil e o comunismo de guerra, tiveron que por en marcha novas medidas económicas que deron lugar á Nova Política Económica (NEP). Con estas medidas acababase co comunismo de guerra e volvíase en algúns campos ó capitalismo. Intentaban impulsar a producción e gañar o apoio campesiño permitindo quedarse con parte das produccións para poder vendelas, tamén ter pequenas empresas e cooperativas.

Finalmente, para impulsar o desenrolo do comunismo no mundo e derrubar o capitalismo, favoreceron a construcción da Terceira Internacional ou Internacional Comunista (1919). Só podían entrar os partidos políticos que se denominasen comunistas.

A ERA DE STALIN

Lenin morre en 1924 e a partir de ese momento aumentan os enfrontamentos polo control do poder. O poder queda en mans de un triunvirato ou troika que forman Stalin (que é o secretario xeral do partido), Kamenev e Zinoviev, e que ten a oposición de Trotski. Finalmente acéptase a teoría stalinista sobre a consolidación da revolución en Rusia fronte á revolución permanente e internacional de Trostki. Este deixa os seus cargos, será expulsado do partido e abandona a URSS en 1929.

Durante esos anos Stalin desfaise tamén do resto de competidores e acumula os cargos de Xefe de Estado e Secretartio Xeral do PCUS. Desde ese momento ponse en marcha a súa política, que se pode sintetizar en:
-Construcción do socialismo en Rusia, como paso previo ó socialismo internacional.
-Concentración de todo o poder.
-Eliminación de calquera oposición e culto á personalidade de Lenin.

Para desenrolar estas ideas ponse en marcha unha nova economía. A característica principal será a planificación económica. O Estado vai a dirixir a economía e para eso vai a por en práctica os chamados Plans quinquenais. Nestes plans vaise a priorizar as industrias de base, as de producción de enerxía e armamentos. Os seus progresos convertirán a Rusia nunha potencia mundial.
Para o desenrolo da agricultura puxeron en marcha os procesos de colectivización agraria. Os campesiños foron obrigados a integrarse nos Koljoses, granxas colectivas ás que o Estado lle marca os productos e as cotas de producción. O campeniño ten en propiedade a casa e unha pequena horta. Para aumentar a producción tamén se puxeron en marcha os Sovjoses, granxas estatais con man de obra asalariada. Para facilitar o acceso á maquinaria puxeron en marcha as Estacións de Maquinaria, MTS.

Calquera protesta contra estas medidas era solucionada con unha gran represión, o terror, sendo frecuentes as “purgas” ou “depuracións”. En 1939, cando o Partido declara o final das purgas, só se manteñen os íntimos de Stalin.

No hay comentarios:

Publicar un comentario