viernes, 6 de noviembre de 2009

LIBERALISMO

AS REVOLUCIÓNS BURGUESAS


O LIBERALISMO

O liberalismo é una ideoloxía e unha práctica económica e política que defende a liberdade como principio básico.
Nace a finais do XVIII a partir dos ilustrados radicais e do parlamentarismo inglés. É a base do programa das revolucións burguesas que quería acabar co modelo de monarquía absoluta.

PRINCIPIOS XURÍDICOS, POLÍTICOS E ECONÓMICOS

1. O INDIVIDUO é a base sobre a que se asentan as relacións políticas, económicas e sociais. O interés individual está por riba de calquera outro.

2. O individuo posee dereitos e libertades inalienables que a sociedade debe protexer e defender. (Vida, liberdade, propiedade, etc.).

3. Todos os individuos son iguais ante a lei, non hai privilexios.

4. Todos os cidadáns teñen dereito á participación política no goberno mediante a elección dos representantes (dereito de voto ou sufraxio).

5. A SOBERANÍA reside na nación formada polo conxunto de cidadáns que viven nun país. Trátase da soberanía nacional, que é exercida polas autoridades e institucións elexidas.

6. Os poderes do estado deben estar separados, o executivo no Goberno, o lexislativo no Parlamento e o xudicial nos tribunais de xustiza.

7. A existencia dunha Constitución que recolla os dereitos, as liberdades e as bases do sistema. E despois a promulgación de códigos en todalas materias (Estado de Dereito).

8. A liberdade de mercado, empresa e traballo, sen intervención do Estado. O mercado regúlase através da oferta e da demanda. O estado só debe eliminar os atrancos para permitir a libre e igual concurrencia ó mercado.

9. Defensa da propiedade privada.

TENDENCIAS DO LIBERALISMO


LIBERALISMO MODERADO OU DOUTRINARIO
Defendía as ideas anteriores pero reservadas as clases máis ricas. Sufraxio censitario moi reducido.

LIBERALISMO PROGRESISTA
Defendía a extensión da participación á clases máis modestas. Sufraxio censitario máis amplo. Despois aparecerá un liberalismo democrático que defenderá o sufraxio universal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario