sábado, 14 de noviembre de 2009

A REVOLUCIÓN FRANCESA

A REVOLUCIÓN FRANCESA E O IMPERIO NAPOLEÓNICO (1789-1815)

1789, O INICIO DA REVOLUCIÓN ES AS SÚAS CAUSAS

Entre as causas están:

CAUSAS POLÍTICAS:

A INDADECUADA RESPOSTA POLÍTICA DO GOBERNO DE LUIS XVI.
A EXISTENCIA DUN GOBERNO DE TIPO ABSOLUTISA, UN REI QUE CONTROLA TODO O PODER E QUE MANTEN A IDEA DE QUE O SEU PODER PROCEDE DE DEUS. Esta idea está en contradicción coas novas ideas do século XVIII.

CAUSA IDEOLÓXICAS:

A INFLUENCIA DAS IDEAS DA ILUSTRACIÓN: SEPARACIÓN DE PODERES, SOBERANÍA NACIONAL, ETC.

CAUSAS ECONÓMICAS:

A CREBA FINANCIEIRA DA MONARQUÍA FRANCESA, máis gastos que ingresos.
UN PERIODO DE MALAS COLLEITAS, UN AUMENTO DO PRECIO DOS PRODUCTOS BÁSICOS E UNHA FACENDA ARRUINADA POLOS GASTOS EXCESIVOS.

CAUSAS SOCIAIS:

A FORTE TENSIÓN SOCIAL, a burguesía quere cambios (eliminar privilexios).
MANTENSE UNHA SOCIEDADE ESTAMENTAL, NA QUE A MINORIA PRIVILEXIADA VIVE A COSTA DO TERCEIRO ESTADO.

INICIO DA REVOLUCIÓN:

A SITUACIÓN FINANCIERA necesitaba cambios.

Luis XVI convocou ós grupos privilexiados (nobreza e clero), pero a negativa dos privilexiados (a chamada revolta dos privilexiados) a pagar impostos obrigou a Luis XVI a convocar os
Estados Xerais de París, para que esta Asemblea aprobara os novos impostos.

Reúnense os Estados Xerais en París e os representantes do Terceiro Estado, como eran maioría, esixiron que a reunión fose dos tres estado xuntos e as votacións por cabezas (cada representate un voto) e non por estamentos. Dese xeito o Terceiro Estado podería controlar as votacións.

Os privilexiados opóñense, e os representantes do Terceiro Estado, co apoio dalgún representante do clero e da nobreza, trasládanse a outra sala (Sala do xogo da pelota) e alí decidiron constituirse en ASEMBLEA NACIONAL e xuraron (20 xuño de 1789) que non se disolverían ata dar unha constitución para Francia.

O rei Luis XVI non acepta esa situación, pero como a situación económica era moi mala, os prezos subían, había escaseza, as MASAS POPULARES PROTESTAN E ASALTAN O PAZO DA BASTILLA DE PARIS, o 14 de xullo de 1789, que era considerado o símbolo do absolutismo do rei.

AO MESMO TEMPO A REVOLUCIÓN EXTÉNDESE POLO RURAL (chamouse o GRAN MEDO), os campesiños deixan de pagar as rendas, atacan ós nobres,so aceptan as ordes da Asemblea Nacional.
O rei finalmente, 27 xullo de 1789, aceptou a situación.

ETAPAS DA REVOLUCIÓN

A) A ASEMBLEA CONSTITUINTE. Xullo 1789--30-9-1791.
Inicio da transformación liberal burguesa, de signo moderado; as primeiras medidas son para introducir o liberalismo e tendentes a recuperar o orden:
Abolición do réxime feudal, o 4 de agosto de 1789.
Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán, o 26 de agosto.
A Constitución de 1791. 3-IX-91. Estuvo vigente hasta el 10 de agosto de 1792. Os principios básicos son: Soberanía Nacional, separación de poderes e recoñecemento das liberdades civís e políticas.
El 13 de septiembre de 1791, Luis XVI juraba la Constitución después de ser capturado en Verennes (julio).

B) ASEMBLEA LEXISLATIVA. Sept. 1791-Agt. 1792.
A Asemblea intenta gobernar, a situación económica e difícil, o rei intenta boicotear todo, os países vecinos preparan a guerra contra Francia.
O 10 de agosto de 1792 o pobo Asalta o Pazo das Tullerías e o rei e destituido.


C) ETAPA DA CONVENCIÓN NACIONAL. Sept. 1792--Oct. 1795.

CONVENCIÓN XIRONDINA 20-9-92--xuño do 93.
Fixeronse eleccións xerais e tomaron o poder o grupo chamado da Gironda. Primeiro proclamaron e República, despois o rei foi enxuiciado por traición e finalmente executado a principios de 1793.
Os países veciños inician unha guerra e en Francia a situación vaise radicalizando.
En junio de 1793, os grupos máis radicais (sans culottes) obrigan a encarcelar ó grupo girondino e o poder paso o grupo da Montaña (Robespierre).

CONVENCIÓN MONTAÑESA 2-6-93--27-7-94.
Redactan unha nova Constitución con outra declaración de dereitos. Empeza o goberno do TERROR, dirixido polo Comité de Salvación Pública.
En xullo de 1794, a xente cansada do réxime de terro, consigue a caída de Rospespierre, que será executado o 28 de xullo. O poder pasa os deputados moderados centristas.

CONVENCIÓN THERMIDORIANA. Xullo 1794-Outubro 1795.
Fan unha nova contitución e comezan a gobernar dun xeito moderado. A burguesía quere asentar os principios moderados.

D) O DIRECTORIO. Outono de 1795-novembro 1799.
A nova constitución dalle o poder a un Directorio de 5 membros. Os ricos toman o poder. Os conflictos políticos aumentan, o Directorio necesita os militares, e Napoleón Bonaparte toma importancia. O 9 de decembro de 1799 (18 Brumario) Napoleón da un golpe de Estado e o Directorio e sustituido por un Consulado de tres membros.

E) O CONSULADO. 1799 A 1804.
Napoleón asume o poder, pero manténse a república. Queren manter a orden, consolidar a revolución e imponerse en Europa.
Impóñense os principios do liberalismo e a Iglesia acepta os cambios a cambio de obter privilexios.

F) O IMPERIO. 1804 A 1815.
Aproveitando o seu prestixio en 1804, Napoleón proclámase emperador.
Extende a revolución por Europa.
O 6 de abril de 1814 abdica en Fontainebleau e danlle a Isla de Elba como principado.
Os Borbón con Luis XVIII volven o goberno de Francia.

H) O GOBERNO DOS CEN DÍAS
Napoleón regresa, desembarca en Cannes. Luis XVIII escapa.
Junio de 1815 decisiva batalla de Waterloo (Bélgica). Napoleón es derrotado y desterrado á illa de Santa Elena (Océano Atlántico), morirá el 5-5-1821.

ASPECTOS A DESTACAR DO IMPERIO NAPOLEÓNICO
1. Durante o seu imperio continuanse extendendo as ideas liberais e tamén, como reacción a súa ocupación, os sentimentos nacionalistas nos pobos ocupados.
2. A expansión militar e a anexión de novos territorios. (completar con mapa)
3. O permanente enfrontamento con Inglaterra: derrotado na batalla de Trafalgar, 1805, por Nelson e fracaso no bloqueo continental.
4. Fracaso nas invasión de España e Rusia.

FIN DO IMPERIO NAPOLEÓNICO
Despois de ser derrotado en España, Napoleón leva outra derrota en Rusia. Finalmente, en outubro de 1813, a Sexta Coalición formada polo Reino Unido, Rusia, España, Portugal, Prusia, Austria, Suecia e outros estados o vencen na batalla de Leizig (Batalla das Nacións) e a continuación Francia é invadida.

GRUPOS POLITICOS

GIRONDINOS: Comerciantes e grandes empresarios burgueses, que proceden sobre todo da rexión do Gironda, no sur de Francia. Eran moderados e querías lograr un acordo coa nobreza e a monarquía, limitar o poder do rei, pero deixar a revolución nas clases altas.

JACOBINOS: Integrado por profesionais e pequenos propietarios. O seu nome ven do convento dos jacobinos no que se reunían. Querían acabar coa monarquía e extender a revolución a todas as clases sociais (teñen o apoio dos sans-culottes). Liderados por Maximilien Robespierre e Georges-Jacques Danton.

LOS CONSTITUCIONALISTAS: Eran partidarios dunha monarquía moderada por unha constitución. Foron o grupo dominante durante a primeira parte da revolución. Líderes destacados eran Mirabeau y La Fayette.

No hay comentarios:

Publicar un comentario